| 1 | Ai mia sennor, quero-vos preguntar, | [A]y mia sennor quero uus p̄gun_tar. |
| 2 | pois que vos ides e eu non poss’ir | pois que uus ydes. e eu non poss yr |
| 3 | vosco per ren e, sen grad’, a partir | uosco per ren e sen grad a partir. |
| 4 | m’ei eu de vós e de vosco morar: | m() ei eu de uos e de uosco morar. |
| 5 | ai eu, cativo, por Deus, que farei? | ai eu catiuo por deus () que farei. |
| 6 | Ai eu, cativo, que non poderei | ai eu cati_uo que non poderei |
| 7 | prender consello, pois sen vós ficar! | prender consello pois sen uos ficar. |
| - | |
| 8 | Non sei oj’eu tan bon consellador | [N]on sei ogeu tan bon consellador |
| 9 | que me podesse bon consello dar | que me podesse bon consello dar. |
| 10 | na mui gran coita que ei d’endurar: | na (mui) gran coita que ei dendurar |
| 11 | u vos non vir, fremosa mia sennor, | u uꝯ non uir fremosa mia sennor. |
| 12 | ai eu, cativo, de min que sera? | ai eu catiuo de mī quesera |
| 13 | Ai eu, cativo, que ei por vós ja | ai eu catiuo que ei por uos ia. |
| 14 | viver en cuita mentr’eu vivo for! | uiuer encuita mentreu uiuo for. |
| - | |
| 15 | E os meus ollos non poden veer | [E] os meus ollos non poden ueer |
| 16 | prazer, enmentr’eu vivo for, per ren, | praz᷈. en mentreu uiuo for per ren. |
| 17 | pois vos non viren, meu lum’e meu ben; | pois uus non uiren meu lum e meu ben |
| 18 | e por aquesto querria saber: | e por aquesto querria saber |
| 19 | ai eu, cativ’, e que sera de min? | ai eu catiu e que sera demin |
| 20 | Ai eu, cativ’, e mal dia naci, | ai eu catiu e mal dia naçi. |
| 21 | pois ei de vós alongad’a viver! | pois ei de uos alongad a uiuer |