I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 11-12 [= LPGP 161]); Paredesa (2001: 202) Lopes (2002: 65); Paredesb (2010a: 182); Littera (2016: I, 91).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 30); Braga (1878: 12); Machado & Machado (1950: II, 338); Paredes (2010b: 140-141); Paredes (2010c: 95); Rios Milhám (2018b: III, 477).
III. Antoloxías: Departamento de Filologia Galega (1980: 26); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 34); Tavares & Miranda (1987: 365); Montoya (1988: 278); Diogo (1998: 178).
1 coteife] toteyffe V 2 d’algodon] dalgom B 3 calças] talças V 5 ai] Dy B : di V; carreta] tarreta B : correta V 6 mao] mab B 8 outro] ouqo V 9 guerras] guerros V 10 carreta] correta V 13 joeta] joera V 14 aguazil] agʷail B 15 carreta] correta V
1 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera 6 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera 7 porponto] perponto Littera 9 Pois-las] Poi-las Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb; [ja son i]] om. Paredesa, Paredesb 11 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera 13 d’ouro tal] d’ouro fal Lapa : d’ouropal Lopes, Littera
(I) Vin un cabaleiro vilán de longa barba vestido co seu xibón, mais sen reforzo de algodón, e coas súas calzas vellas de pano corrente abrancazado. E dixen eu logo: «Pois xa chegou o tempo das guerras, ai, que bo cabaleiro para a carreta!».
(II) Vin un cabaleiro ruín, ordinario, co seu xibón (nunca vin un peor!), pois non quere Deus que el vista outro. E dixen eu: «Pois o tempo das guerras xa aquí está, ai, que bo cabaleiro para a carreta!».
(III) Vin un cabaleiro mal arranxado e vil co seu xibón de pano ruín e o cordón dese mesmo ouro como ornamento. E dixen eu: «Xa que se vai o alguacil, ai, que bo cabaleiro para a carreta!».
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10’b 10a 10’B (= RM 33:6)
Encontros vocálicos: 1 u͂͜u; 6 u͂͜u; 11 u͂͜u
O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico (tamén nos vv. 6 e 11), e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ (tamén nos vv. 5, 6 e 11) é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13, 371.24); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e 489, vv. 6, 7, 13, 19, 25, 31), para alén de Roi Queimado (1404.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).
En Afonso X o granhon ‘barba’ aparece asociado aos coteifes (véxase tamén 489.32), aínda que esta voz aparece tamén en 478.16, 1613.17 e 1631.6. Fóra de apelativo como sobrenome ou alcume, só o achamos nas Cantigas de Santa Maria (CSM 293.28 grannon, 305.58 grannões; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. grannon) e nos Miragres de Santiago:
Et entõ tomaras dous dentes et hũu pouquo de granõ et a cabeça darla as aa rreyna dona Orraqua (Pensado 1958: 66).
As calças de branqueta son calzas feitas con pano ordinario, de cor abrancazada. Sobre este tecido e o galicismo branqueta véxase Rodríguez Parada (2019: 164-166, s.v. branqeta).
A carreta ‘carro para as municións, carreta’ fai alusión ao traballo de retagarda, mais tamén relaciona esta cantiga coa Materia de Bretaña (Paredes 2010: 184).
Téñase en conta que o arabismo valadi significaba ‘rústico, ordinario’. É termo raro, pois só o achamos no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1990: I, 174):
Traga sela valadi,
com cuberta de badana.
O sintagma Poi-las guerras son do v. 4 permite reconstruír conxecturalmente, mais con posibilidades, este verso, lacunoso nos manuscritos.
Por outra parte, a secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.
O pavil é outro pano ordinario.
A partir da edición de Lopes (cordon d’ouropal), cunha forma *ouropal inexistente na lingua, Gonçalves (2016 [2007]: 482, n. 45) suxire ouropel como lección ben axustada ao contexto (véxase tamén Vallín 2019: 656). Porén, a lectura literal do manuscrito, cun valor demostrativo de tal (‘e o cordon dese ouro por xoíña’) ten pleno sentido no contexto.
Joeta é diminutivo de joia, palabra que na Idade Media se rexistra na súa forma joia ou joya (véxase CGPA), mais non se atesta en ningunha outra documentación do diminutivo co sufixo -eta. De calquera maneira, o sufixo -ete/-eta é certamente escaso na Idade Media: a modo de exemplo, véxase jograrete nunha cantiga de Pero Gomez Barroso (1462.17), barquete na Histoira Troiana (Pichel 2014: 1.412) e na Estoria de Dom Nuno Alvrez Pereyra (véxase o "Glossário" en Calado 1991: s.v.), ou un nome propio como Joanete no Livro do Amoxarifado de Silves (Leal & Domingues 1984: 54), para alén dun adxectivo como doudete en Sá de Miranda (Michaëlis 1989 [1885]: 175).
Aguazil é forma concorrente con alguazil (1653.4) na lírica profana, formando parte dunha serie de variantes moi diversas presentes na lingua medieval (véxase Lorenzo 1977: II, s.v. algozil, alguzil, alguazil), para alén doutras máis, como alvazil: os alcaides, alvaziis, juizes, moordomos e quaaesquer oficiaes (García y García 1982: 330). Véxase, tamén, Gomes 2002: I, 41.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: