1356 [= RM 87,20]
Tercer dia ante Natal

Tercer dia ante Natal,
de Lecia lhi foi dar
un brial a mia senhor bela,
e ao Zevron renge-lh’a sela;
e brial a mia senhor bela,
e ao Zevron rengi-lh’a sela.
Sei eu un tal cavaleiro
que lhi talhou en Janeiro
un brial a mia senhor bela,
e ao Zevron renge-lh’a sela;
[e brial a mia senhor bela,
e ao Zevron rengi-lh’a sela].
Fil[h]ou-lh’o manto caente
e talhou-lho en Benavente,
un brial a mia senhor bela,
e ao Zevron [renge-lh’a sela;
e brial a mia senhor bela,
e ao Zevron rengi-lh’a sela].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1339, V 946

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 384); Pellegrini (1969: 13 [= LPGP 598-599]); Lopes (2002: 267); Littera (2016: II, 49-50).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 323-324); Braga (1878: 177-178); Machado & Machado (1958: VI, 73); Lapa (1964: 2); Souto Cabo (2012c: 122); Callón (2017: II, 57).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 269); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 152).

Variantes manuscritas


2 Lecia] leçla B : leçia V   7 cavaleiro] caulron B : caulrō V   10 e ao] cao V   13 Fil[h]ou] Filou B : Fiou V   16 e ao] cao V

Variantes editoriales


2 de Lecia] o infançon Lapa : [o] de Lemos Lopes, Littera   5 e brial] e [un] brial Lapa : hun brial Pellegrini : e um brial Lopes : um brial Littera   6 rengi] renge Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera   11 e brial] e [un] brial Lapa : Hun brial Pellegrini : e um brial Lopes : um brial Littera   12 rengi] renge Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera   14 lho] lhe Lapa   17 e] e [un] brial Lapa : Hun brial Pellegrini : e um brial Lopes : um brial Littera   18 rengi] renge Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera

Paráfrasis


(I) Tres días antes de Nadal, foille dar, (traído) de Laodicea, un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela. Un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela.
(II) Coñezo eu un tal cabaleiro que lle mandou facer en xaneiro un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela. Un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela.
(III) Tiroulle o manto quente e mandoullo facer, en Benavente, un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela. Un brial á miña señora bela, e ao Zevron rénxelle a sela.

Métrica


Esquema métrico: 7a 7a 8’B 8’B 8’B 8’B (I [= RM 43:2]) + 7’a 7’a 8’B 8’B 8’B 8’B (II-III [= RM 43:3])
Encontros vocálicos: 1 di·aante; 4 a͜o; 5 bri·al; 6 a͜o; 10 a͜o; 11 bri·al; 12 a͜o; 14 -lhoen; 16 a͜o; 17 bri·al; 18 a͜o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición está incluída na rúbrica que precede a cantiga UC 1355, e que afecta tamén ás cantigas UC 1355-1366 de Lopo Lias: «Don Lopo Lias trobou a ũus cavaleiros de Lemos; e eran quatro irmãos e andavan sempre mal guisados; e por én trobou-lhis estas cantigas».
    Tal como se indica xustamente no Projeto Littera, aínda que as datas presentes na cantiga non coinciden exectamente co día 11 de decembro, en que se asinou o Tratado de Benavente (véxase nota a UC 1355), “decerto que as semanas imediatamente anteriores e posteriores terão sido decisivas no posicionamento das várias partes em conflito (incluindo os irmãos infanções, alvos concretos da sátira)”.

  • 1

    A forma ordinal tercer constitúe unha variante especial de terceiro que só aparece en posición proclítica (575.7, 1370.6, 1398.7, 1427.4 e 1587.12), e sempre no sintagma tercer dia, tal como acontece tamén nas Cantigas de Santa Maria1  en textos prosísticos de teor literario (Crónica Troiana, Miragres de Santiago etc.) e, mesmo, en documentos forais ou tabeliónicos (véxase CGPA, s.v. tercer, terçer): 

    It(em) sobre-la demãda deue auu(er) tercer día se o demãdar o dem[ã]dado τ sse o demãdador o leyxar en ssa u(er)dade o demãdado nõ deue a au(er) p(ra)zo. saluo sse pedír acordo. τ sse ffor p(er) p(re)yto τ demandar [prazo pera morador na] vila deue-o a au(er) de tercer dia τ p(er)a ffora da vila au(er) p(ra)zo de do(us) noue dias. e p(er)a ffora do Reyno de tres noue días (Dos costumes de Santarém, 1294; cf. CIPM); 

    Et mandamos ao dicto Martin Bezerra que faça esto asy outorgar a a dicta sua moller daqui a tercer dia (doc. de 1395; CGPA, ed. González Garcés); 

    que d’oje a tercer dia quitasen todas las prendas que por la dita rason lles foran peñoradas (doc. de 1417; CGPA, ed. Rodríguez González). 

    Na realidade, prodúcese o mesmo proceso evolutivo en certas formas proclíticas de nomes propios, como Suer (forma proclítica de Sueiro), sempre con tendencia á redución fonética perante o apelido; así mesmo, véxase a frecuencia de Outer (Outeiro) en topónimos compostos: Outer de Fumos, Outar de Gistara, Outer de Muas, Outer Rauioso, Outer de Selas, Outer de Vellas (véxase CGPA, s.v. Outer, Outar).
    A súa evolución só se pode explicar a partir da fonotacticamente anómala secuencia final [‘ejɾ] que desemboca nunha monotongación, tal como aconteceu tamén con [‘owɾ] ou [‘owl] (villa Mauri >Vilamor, caulem > col) (véxase Veiga 1982, 1986; Ferreiro 1999: §23b). Cfr. nota a 1624.1.
    Canto a Natal, esta era a forma maioritaria (fronte a Nadal) durante a Idade Media para se referir ao período da celebración do nacemento de Xesús Cristo no mes de decembro.

  • 1-2

    Nestes dous versos aparece a nivelación /l/:/ɾ/ na rima Nadal : dar, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (souber : segrel), 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.6-7 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1659.12-13 (taful : algur). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 2

    É de supor que a lección de B presente o erro <l>/<i>, de modo que confirme a forma correcta Lecia, probábel referencia a Leccia (act. Laodicea), na Asia Menor, que era unha importante cidade comercial en Siria (actualmente en Turquía) coñecida pola produción téxtil (seda, la negra e algodón). Véxase Gual Camarena, s.v. Letia [consult. 1-11-2023]2 .
    Perante a opacidade do texto, os diversos editores realizaron emendas na procura dun sentido aceptábel3 . Lapa suxire a posibilidade de estarmos perante un topónimo, na liña dos Machado, que editan Leçea e interpretan que se refire a Leceia, en Oeiras, na rexión de Lisboa, afirmación aceptada por Pellegrini). Por súa parte, Lopes e Littera efectuaron unha abrupta emenda ([o] de Lemos) a partir da información da rúbrica sobre a orixe dos zevrões, de Lemos, xa que, “[d]e facto, sendo certo que as rubricas explicativas, de um modo geral, não fornecerem informações desnecessárias, neste extenso ciclo de cantigas de Lopo Lias, este é o único momento onde será possível usar esta informação da rubrica”.

  • 4

    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, en todas as ocorrencias de ao no refrán desta cantiga (véxase tamén o v. 6), este encontro vocálico é unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 336.8), como se pode atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (336.8, 455.1, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1015.10, 1356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.18, 1532.24, 1629.11). Cfr. nota a 73.21.

  • 5

    Lapa e Lopes emendan o inicio do verso para acomodalo ao v. 1 do refrán, introducindo un indefinido. Porén, a ausencia dese pronome identificador introduce unha leve variación verbo do primeiro verso (véxase, por exemplo, o refrán de UC 647), ao tempo que confire un valor xeneralizador á expresión.

  • 6

    A (minoritaria) terminación -i, fóra da súa irregular presenza na P1 dos pretéritos fortes, pode acharse nalgún substantivo (sangui), nalgúns adverbios (eiri, tardi, longi) e moi raramente nalgunha outra forma verbal allea ao pretérito, como sabi ‘sabe’ (109.20), guii ‘guíe’ (1407.15), ou o rengi desta cantiga. Véxase Mariño Paz (2009).

  • 14

    Benavente debe referirse á poboación española dese nome, na provincia de Zamora, onde se asinou o tratado en que as infantas dona Sancha e dona Dulce renunciaron ao trono en favor do seu medio-irmán, Fernando III.

  1. ^

    Só achamos unha excepción, talvez outro castelanismo afonsino (forzado pola métrica): mas o que en Babilonia guardou no forn’ Ananias / e Misael o menyno e o tercer, Azarias, / guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada (CSM 215.42).

  2. ^

    No Vocabulario de Gual Camarena percíbese unha certa ambigüidade entre a letia ou lecia e as leticias (tamén leticas, letites, letices, letitia, letiças, letitas), unhas peles brancas orixinarias de Francia.

  3. ^

    Véxase, outrosí, a conxectura Luçia para este paso proposta en Marcenaro & González (2024, s.v. Luzia, Dona), para relacionar este texto con UC 1372, onde comparece Dona Luzia).

Buscar
    Sin resultados