1484 [= RM 63,76]
U con Don Beeito aos preitos veeron

U con Don Beeito aos preitos veeron,
cuspiron as donas e assi disseron:
«Talhou Don Beeito
aqui o feito».
E, pois que ouveran ja feita sa voda,
cuspiron as donas, e diz Dona Toda:
«Talhou Don Beeito
aqui o feito».
Todas se da casa con coita saían,
e ian cospindo todas e dizian:
«Talhou Don Beeito
aqui o feito».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1465 (f. 306v, cols. a-b), V 1075 (f. 175r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 283); Rodríguez (1980: 305 [= LPGP 407]); Lopes (2002: 188); Littera (2016: I, 470).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 373); Braga (1878: 205); Machado & Machado (1958: VI, 167); Fernández Pousa (1959: 282).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 159-160); Seoane (1941: 8080); Tavares & Miranda (1987: 315); Gutiérrez (2023: 117).

Variantes manuscritas


1 U ... Beeito] Hu(n) ... ueeyro V; aos] A es B   3 Beeito] ueeyto V   5 voda] ueda V   6 Dona] dōna V; Toda] teda B   7 Talhou] ralhou V   8 feito] ffeeito BV   10 e dizian] Et diziā B   11 Beeito] beerto V   12 feito] ffeyro V

Variantes editoriais


5 ouveran] ouveron Rodríguez   6 cuspiron] cuspiram Lopes, Littera   10 cospindo] cuspindo Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Cando con Don Beeito chegaron a un acordo (de casamento), cuspiron as donas, e dixeron así: «Aquí armou Don Beeito a querela».
(II) E logo que xa tiveron feita a súa voda, cuspiron as donas, e di Dona Toda: «Aquí armou Don Beeito a querela».
(III) Todas saían con pena da casa, e ían cuspindo todas e dicían: «Aquí armou Don Beeito a querela».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 5’B 4’B (= RM 37:36)

Encontros vocálicos: 1 Be·ei·toa·os

Notas


Texto
  • *

    No cancioneiro de Joan Airas de Santiago existe un breve ciclo poético en torno da figura do descoñecido Don Beeito, que é albo da sátira do trobador compostelán (UC 1482, 1483 e 1484). Véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Beito, Don.
    A combinación métrica do refrán (5’+4’) non é habitual (véxase nota aos vv. 3-4), embora se poidan localizar no corpus combinacións similares: 731 (7+8), 782 (4+3)... 

  • 2

    O verbo cuspir é variante de cospir, que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: fugir (vs. fogir), bulir (vs. bolir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2. Con todo, a forma cospindo do v. 10 testemuña a vacilación entre a forma máis conservadora e a innovadora con harmonización vocálica.
    O acto de cuspir a alguén era profundamente despreciativo e ofensivo. Así o mostran textos diversos ao longo da Idade Media:

    Enton todos mui correndo começaron logo d’ir
    dereit’aa judaria, e acharon, sen mentir,
    omagen de Jeso-Crist’, a que ferir
    yan os judeus e cospir-lle na faz. (CSM 12.29).

    A s(er)va de Deos q(ua)ndo esto ouvio soprou e cospio o diaboo, e disse:
    – O diaboo eu ja te renunciey e renũcio. O meu senhor Jhesu Cristo que me livrou do teu poderio e me trouxe ao seu talamo e casa e paaco celestrial, ele me defenda de ty (Vidas de Santos de um Manuscrito Alcobacense, s. XIV; ed. I. Castro).

    E cospiam ẽ elhe e dauã-lhe feridas ẽna cabeça cõ a canauea. E diz Sam Lucas que os caualeyros escarneciam de Jhesu Christo estando em cruz (Orto do Esposo; CGPA, ed. B. Maler).

    mas tanto que o seruo de Deus veio a cair na conta, e a entender o enganoso laço que o diabo per sua ministra lhe armaua cõ grande furor de espiritu com quanta força pode lhe cospio no rosto, e a reprehendeo como deuia de sua tanta audaçia (Tradución catrocentista da vida de S. Teotonio, 1455; CGPA, ed. Rodrigues Cabreira).

    Porén, as Cantigas de Santa Maria mostran que o simple acto de cuspir, sen máis, podía ser supor ofensa e desprezo:

               ... [E] os gẽollos ficaron todos enton
    ant’aquel que da cadẽa nos foi tirar do dragon; 
    e o jograr mal-andante cospiu e disse que non
    vira gente tan baveca, e muy mal os dẽostou (CSM 238.32).

  • 3-4

    No refrán da cantiga preséntase un duplo problema, métrico e semántico, tal como Montero Santalla sinala. O investigador ferrolán propón feeito, a partir da lección do v. 8 (<ffeeito> BV): «Induzem-me a editar feeito fundamentalmente razões métricas, mas quiçá também semânticas. Com efeito, a cantiga está metricamente estruturada em unidades de 5’ sílabas: dous hemistíquios pentassílabos graves nos dous primeiros versos de cada estrofe, e dous versos da mesma medida no refrão. Também o sentido poderia ser más [sic] satisfatório para a expressão “talhar o feito”, aceitando tratar-se de feeito s.m. ‘feto (= fento, feito, fieito, felgo)’, que procede do < lat. FĬLĬCTUM s.n. ‘fental, lugar onde crescem muitos fentos’ (Montero Santalla 2000: 672-673). Ademais, relaciona o sintagma de Joan Airas coa expresión galega andar ó feito (utilizada por Rosalía de Castro) ou xogar ao feito, ambas as dúas co significado de ‘xogar ás escondidas’ (ib.: 673, n. 258).

  • 6

    Toda era nome feminino relativamente frecuente na Idade Media galego-portuguesa, como testemuña o Corpus Galego-Portugués Antigo, con diversos documentos en que intervén algunha dona Toda entre, aproximadamente, 1240 e 1340. O nome procede do fondo antroponímico dos xermánicos: 

    Este rey casou com hũa dona do linhagẽ dos Godos e avya nome dona Toda (Crónica Geral d’Espanha de 1344, cfr. CGPA, ed. Cintra).

Procurar
    Não foram encontrados resultados