411 [= Tav 114,20 (= 157,59)]
Sennor fremosa, pois que Deus non quer

Sennor fremosa, pois que Deus non quer
nen mia ventura que vos eu veer
possa, conven-m’oje-mais a sofrer
todas-las coitas que sofrer poder
por vós; e quero ja sempre coidar
en qual vos vi e tal vos desejar
todo-los dias en que eu viver,
e mort’assi venna quando vẽer,
ca desejos non ei eu de perder
da mansedume e do bon parecer
e da bondade, se eu ben fezer,
que en vós á; mais quer’a Deus rogar
que me leixe meu temp’assi passar,
desejando qual vos vi, e sofrer,
ca en desejos é todo meu ben;
e dizen outros que an mal sennor
desejando, mais eu fill’i sabor,
ca desejo qual vos vi, e por én
vivo, ca sempre cuid’en qual vos vi,
e atal vos desejei des ali
e desejarei mentr’eu vivo for,
ca sen desejos nunca eu vi quen
podess’aver tan verdadeir’amor
com’oj’eu ei nen fosse sofredor
do que eu sofr’, e esto me manten:
grandes desejos que ei; e assi
quero viver, e o que for de mí
seja, ca esto tenn’eu por mellor:
desejar sempre, ca, des que non vi
vós, non vivera ren do que vivi
senon coidando en qual vos vi, sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 252

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 492-493); Cunha (1999 [1945]: 127-128); Monteagudo (1984: 343-344 [= LPGP 721-722]); Littera (2016: II, 221-222).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 199-200); Carter (2007 [1941]: 146-147); Machado & Machado (1960: VII, 43-44); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 411).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   6 vos] uus A; vos] uus A   12 quer’a] q̄er(o) a A   14 vos vi, e] uos ui (s) ꞇ A   16 e dizen] {ꞇ} dizen A   17 fill’i] fill(o) y A   18 vos] uus A   24 oj’eu ei] og eu (ui) \ey/ A   15 sofr’, e] soffr(o) e A

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo; vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   7 en] om. Monteagudo   8 mort’] morte Monteagudo, Littera   10 mansedume e] mansedum(e) e Michaëlis : mansedum’e Cunha   14 vos] vus Michaëlis; e] om. Monteagudo   15 todo] tod'o Littera   16-17 mal sennor / desejando] mal, senhor, / desejando Michaëlis, CunhaLittera   18 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   19 vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   20 vos] vus Michaëlis   21 desejarei] desejar ei Michaëlis   24 com’oj’] com(o) og’ Michaëlis   31 coidando] coidand(o) Michaëlis : coydand’ Cunha; vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora fermosa, xa que Deus non quere nin a miña ventura que eu vos poida ver, convenme de hoxe en diante sufrir todas as coitas que sufrir poida por vós; e quero xa sempre pensar en como vos vin e tal cal desexarvos todos os días que eu viva, (II) e así me veña a morte cando me viñer, porque eu non teño desexo de perder nada da mansedume e da beleza e da bondade que hai en vós, se eu obrase ben; mais quero rogar a Deus que me deixe pasar así o tempo da miña vida, desexándovos tal cal vos vin, e sufrir, (III) porque todo o meu ben está no desexo; e din outros que sofren mal desexando unha señora, mais eu sinto gozo niso, porque vos desexo tal cal vos vin, e por iso vivo, porque sempre penso en tal cal vos vin, e tal vos desexei desde ese momento e desexarei mentres eu estiver vivo, (IV) porque sen desexos nunca eu vin quen puidese ter tan verdadeiro amor como o que eu hoxe teño nin que sufrise do que eu sufro, e isto me mantén: os grandes desexos que teño; e así quero vivir, e que sexa de min o que for, porque eu considero isto como mellor: (1) desexar sempre, porque, desde que non vos vin, non vivira nada do que vivín, señora, senón pensando en cal vos vin.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10c 10c 10b (= Tav 163:8)

Encontros vocálicos: 10 mansedume‿e; 31 coidando‿en

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga tamén é considerada anónima.

    Non é cantiga ateúda en Michaëlis, Cunha e Littera; en Monteagudo, unicamente aparecen ligadas as dúas primeiras estrofas. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

    Por outra banda, a forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais ‘de aquí en diante’.

  • 4

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con todos e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2) (cfr. todo-los no v. 7). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 16

    O hipérbato pode xerar dúbidas sobre o carácter de mal, que neste caso consideramos substantivo e non adxectivo en posición proclícita (enténdase: «e dizen outros que an mal desejando sennor»), e que foi interpretado de modo diverso en Michaëlis e Cunha.

  • 21

    Non é necesario deglutinar desejarei, pois non se trata da perífrase aver + infinitivo.

  • 23

    Só en Joan Garcia de Guilhade, xunto con Charinho, aparece o cualificativo verdadeiro para amor: Ja x’ora el das chagas morreria / se non foss’o grand’amor verdadeiro (757.8); indirectamente, tamén en Joan Baveca: ca, se elas soubessen os que an / ben verdadeiramente grand’amor, / d’alguen se doeria sa senhor (1110.23).

  • 30

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

Procurar
    Não foram encontrados resultados