I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 496-497); Cunha (1999 [1945]: 131-132); Monteagudo (1984: 337-338 [= LPGP 722]); Littera (2016: II, 223-224).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 194-195), Carter (2007 [1941]: 149); Machado & Machado (1960: VII, 44-45); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 413).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 228-229); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 163); Alvar & Talens (2009: 510).
5 vos] uos A 6 vos] uos A 7 vos] uus A 10 vos] uos A 11 vos] uus A 13 vos] uus A 15 vos] uos A 17 vos] uus A
5 vos] vos Michaëlis 6 -vos de min] -vus de mi Michaëlis 7 mercee] mercê é Michaëlis : mercê’ é Cunha; vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo 8 vosso] voss(o) Michaëlis : voss’ Cunha 10 vos] vus Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis; outros[s]i] outro[s]í Monteagudo 12 -vos de min] -vus de mi Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis 15 vos] vos Michaëlis 16 connocer] coñecer Monteagudo 17 vos] vus Michaëlis 18 -vos de min] -vus de mi Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 23 vos] vus Michaëlis; outros[s]i] outro[s]í Monteagudo 24 -vos de min] -vus de mi Michaëlis
(I) Señora fermosa, por Noso Señor e por mesura e porque non me resta máis que a morte, e cedo será, e porque son o voso servidor, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!
(II) Por mercé que vos veño pedir e porque son voso e porque non me interesa ningunha outra cousa, nin tería sentido, e porque sempre vos hei de servir, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!
(III) Porque vós nunca sairedes perdendo por terdes piedade de min, e por cal vos fixo Noso Señor, e por outra cousa –porque eu souben apreciar ben como sodes–, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!
(IV) Por tan doce e por tan estimada e por tanta xentileza con que Noso Señor vos fixo falar, e porque vos fixo ollar máis fermosamente que cantas El fixo, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:191)
Encontros vocálicos: 8 vosso,‿e
Esta cantiga tamén é considerada anónima.
A forma <outrosi> do refrán nos vv. 11, 17 e 23 (cfr. <outrossi> no v. 5), é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :