1463 [= RM 127,13]
Un ricome que oj’eu sei

Un ricome que oj’eu sei,
que na guerra non foi, aqui
ven mui sanhudo e diz assi
como vos agora direi:
diz que ten terra qual pediu,
mais, porque a nunca serviu,
á mui gran querela d’el-rei.
El vẽo, se Deus mi perdon,
des que viu que era [a] paz,
[e] ben lhe venha se ben faz,
pero mostra el tal razon:
diz que ten terra qual pediu,
mais, porque a nunca serviu,
contra el-rei anda mui felon.
Pero na guerra non fez ben
nen mal, que non quis i viir
con coita d’el-rei non servir,
pero mostra el ũa ren:
diz que ten terra qual pediu,
mais, porque a nunca serviu,
al rei quer mui gran mal por én.
Sanhudo ven contra el-rei ja,
ca, u foi mester, non chegou
e máis de mil vezes jurou
que da terra non sairá:
diz que ten terra qual pediu,
mais, porque nunca a serviu,
al rei gran mal por én querra.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


B 1443 (f. 300r, cols. a-b), V 1054 (f. 171r, col. b, 171v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 579-580 [= LPGP 854]); Lopes (2002: 424); Littera (2016: II, 392-393).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 365-366); Braga (1878: 200-201); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 188-189); Nunes (1919: III, 7); Machado & Machado (1958: VI, 143-144); Camargo et alii (1985: 66-67).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 396-397); Fonseca (1971: 99); Tavares & Miranda (1987: 259-260).

Manuscript variants


3 ven] Veu B   4 agora] agrora V   5 terra] (dira) teira B; pediu] pedin V   6 serviu] feruyu V   8 Deus] des V; perdon] pardon B   12 terra] Teira B; pediu] pedin V   14 anda] inda B   15 guerra] gueira B; non] ō V   17 coita] corta B   18 mostra] monstra B   19 terra] teira B   24 jurou] uiron V   25 terra] tīra B : tirã V   26 qual] q̅l V   28 Al Rey q̅r muy grā mal pʳen B : al rey q̅r muy g̃m mal pʳen V

Editorial variants


1 ricome] ric’home Lopes, Littera   8 vẽo] veo Lopes, Littera; perdon] pardon Lapa : pardom Lopes   9 [a]] om. Lapa, Lopes, Littera   10 [e] ben lhe venha] ben lhe venha [i] Lapa   22 contra] contr’ Lapa, Lopes, Littera   27 nunca a] a nunca Lapa, Lopes   28 gran mal por én] poren gran mal Lapa : por en gram mal Lopes, Littera 

Paraphrase


(I) Un rico-home que eu coñezo, que non estivo na guerra, vén aquí moi irado e di así como vos agora direi: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, ten unha gran queixa do rei.
(II) El veu, que Deus me perdoe, cando viu que había paz, e ben lle veña se fai o ben, mais el mostra este argumento: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, anda moi irado contra o rei.
(III) Aínda que na guerra non fixo bem nin mal, porque non quixo alí vir coa preocupación de non servir o rei, porén mostra el unha cousa: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, ao rei quere moi mal desde entón.
(IV) Irado vén xa contra o rei, porque, cando foi preciso, non chegou, e mais de mil veces xurou que non deixará a terra: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, por iso odiará o rei.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C 8a (= RM 161:277)

Encontros vocálicos: 3 sanhudoe; 14 contrael-; 22 contrael-; 25 sa·i·rá

Notes


Text
  • *

    Viçenç Beltran, con base nunha lectura atenta da Crónica de Alfonso X de 1340 confrontada con documentación da época, contextualizou esta e outras cantigas (véxanse UC 486, 494, 1463, 1535, 1541, 1543, 1544, 1621 e 1672, da autoría de Afonso X, Pero Gomez Barroso, Gil Perez Conde, Afonso Fernandez Cubel e Pedr’Amigo de Sevilha) nun ciclo de textos satíricos: todos eles tratan de forma irónica e paródica sobre a rebelión da nobreza de 1272-1274, un dos máis graves problemas políticos que tivo que afrontar o rei Afonso X e no que participaron varios magnates e ricos-homes que, entre outras esixencias, lle reclamaban pagamentos atrasados e a restitución de propiedades pretensamente usurpadas. Dada a gravidade a que chegou a situación, o rei accedeu a pagar as soldadas, mais os ricos-homes non só non cesaron na súa actitude rebelde, senón que se negaron a acorrer o rei na fronteira contra o rei de Granada, con quen estaban conspirando, e presentáronselle en Burgos, coas respectivas hostes, en ton ameazador e reivindicativo. Os rebeldes acabarían por se desnaturaren no reino de Granada, e as súas terras fóronlles incautadas até que, anos despois, retornaron ao servizo do rei de Castela. Véxase Beltran (2001).
    Neste contexto, compre lembrar que o trobador Pero Gomez Barroso, plenamente integrado na corte afonsina, participou no conflito en primeira liña. De feito, foi enviado a Granada a parlamentar cos nobres rebeldes por orde do infante don Fernando de la Cerda, quen, como herdeiro da Coroa, trataba de calmar a situación. Aínda que Pero Gomez Barroso e o mestre de Calatrava, xunto a un dos seus freires, conseguirían entrevistarse e chegar a un acordo cos sublevados na vila nazarí de Alcalá de Benzaide, finalmente este non sería aceptado polo rei Sabio (Hernández 2021: I, 84).

  • 8

    A forma pardon, de B, é aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 10

    A reintegración da copulativa é solicitada pola sintaxe e pola métrica, para alén do feito da súa frecuente omisión por erro de copia en inicio de verso, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.

  • 18

    Máis unha vez, B presenta a variante monstrar, con grupo culto latinizante (véxase nota a 63.2), o cal resulta anómalo na altura cronolóxica do trobadorismo. De todos os xeitos, a análise das leccións manuscritas evidencia que a aparición da consoante nasal implosiva é produto exclusivo da intervención dalgúns copistas de B, pois, cando o verbo conta con dous testemuños, nun deles sempre se rexistra a correcta forma (a)mostrar –na única documentación de demostrar, B presenta tamén a aparente grafía latinizante (1674.15)–. Véxanse, así, B vs. A (188.12, 309.15) e B vs. V (576.7, 624.2, 659.16, 1072.4, 1096.26, 1160.26, 1476.23, 1488.3, 1643.13 e 1663.6). Cfr. nota a 110.5.

  • 25

    As formas do futuro de indicativo de sair son trisilábicas, con hiato constante na secuencia -ai- (véxase sa·i·rei en 18.27, 499.19).

  • 27

    Obsérvese a variatio nesta ocorrencia do refrán, sen interpolación pronominal nesta estrofa: porque a nunca serviu (I-III) vs. porque nunca a serviu (IV) (Ferreiro 2025: 109).

  • 28

    Os dous apógrafos repetiron o v. 21, o derradeiro da estrofa anterior, probabelmente por salto de vista a partir da semellanza entre os dous versos. O paralelismo construtivo e a métrica permiten unha reconstrución firme do texto con modulación (inducida pola rima) na flexión de querer.

Search
    No results