237 [= Tav 148,24]
Sennor, que Deus mui mellor parecer

Sennor, que Deus mui mellor parecer
fez de quantas outras donas eu vi,
ora soubessedes quant’eu temi
sempre o que ora quero cometer:
de vos dizer, sennor, o mui gran ben
que vos quero e quanto mal me ven,
sennor, por vós, que eu por meu mal vi.
E sabe Deus que a dur eu vin i
dizer-vos como me vejo morrer
por vós, sennor; mais non poss’al fazer,
e, vel por Deus, doede-vos de min,
ca por vós moir’, esto sabede ben,
e, se quisessedes, sennor, por én
non me deviades leixar morrer.
E, ja que vos comecei a dizer
ben que vos quero, se vos non pesar,
sennor fremosa, quero-vos rogar
que vos non pes, por Deus, de vos veer
nen de falar vosc’; e faredes ben
e gran mesura, e, quant’é meu sén,
tenno que non á por que vos pesar.
E, mia sennor, por eu vosco falar
nunca vós i ren podedes perder,
e guarredes min; e, se o fazer
quiserdes (quero-vos desenganar,
sennor), todos vo-lo terran por ben;
e, mia sennor, máis vos direi eu én:
muito perdedes vós en me perder,
ca mi, sennor, avedes vós mui ben,
como que vos non ei a custar ren
e servir-vos-ei ja mentr’eu viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manoscritti


A 131, B 252

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 266-267 [= LPGP 930-931]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 120-121); Littera (2016: II, 480-481).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 106-107); Carter (2007 [1941]: 79); Machado & Machado (1950: II, 18-19); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 237).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 91-92); Alvar & Beltrán (1989: 244); Diogo (1998: 109-110).

Varianti manoscritte


4 sempre o] sempro B   5 vos] uus A   6 vos] uus A; me] mj B   9 vos] uus A; morrer] moirer B   11 vel] ar B; vos] uus A   12 moir’, esto] moyro esto B   13 quisessedes, sennor] quiserdes mia sēnor A   14 morrer] moirer B   15 vos] uus A   16 vos] uus A; vos] uus A   17 vos] uus A   18 vos non] uus non A   23 vós] uus A   25 vos desenganar] uus deseganar A   26 terran] teirā B   30 como] come B; vos] uus A   31 vos] uus A

Varianti editoriali


4 sempre] sempr(e) Michaëlis : sempr' Littera   5 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   6 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   9 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   11 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; min] mi Michaëlis, Littera   13 quisessedes, sennor] quiserdes, mia senhor Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   15 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   16 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   17 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   18 vos... vos] vus ... vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   21 vos] vus Michaëlis   23 vós] vus Lorenzo Gradín & Marcenaro   25 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   27 vos] vus Michaëlis   29 mi ... avedes] mia ... sabedes Michaëlis   30 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   31 vos] vus Michaëlis

Parafrasi


(I) Señora, que Deus fixo ser moito máis fermosa que cantas outras donas eu vin, (oxalá) soubésedes canto eu temín sempre o que agora quero realizar: dicirvos, señora, o moito que vos amo e canto mal me vén, señora, por vós, a quen eu vin para o meu mal.

(II) E Deus sabe que con moita dificultade vin eu aquí dicirvos como eu me vexo morrer por vós, señora; mais non podo facer outra cousa, e, sequera por Deus, tende dó de min, que morro por vós, sabede isto ben, e, se quixésedes, señora, por iso non me debiades deixar morrer.

(III) E xa que vos comecei a dicir canto vos amo, se vos non causa pesar, señora fermosa, quérovos rogar, por Deus, que non vos pese que vos vexa nin que fale convosco; e obraredes ben e con gran mesura, e, na miña opinión, coido que non ten por que vos pesar.

(IV) E, miña señora, por eu falar convosco nunca vós por iso podedes perder nada, e salvarédesme a min; e, se o quixerdes facer –quérovos desenganar, señora–, todos volo terán por ben feito; e, miña señora, máis vos direi eu sobre isto: moito perdedes vós en me perder, (1) porque, señora, vós téndesme en moi boas condicións, como que non vos hei de custar nada e heivos servir xa mentres viva.
 

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10c 10c 10b (= Tav 163:15)

Encontros vocálicos: 4 sempre‿o

Note


Testo
  • 3

    Soubessedes é o verbo principal, a pesar de subxuntivo, do período, de carácter desiderativo, cun uso sintáctico que se documenta esporadicamente na lingua medieval. Cfr., por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344: E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Cintra 1952-1990: II, 123); ou na tradución da Confessio Amantis: E quisesse ora Deus que nós... (Faccon 2012: 283). No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 310.16-17, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.

  • 8

    O provenzalismo a dur ‘dificilmente, apenas’ (tamén en 47.15, 592.3, 712.3) convive e compite coa variante de dur, que só se atesta en 215.18 e 1128.9.

  • 11

    Alén doutros valores, vel é usado como elemento introdutor dos sintagmas invocativo-exclamativos vel por Santa Maria (tamén en 1602.6) e vel por Deus (117.16, 273.4, 566.12). Cfr. notas a 6.8 e 36.4. Canto á variación vel ~ ar, véxase nota a 6.8

  • 13-14

    A lección do Cancioneiro da Ajuda presenta unha anómala forma verbal en futuro de subxuntivo (quiserdes) cando o verbo principal vai en copretérito (deviades), compensando metricamente o verso coa introdución do posesivo de senhor. É por isto que resulta preferíbel a lección de B, coa consecutio temporum correcta (copretérito - pretérito subxuntivo). Véxase en 996.8 un caso similar de dupla transmisión, coa forma correcta en A (pretérito de subxuntivo) fronte a un errado futuro de subxuntivo en BV. Outrosí, véxase a repetida concordancia vir – querria en 391.5-6 e 12-13, co verbo principal en pospretérito.

  • 16

    Nótese a omisión do artigo («comecei a dizer [o] ben que vos quero») que por veces se manifesta no corpus: ca, de pran, est’é oje máis de ben / que ei (242.15); mais quero-lh’eu maior / mal que posso (503.7-8); Nunca vos ousei a contar / mal que mi fazedes levar (553.11-12); tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc.

  • 23

    En Lorenzo Gradín & Marcenaro mantense a (errada) forma vus de A interpretándoa como un suposto dativo de interese de podedes.

  • 24

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. 

  • 25-26

    A puntuación de Lorenzo Gradín & Marcenaro é diferente, pois non consideran a frase parentética, de modo que quiserdes depende de quero (en vez de terran, v. 26) : e, se o fazer / quiserdes, querovus desenganar, / sennor: todos volo terran por ben.

  • 30

    Face o como de A aparece o come de B (igual que en 318.11 e 17), na realidade variantes que se intercambian nos mesmos contextos e coas mesmas funcións (cfr., por exemplo, en 315.5 come A vs. como B, ou 121.11 e 164.2, onde á lección com’ome en A corresponde, respectivamente, <Comoome͂> e <come homen> en B; e nos apógrafos italianos, véxase 572.19 e 1603.21, onde se reflicte a oposición <come> B vs. <como> V.
    A locución conxuntiva de carácter causal como que só volve aparecer en dúas ocasións: a cuita tal / que nunca tal / ouv’outro ome d’amor nen d’al, / como que me faz desejar / Deus vosso ben por desejar / a mia mort’eu (132.25); Jograr, mal desemparado / fui eu pelo teu pescar, / como que ouvi a enviar / aa rua por pescado (1428.3).

Cerca
    Nessun risultato trovato