[last revised: 28/01/2024]Print

217 [= Tav 43,17]
Sennor fremosa, quant’eu cofondi

Sennor fremosa, quant’eu cofondi
o vosso sén e vós e voss’amor,
con sanna foi que ouve, mia sennor,
e con gran coita que me faz assi,
sennor, perder de tal guisa meu sén
que cofondi vós, en que tanto ben
á quanto nunca d’outra don’oi.
Mais valla-me contra vós, por Deus, i
vossa mesura e quan gran pavor
eu ei de vós, que sode-la mellor
dona de quantas eno mundo vi;
e, se mi aquesto contra vós non val,
sennor fremosa, non sei oj’eu al
con que vos eu ouse rogar por mí.
Mai-la mesura, que tanto valer,
sennor, sol sempr’a quen na Deus quer dar,
me valla contra vós, e o pesar
que ei, sennor, de quanto fui dizer,
ca, mia sennor, quen mui gran coita ten
no coraçon faz-lle dizer tal ren
a que non sabe pois consell’aver,
com’oj’eu faço, e muit’estou mal,
ca, se mi assi vossa mesura fal,
non á i al, sennor, senon morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 117, B 233

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 243-244); Spampinato Beretta (1987: 87-88 [= LPGP 297-298]); Littera (2016: I, 319).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100); Carter (2007 [1941]: 71-72); Machado & Machado (1949: I, 378-379); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 217).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 197-198).

Manuscript variants


1 Sennor] Ennor A   3 foi] om. A; ouve] ouuj B   4 gran] gam B; faz] fez B   7 don’oi] dona vy B   8 me contra vós, por Deus, i] mj por d’s ꝯ̃ uos hi B   9 quan] q̄ B   10 sode-la] sodes a B   11 eno] eu no B   13 al] (qu)al A   14 ouse] ousa B   15 Mai-la] Mays a B   16 sempr’a quen na] sempʳ aq̄na B   19 quen] q̄ B   20 lle] lhi B   22 faço, e] façe B   23 mi assi vossa mesura fal] ma ssy uosa mesura (mesur) fal B   24 se] se(u) A; morrer] moirer B

Editorial variants


1 quant’eu] quand’eu Michaëlis   4 faz] fez Michaëlis, Spampinato Beretta   14 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   16 quen na] quen'a Littera

Paraphrase


(I) Señora fermosa, canto eu maldixen o voso siso e a vós e o voso amor, foi coa ira que sentín, miña señora, e pola gran coita que así me fai, señora, perder de tal maneira a razón que vos maldixen a vós, en quen hai tanto ben canto nunca ouvín doutra muller.

(II) Mais vállame contra vós, por Deus, nesta situación a vosa mesura e o gran pavor que eu teño de vós, que sodes a mellor dona de cantas no mundo vin; e, se isto non me vale contra vós, señora fermosa, non coñezo hoxe outra razón con que eu me atreva a vos rogar por min.

(III) Mais a mesura, que tanto soe sempre valer, señora, a quen Deus lla quere dar, me valla contra vós, e o pesar que sinto, señora, por canto fun dicir, porque, miña señora, quen ten unha coita moi grande no corazón (esta) faille dicir algunha cousa para a que despois non sabe encontrar remedio, (1) como hoxe eu fago, e estou moi mal, porque, se me falta a vosa mesura, non hai outra saída, señora, agás morrer.
 

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 161:30)

Encontros vocálicos: 12 mi‿aquesto; 23 mi‿assi

Notes


Text
  • 1

    O pronome vós (tamén no v. 7), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 4

    Con certa frecuencia aparece unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 221.r1, 303.1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.

    Neste sentido, aínda sendo posíbel a lección de B, é desnecesaria a opción editorial de Michaëlis (e Spampinatto) en prol do pretérito, que quebra a fidelidade ao Cancioneiro da  Ajuda.

  • 7

    A confusión e/ou alternancia vi-oi (veer-oir) é frecuente na expresión trobadoresca, como mostra ben a aparición da lección <vy> en B face a <oi> en A (véxase nota a 486.1). Porén, nesta pasaxe é superior a lección de A, conforme indica a aparición de vi como palabra rimante no v. 11.

  • 10

    A lección de B nos vv. 10 (sodes a) e 15 (mais a) mostra claramente a dupla posibilidade de representación do encontro do artigo: a grafía coa directa asimilación (en A), fronte á manutención das unidades morfolóxicas (en B). Porén, en 210.8 as variantes prodúcense á inversa. Véxase nota a 139.2.

  • 11

    A lección de B, levemente diverxente de A, tamén sería posíbel: dona de quantas eu no mundo vi.

  • 14

    Como noutras ocasións, en B achamos maior tendencia á presenza de a como nexo preposicional de ousar co infinitivo (ous’a rogar). Véxase nota a 95.16.

  • 24

    A frase formularia non á i al ‘certamente, sen dúbida’ (tamén en 105.9 e 245.15) e mais non avera i al (1635.9), concorre con outras variantes moi próximas ao longo do corpus, como non á ja i al (só en 495.24) ou ja i al non á (941.7), e con outras similares do tipo u al non á, u non jaz al etc.

Search
    No results