1332 [= RM 30,35 (= 84,1)]
Vós, Don Josep, venho eu preguntar

– Vós, Don Josep, venho eu preguntar,
pois pelos vossos judeus talhadores
vos é talhad’, a grandes e meores,
quanto cada un judeu á de dar:
per qual razon Don Foã[o], judeu,
a que ja talha foi posta no seu,
s’escusa sempre de vosco peitar?
– [E]stevan da Guarda, pode quitar
qual judeu quer de peitar os senhores,
mais, na talha, graças nen amores
non lhi faran os que an de talhar;
e Don Foã[o] ja per vezes deu
o que talharon, com’eu dou do meu;
er dara máis, e querra-se livrar.
– Don Josep, tenho-[o] por sen-razon,
pois ja foi vosc’en talha igualdado
u do seu deu quanto lhi foi talhado
que per senhores aja defenson
de non peitar com’outro peitador,
como [o] peita qualquer talhador
quanto lhi talhan, sen escusaçon.
– [E]stevan da Guarda, per tal auçon
qual vós dizedes, foi ja demandado
e foi per el seu feito desputado,
assi que dura na desputaçon;
e do talho non ten [i] o melhor,
ca deu gran peça; mais, pois seu senhor
lha peita, quanto val tal quitaçon!
– Don Josep, ja eu [son] certo [e] fiz
que do vosso non é cousa negada,
mais é tan certa e apre[go]ada
come o vinho forte en Alhariz;
e el quer ja de vós, desarreigado,
de vos aver assi [mal] espeitado
com’oj’el é pelo maior juiz.
– Ja Don Foan, por mal que mi quer, diz
que nego quant’ei por non peitar nada;
e de com’é mia fazend’apostada
vós, Don Estevan, sodes én ben fiz,
que nunca foi de mia talha negado,
mais sabudo e certo, apregoado
quant’ei na terra, movil e raiz.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 

Manuscripts


B 1315, V 920

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 203-205 [= LPGP 263-264]); Pagani (1971: 132-133); Lopes (2002: 522-523); Littera (2016: I, 270-271).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 313-314); Braga (1878: 172); Machado & Machado (1958: VI, 41-42).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 205-206).

Manuscript variants


1 Don] com V; venho] venh̃o B : uenh̃o V   2 pelos vossos] peles uosses B   3 vos] Vos B : uos V; talhad’, a] calhada BV; grandes] g̃rades B   4 cada un] tada huū V   5 razon] faz B : fazon V; Foã[o]] feham B : seham V   7 escusa] escussa BV; peitar] reytar BV   8 [E]stevan] Stēua BV   9 peitar] reytar BV; os] es B; senhores] senhōres V   10 graças] gracas BV   11 non] Nū B : nu V; talhar] tali or V   12 Foã[o]] foam BV   13 o] Vo B : oo V; talharon] talhanso B; dou] de ꝑ B : deꝑ V   14 er dara] esdo ra V; querra] queyra B : ꝯyra V; livrar] luitar B : luirar V   15 Josep] iasep BV   16 foi] ffan B : ffai V; talha] tolha V; igualdado] igualdade BV   17 seu] sem B; talhado] tolhado V   18 aja] ara B   19 de] Ve B   21 escusaçon] escusacom B : escusazom V   22 [E]stevan] Stēna B : Steuā V; auçon] aucō B   24 feito] freyte B   25 desputaçon] desputacom B   27 peça] peca B : peta V   28 quanto] quanta B : q̅nta V; quitaçon] q̅tacom BV   30 vosso] uesse BV; cousa negada] censa negado B : cousa negado V   31 certa e apre[go]ada] certo e apreado B : certo ꞇapreado V   32 come] dome V   33 quer ja] queria B : q̅roa V; de vós] deuꝯ BV; desarreigado] dese apreygado B : dese arreygado V   34 de vos] Ceuos B : deuos V; espeitado] aspeytado V   36 Foan] femī B : foram V   37 peitar] peyter B : peycor V   38 apostada] o postada V   39 fiz] faz’ BV   40 de] do V; talha] tassa BV   42 quant’ei] quātey(ra) V

Editorial variants


3 talhad’] talhado Lapa, Pagani, Lopes, Littera   5 Foã[o]] Foam Pagani, Lopes, Littera   7 escusa] escussa Pagani; vosco] vo’lo Lopes; peitar] reitar Lapa, Littera   8 pode] pode[m] Lopes   9 peitar] reitar Lapa, Littera   12 Foã[o]] Foam Pagani, Lopes, Littera   13 o] do Littera; dou] dei Lopes, Littera   15 [o]] om. Lapa, Pagani, Lopes, Littera   16-17 pois ja foi vosc’en talha igualdado / u do seu deu quanto lhi foi talhado] pois já fal vosqu’em talha igualdade, / que do seu den quanto lhi foi talhad’e Lapa : (pois iá ffal vosqu'en talha igual dado) / hu do seu den quanto lhi foy talhado Pagani : pois já fam vosqu’, em talha, igualdade / –u do seu dem quanto lhi foi talhado– Lopes, Littera   18 per senhores aja] pois senhores an já Lapa   20 como [o] peita] como peita[n] a Lapa : como peita Pagani, Littera : como peita [a] Lopes   26 do talho] da talha Pagani   29 ja eu [son] certo [e] fiz] já eu [som] cert’e fiz Lopes : já [or’]eu certo fiz Littera   30 cousa negada] cousa negado Lapa : rem sonegado Lopes, Littera   31 tan certa e apre[go]ada] [a]tan certo e apreçado Lapa : [a]tan certo e apre[go]ado Pagani : [a]tam reito e apreçado Lopes : [a]tam certo e apreçado Littera   32 come] com’é Lapa, Lopes, Littera   33 quer ja] queria Lapa, Pagani, Lopes, Littera; desarreigado] des i arreigado Littera   34 aver] veer Lapa; [mal]] om. Lopes, Littera; espeitado] aspeitado Lapa   41 sabudo e certo] sabudo é certo Lopes : sabudo é, certo Littera

Paraphrase


(I) –A vós, Don Josep, veño eu preguntar, xa que polos vosos xudeus recadadores vos é estipulado, aos importantes e aos humildes, canto ten de dar cada xudeu: por que razón Don Foán, xudeu a quen xa foi indicada a taxa a pagar do seu, se escusa sempre de peitar convosco?
(II) –Estevan da Guarda, calquera xudeu pode librar de pagar impostos aos seus señores, mais na cantidade non lle farán favores nin darán tratamento de amigo os que as teñen que calcular; e Don Foán xa deu ás veces o que lle taxaron, como eu dou do meu; e aínda ha de dar máis, e quererase librar.
(III) –Don Josep, non me parece razoábel, xa que foi equiparado a vós na taxa cando deu do seu todo canto lle foi taxado, que sexa defendido por señores para non pagar impostos como calquera outro contribuínte, tal como paga calquera taxador o que lle marcan, sen escusa posíbel.
(IV) –Estevan da Guarda, por tal acción que vós dicides xa foi demandado e o seu preito foi litigado, de forma que aínda continúa co litixio xudicial; e non lle corresponde a mellor taxa, porque deu unha cantidade grande; mais xa que lla paga o seu señor, de que vale tal pagamento!
(V) –Don Josep, eu xa estou convencido e teño a certeza de que do voso non se oculta nada, senón que é tan certo e apregoado como o viño forte (é apregoado) en Allariz; e el, que carece de propiedades, quere xa tervos a vós tan cargado de impostos como el está hoxe polo xuíz maior.
(VI) –Xa Don Foán, polo mal que me quere, di que escondo todo canto teño para non pagar nada; e vós, Don Estevan, de como está a miña facenda ben disposta sodes ben consciente, pois nunca foi ocultada a miña taxa, senón sabido e certo e apregoado todo canto eu posúo na terra, en bens móbeis e raíces.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10’b 10’b 10a 10c 10c 10a (I-IV [= RM 161:109]) + 10a 10’b 10’b 10a 10’c 10’c 10a (V-VI [= RM 161:113)
Encontros vocálicos: 10 ma·is; 32 forteen; 41 sabudoe

Notes


Text
  • *

    A transmisión desta tençon en BV levanta un problema estrutural pola aparente asimetría nas intervencións dos dous interlocutores: «é obvio que existe un problema na sucesión das voces dos dous autores: por ser aquel que toma a iniciativa do debate, Estevan da Guarda debería tomar partido sempre nas cobras impares e Josep nas cobras pares, pero, en lugar disto, Estevan da Guarda abre e pecha a composición (cobras I e VI na copia dos manuscritos) e esta irregularidade acompáñase doutra: a voz de Josep sucédese nas cobras IV e V da copia dos apógrafos» (González 2017: 312). Perante esta situación, os editores consideraron a omisión dunha estrofa, feito que crea unha asimetría nas intervencións. En face desta discutíbel solución, presente nas edicións de Lapa, Pagani, Lopes e Littera, resulta esclarecedora a solución proposta pola investigadora compostelá: «tendo en conta a estrutura habitual da tenzón e a desta composición, a hipótese de que se omitise unha estrofa na copia do texto parécenos rexeitable pola súa practicamente nula adecuación. A explicación máis económica, axeitada e plausible cremos que pode consistir en que, nalgún momento do proceso de copia do texto, anterior á confección de B e V, invertiríase a orde das cobras V e VI. A apreciación dun texto completo e a hipótese da inversión das dúas últimas estrofas permiten estimar un número equitativo de intervencións, fixar unha sucesión de quendas de voz ordenada, regular e con respecto á técnica das cobras doblas» (González 2017: 314).
    Por outra parte, a tenzón evidénciase como un texto complexo pola súa temática económico-fiscal, pois céntrase na censura dos evasores de impostos, que recadaban os judeus talhadores. Neste sentido Josep é un nome frecuente nos medios xudaicos, e a ausencia dun patronímico ou apelido impide calquera tipo de localización histórica do interlocutor de Estevan da Guarda, que mesmo pode constituír un personaxe ficticio. De calquera xeito, ao longo da composición Don Josep aparece como un xudeu relacionado con tarefas fiscais.
    A acumulación e repetición de elementos da familia léxica de talhar (talhar, talha, talhador, talho) xunto a outros termos como quitar, quitaçon, desarreigado fan pensar que alén do sentido literal da crítica contra un xudeu evasor de impostos hai un tratamento burlesco da circuncisión baseado no duplo sentido destas palabras.

  • 1

    O pronome persoal tónico oblicuo vós é complemento directo sen preposición, feito frecuente na lingua dos trobadores. Véxase un caso moi similar no íncipit de UC 15, co verbo moi afastado: Vós, mia senhor, que non avedes cura / de m’ascoitar nen de me ben fazer, / ..., / ..., / quero-vos eu de mia coita dizer.
    No relativo ao nome de Josep, debe ser indicado que é esta a forma xeral no período medieval, aínda que moi esporadicamente se rexistra tamén a variante Josepe na Estória do Santo Graal:

    asim Josepe Abaramatia e Josefes, seu filho, com ũua peça do outro povo de Jhesu Cristo, asim como ora sam jumtos, pasarão o mar sem nao (Miranda et alii 2015: 229). 

    Tamén na documentación tabeliónica, nun documento do mosteiro da Batalha:

    e posa tomar huuã janella para o dicto balcom das casas da dicta ordem que traz Josepe Tovy (Gomes 2002: I, 323).

  • 2

    Os xudeus talhadores (cfr. qualquer talhador no v. 20) eran os encargados de aplicar o imposto da talha, de que se quería librar Don Foão, tamén xudeu. No período medieval era «un tipo de gravame directo que recaía sobre o patrimonio dos residentes dun lugar», non só en Portugal mais tamén noutras áreas ibéricas (González 2017: 315).
    Dada a temática da cantiga, a carón da talha (vv. 6, 10, 16, 40; talho no v. 26) multiplícase a aparición do verbo talhar (‘aplicar o imposto da talha’) ao longo da tenzón (vv. 3, 11, 13, 17 e 21), xunto co verbo peitar (véxase nota ao v. 7).

  • 3

    A referencia aos grandes e meores (ricos e pobres, poderosos e humildes) pode verse tamén nas Cantigas de Santa Maria:

    E por aquest’, ai, amigos, demos-lle grandes loores
    que sempre’acorr’os coitados e parç’aos peccadores,
    e a todos faz mercees, a grandes e a mẽores (CSM 175.92).

  • 4

    A variación gráfica un / ũu e algun / algũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).

  • 5

    A convivencia e vacilación entre Foan e Foão (do ár. fulān) é similar á rexistrada no corpus entre Estevan e Estevão (de Stephanum) ou vilan ~ vilão (do lat. vīllānum), todas elas con diferente contaxe métrica2 . Nesta composición, xunto coa necesaria forma trisilábica Foã[o] nos vv. 5 e 12 comparece a variante bisilábica Foan no v. 36, por razóns de medida, o mesmo que conviven as dúas variantes na cantiga 1521 por motivos rimáticos. En calquera caso, no corpus detéctanse outras situacións similares, con Foã[o] en 1464.1 e 5, 1633.2; e contrariamente, con Foan (esixido pola métrica), en 484.1 (<ffoādo> B, corrixido por Colocci coa forma <ffoāo>, e <ffoāo> V) e 1338.1 (<foão> BV).
    Este personaxe anónimo tentaba evitar o pagamento do imposto da talha, que era calculada e recadada polos xudeus talhadores, que traballaban ao servizo de Don Josep.

  • 7

    Ao longo da tenzón, en liña con talhar, multiplícase tamén a aparición de peitar 'pagar, tributar', derivado de pactare (vv. 7, 9, 19, 20, 28, 37; cfr. tamén peitador, v. 19; espeitado, v. 34). Porén, en dúas ocasións (vv. 7 e 9) os manuscritos achegan a forma <reytar> que foi adoptada como reitar en Lapa, que lle atribúe dubitativamente o significado de «exigir o pagamento», aceptado tamén en Littera. Mais o sentido do texto aconsella efectuar a emenda en prol de peitar, forma achegada polos manuscritos nos vv. 19 e 17. Aliás, nos apógrafos é moito frecuente a confusión <r>/<p>, tanto en B como en V: <rederia> B, <poderia> V poderia (402.17); <renhos> B penhos (454.6); <ror q̄> B, <por q̄> V porque (479.18); <ror q̅> BV porque (479.18); <radecer> B, <radeçer> V padecer (556.13); <roer> BV poer (631.10); <rreyto> BV preito (727.15); <rorem> BV por én (803.8); <rcer> B, <prer> V poer (856.1); <rasar> B, <pasar> V passar (926.1); <passey> B, <rassey> V, passei (926.2); <rob’za> B, <robzā> V pobreza (1330.7)...

  • 9

    O indefinido qualquer permite no período medieval e na lingua trobadoresca a interpolación dun elemento entre as dúas compoñentes do pronome, a semellanza do que acontece con senon, que, con máis frecuencia aínda, presenta tal interpolación (véxase UC/Glosario, s.v. qualquer).

  • 10

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais ~ máis era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). 
    Por outra banda, neste contexto amores adquire o valor de ‘xesto cariñoso, detalle’, en face do xeral valor do pl. amores na lírica trobadoresca (véxase UC/Glosario, s.v. amor).

  • 16-17

    A estruturación do diálogo entre Estevan da Guarda e Don Josep en coblas doblas indica a necesidade de realizar unha emenda sobre o texto dos apógrafos. É por isto que a rima -ado dos vv. 23-24 da estrofa IV (demandado : desputado) condiciona a mesma rima nos vv. 16-17 da estrofa II, que semella indicada por talhado no v. 17, feito que obriga a emenda de <igualdade> en prol de igualdado, que, por outra parte, condí co sentido da pasaxe. Neste sentido, as diversas opcións editoriais previas presentan problemas diversos: Lapa optou por manter igualdade e segmentar unha conxunción final en talhad'e que ligase copulativamente os vv. 17-18; por súa parte, Pagani emenda igualdade para igual dado, por motivos de rima, que non condiciona a edición de Lopes e Littera, que manteñen a anomalía rimática entre igualdade e talhado.
    De calquera xeito, o verbo igualdar está documentado na Idade Media (cfr. CGPA) en obras diversas. No Leal Conselheiro (cfr. CGPA, ed. J. Piel) achamos o xerundio: 

    Prudencia, pera conssiirar e conhecer o feyto em ssy, e a paixom que nollo faz sentir, e a pessoa ou pessoas a que pertẽẽce, e por que fundamento, igualdando a grandeza das fĩĩs per respeito das casas e da conta que naquella casa o feito tem.

    Mais tamén o participio igualdado

    E desta guisa os vããgloriosos, por o prazer que filham das avantageens que penssam averem sobre os outros, de que suas voontades som muyto allegres, contentes, veendosse igualdados...

    Esta forma tamén se rexistra na Crónica de D. João I

    caa posto que pellas pallavras parece esto ser bem igualdado, quoamto a obra he mui desiguoal (CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto). 

    A carón do verbo, con todo, aparecen outras formas da mesma familia lexical: igualdade, igualdeza, igualdança (véxase CGPA, s.vv.).

  • 18

    O substantivo defenson ‘defensa’ (mais cfr. 601.9, onde significa 'prohibición'), sen palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, é forma maioritaria (3.14, 171.15, 627.14, 1320.10), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa.

  • 19

    Sen dúbida, peitador comparece na tenzón condicionado pola rima con talhador (v. 20), pois a forma xeral na produción medieval era peiteiro (véxase CGPA, s.v. peyteyro, peyteiro, peiteyro):

    Et leixou en elle muy gram gente, que o guardassem, et os mouros ficarõ y por seus peyteiros (Crónica Geral Galega).

  • 21

    A voz escusaçon é rara no período medieval, mais xa presenta algúns rexistros no Foro Real:

    Nenhuu ome nõ seya ousado de iuygar p(re)ytos se nõ for alcayde posto p(er) el rey [ou] se nõ for p(er) p(ra)z(er) das p(ar)tes q(ue) o fillẽ p(er) auença p(er)a iulgar alguu p(re)yto ou se el rey mandar p(er) sa carta alguu q(ue) iuyge alguu p(re)yto e os alcaydes q(ue) forõ postos p(er) el rey nõ metã outros en seu logar que iuygẽ se nõ forẽ doentes ou fracos d(e) guysa que nõ possã iulgar [o]u se forẽ a mandado del rey ou d(e) concello ou en sas uodas ou dalguu seu parente ou p(er) out(ra) escusaçõ dereyta. (...) E qual quer dos (con)temptores q(ue) ao plazo non ueer nen enuiar como deue, peyte ao juyz V s(oldos) p(er)a el rey e outros V p(er)a o (con)tendor que ueer ou enuiar ao plazo e se aquel que nõ ueer der algũa escusaçõ dereyta p(er) que nõ uẽo nõ aya pẽa. (...) E isto seya se o que auya d(e) pagar a diuida ou d(e) faz(er) a casa nõ aya escusaçõ dereyta porq(ue) nõ ouuesse de pagar ou de faz(er) aq(ue)lha cousa, pero se lho deffendeo q(ue) nõ pagasse nẽ fezesse a obra, nõ seya teudo de lhy responder pollo q(ue) pagou ou q(ue) o fez (contra) seu defẽdim(en)to (cfr. CGPA, s.v., ed. J. de Azevedo Ferreira).

  • 22

    O termo auçon, do ámbito xudicial, constitúe unha adaptación recente de actiōnem, tal como mostra a vocalización en /w/, sistemática ao longo da produción medieval (auçon, auçom, auçõ), ás veces con grafía pseudolatinizante (abçon, abçom, abçõ), e sen vocalización (aparente) nun documento de 1371:

    E logo todo jur, dereito, senorío, possisón, propiedade, voz e acçón que eu ey e me perteeçe e de dereito devo aver ennos ditos terreos e herdade vos vendo, todo o tollo e removo e parto de min e de mina voz e pónnoo en vos o dito Johan Martínez e ena dita vossa moller e en toda vossa voz para senpre (cfr. CGPA, ed. Duro Peña).

  • 24-25

    Tanto desputado, participio de desputar, como desputaçon inscríbense tamén no ámbito xudicial e, de novo, son voces de procedencia erudita que só se rexistran, con poucas ocorrencias, a partir do inicio do século XIV.

  • 27

    As leccións dos manuscritos (<peca> B, <peta> V) parecen remitir a peça, que encaixa ben semanticamente na pasaxe. Con todo, González (2015: 2017) apunta a conxectura pe[i]ta 'tributo; suborno', ben fundada paleograficamente, que tamén acaería no contexto.

  • 28

    A quitaçon ‘pagamento, cantidade pagada’ recibe o seu nome da existencia dun recibo que o xustificaba (cfr. quitar ‘librar’).

  • 29

    A transmisión hipométrica do verso implica a reintegración de dúas sílabas, unha dela a través da forma verbal son, indicada pola expresión sodes én ben fiz do v. 39.
    Fiz, tamén no v. 39, é variante fonética do provenzalismo fis 'certo, seguro, verdadeiro, leal', seguramente pola rima con Alhariz e juiz (e con fiz e raiz na estrofa seguinte). Nesta pasaxe foi interpretada como P1 do pretérito de indicativo de fazer en Littera.

  • 30-31

    A sintaxe (concordancia con cousa) e a rima impón a emenda <o>/<a>, que afecta a negada, certa e apregoada, cun erro dos copistas que tamén se detecta na copia destas vogais noutras voces desta mesma composición: talhado <calhada> BV (v. 3), Josep <iasep> BV (v. 15), quanto <quanta> B, <q̅nta> V (v. 28).

  • 32

    O mesmo sintagma vinho forte rexístrase na tradución galega do Tratado de Alveitaría

    dis i cura dela ata que solde con poo, como dito é da door do corno, pero que máis val a esto o poo do rosalgar se llo poseren, lavando ante a chaga con vinagre ou con viño forte (cfr. Pérez Barcala 2013: 180).

  • 33

    A métrica do verso aconsella estabelecer quer ja a partir das leccións <queria> B, <q̅roa> V, cunha segmentación que se pode achar noutras pasaxes e, inclusive, cun erro en V similar a <saboa> sabia en B, na rúbrica de UC 1340.
    A lección <u9> dos apógrafos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
    O vocábulo desarreigado, forma negativa de arreigado, é voz única no corpus trobadoresco e moi rara no período medieval, pois só achamos un rexistro no Tratado de Alveitaria:

    E nota que esta door, que chaman corno desarreigase cedo se cavalgaren en el con sela, posta ante cada ũa das meeziñas (cfr. Pérez Barcala 2013: 179).

    O significado de arreigado como “morador no concelho com bens de raiz na terra” é confirmado polo seu uso no Foro Real

    Se algũu ome ouuer demanda contra outro ome arreygado demandeo assy como manda o foro (...) se aquel que demandarẽ for arreygado esté en seu arreigamento e faça dereyto (...) (cfr. Ferreira 1987: Glossário, s.v. arreygado).

    Véxase unha outra documentación nun documento máis tardío, do Mosteiro da Batalha: 

    Item lhe mandamos e encomendamos que os beens que asy forem comprados pera mantimento e governança dos ditos frades e servidores nom sejam entregues aos ditos frades mas ponham em elles dous boons homeens naturaes destes rregnos de boas famas e comçiemçias moradores na dita villa de Leyrea que ajam boons beens de rraiz e sejam bem aReyguados: huum que seja proveedor dos dictos beens e o outro scprivam (cfr. Gomes 2002: I, 137).

  • 34

    Lapa opta neste verso pola variante aspeitado ('encarado, considerado') de V, sen dúbida a pensar nun derivado de expectare ou spectare. Non obstante, a forma espeitado remite de novo ao ámbito fiscal en que se inscribe a tenzón de Estevan da Guarda e Josep. O verbo espeitar (xa utilizado por Estevan da Guarda no íncipit da cantiga 1331) está directamente relacionado con peitar e procede do lat. ex-pactāre. O seu uso no período medieval co valor de 'cargar con impostos' e acepcións derivadas desta está asegurado polo seu uso nas Cantigas de Santa Maria (CSM 158.10, 245.33) e mais na prosa. Véxase, co significado utilizado por Estevan da Guarda, diversas pasaxes da Crónica Geral Galega

    Et começou aa espeytar os omes boos dos conçellos, et meter en seruidũe as jgleias et os moesteyros, et tomar as terças das jgleias (...) Et espeytaua os omes boos dos conçellos (...) Et entõ andaua o conde dom Aluaro pela Estremadura, espeytando os omes bõos das vilas et fazendo y muytas cousas desaguisadas. 

    Tamén se documenta na Crónica Troiana:

    Et sua uoontade era de ia mais nõ querer a nihũ fazer torto, nẽ dano, nẽ guerra, nẽ prender, nẽ espeytar, nẽ lles fazer outro noio.(...) Et contoulle(s) cõmo fuy espeytado et desonrrado. 

    Outrosí, poden acharse máis documentacións medievais en diversos documentos notariais, nalgúns dos cales xa se percibe unha ampliación semántica de espeitar até ‘vexar, oprimir’ (véxase CGPA, s.v.).

  • 35

    Probabelmente nesta pasaxe o maior juiz alude á figura do rabi-mor, «un “cortesán” que exercía como intermediario entre o monarca e a comunidade hebraica» (González 2015: 318).
    De todos os modos, o juiz maior debía ser unha figura de maior categoría entre os xuíces, conforme se percibe en documentos coruñeses (véxase CGPA, s. vv., ed. González Garcés): 

    Nos, o dicto conçello et alcallde, seendo ajuntados por pregon, segundo que auemos de huso et de costume. en o portal da Iglesia de santiago da dicta vila en senbla con gonçalo de bezerra, alcallde da dicta vila, en lugar de Nunno gonzalez de candame, Alcallde da dicta vila por fernan peres dAmdrade, alcallde et Juyz mayor por noso sennor el Rey en a dicta vila (doc. 1396). 

    algun a ley de aruidro de bon varon et apelaçon et apelaçones et alçada vista et suplicaçon dante os dictos arbitros por ante outro juyz mayor ou menor que seia feyta logo de presente ou en os dez dias ou en outra qualquer maneyra et tenpo et lugar (doc. 1395-1996).

  • 40

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -Ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 42

    O movil e raiz son os bens móbeis e inmóbeis ou raíces.

  1. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

  2. ^

    Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primera, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).

Search
    No results