I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 38 [= LPGP 232-233]); Nunes (1972 [1932]: 130-131); Littera (2016: I, 186-187).
II. Outras edicións: Moura (1847: 56-58); Monaci (1875: 51); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 91-92); Júdice (1997: 113); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 38); Torres (1977: 237).
3 eu] ē B 4 mi] mī B 10 morrer] moirer B
Lang presenta como refrán o derradeiro verso de cada estrofa.
13 vos] vós Lang
(I) Señora, oxalá eu tivese hoxe vagar e Deus me dese para iso o poder para vos poder contar o gran mal que me fai sufrir esa vosa fermosura, señora, a quen El non lle fixo par, (II) pois, se vos puidese falar diso, penso que perdería moita da gran coita e do pesar con que hoxe eu me vexo morrer, porque non me pode esquecer esta coita que non ten par, (III) porque me fixo Deus amar tanto, e ademais fíxovos de tanta valía, que non podo hoxe imaxinar, señora, como poderei vivir, xa que non me queredes tirar esta coita que non ten igual.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8b 8a (cfr. RM 79:16)
Tal como acontece na cantiga 26, nesta cantiga dionisina tamén aparece un hipotético refrán constituído polo último verso nas estrofas II e III, que na primeira estrofa presenta unha redacción totalmente diferente, imposibilitando a súa consideración como tal.
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15. Non obstante, esta ligazón causal non é considerada en ningunha das edicións precedentes.
A pesar de seren formas de subxuntivo, ouvesse e desse funcionan como verbos principais do período, de carácter desiderativo, cun uso sintáctico que se documenta esporadicamente na lingua medieval:
E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 123).
E quisesse ora Deus que nós... (Confessio Amantis; Faccon 2012: 283).
No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 237.3, 310.16-17, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.