936 [= Tav 113,2]
Vedes que gran desmesura

Vedes que gran desmesura,
amiga, do meu amigo:
non veo falar comigo
nen quis Deus nen mia ventura
que foss’el aqui o dia
que pôs migo quando s’ia.
Como eu tevera guisado
de fazer quant’el quisesse,
amiga, sol que veesse,
non quis Deus nen meu pecado
que foss’el [aqui o dia
que pôs migo quando s’ia].
E and’end’eu mui coitada,
como quer que vos al diga,
porque non quis Deus, amiga,
nen mia ventura minguada
que foss’el [aqui o dia
que pôs migo quando s’ia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 933, V 521

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 247-248 [= LPGP 709]); Cohen (2003: 334); Littera (2016: II, 211).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 189); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 299); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 117).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 32); Bernárdez (1952: 80); Vasconcellos (1959: 26).

Varianti manoscritte


7 tevera] ten’a V   10 Deus] des V   15 Deus] des V   16 ventura] uentea V

Parafrasi


(I) Vedes a gran descortesía, amiga, do meu amigo: non veu falar comigo nin quixo Deus nin a miña fortuna que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía
(II) Como eu tiña acordado facer canto el quixese, amiga, apenas viñese, non quixo Deus nin a miña desgraza que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía.
(III) E estou eu moi triste, aínda que vos diga outra cousa, porque non quixo Deus, amiga, nin a miña fortuna minguada que estivese el aquí o día que acordou comigo cando se ía.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:459)

Encontros vocálicos: 7 Como‿eu

Note


Testo
  • 10

    Repárese en que pecado significa neste contexto ‘desgraza, infortunio; castigo’, como acontece habitualmente cando precedido de forma posesiva (véxase tamén 33.3, 633.11, 1228.9 e 1406.11); por parte, a expresión mao meu pecado ten o valor de ‘infelizmente’ (véxase Glosario, s.v. pecado)1 .

  1. ^

    Nalgúns contextos pecado é anfibolóxico (‘pecado + desgraza’). Véxase 1429.15, 1500.11, 1555.13.

Cerca
    Nessun risultato trovato