I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 855-856 [= LPGP 97-98]); Marcenaro (2013: 68-69); Littera (2016: I, 55-56).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 138); Machado & Machado (1950: II, 162-163); Rios Milhám (2018b: III, 338).
1 morrer] moirer B 7 bõa] bona B 13 bõa] bona B 20 morrer] moirer B 25 juro] uiro B
2 praze mui de coraçon] praz, e mui de coraçon Michaëlis, Marcenaro : praz, e mui de coraçom Littera 3 co[n] a] co’a Michaëlis, Littera 4 vos] vus Michaëlis 5 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera 6 min] mí Marcenaro 8 vos] vus Michaëlis 10 vos] vus Michaëlis 11 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera 13 bõa] bona Marcenaro 14 por] per Michaëlis, Littera 15 vos] vus Michaëlis : a vos Marcenaro 16 vos] vus Michaëlis 17 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera 20 én] en Michaëlis : em Littera 20 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 23 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera 25 vos] vus Michaëlis 26 [a]] om. Littera
(I) Fermosa señora, véxome morrer, e a min práceme moi de corazón a miña morte, así Deus me perdoe, por isto que vos quero dicir: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!
(II) Abofé, desexo a miña morte, e xúrovos que hai moito tempo que rogo a Deus pola miña morte, e non por outra cousa, por isto que vos digo, señora: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!
(III) E, abofé, desexo moito a miña morte porque comprendín que vos pracía; e, xa que é así, moito me prace polo que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso, (IV) porque non preciso vivir máis! E por iso me prace moito morrer agora por vós, e coido que Deus me fai ben niso, miña señora, por isto que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!
(1) E ben vos xuro, señora, que me satisfai a miña morte, xa que vos prace a vós.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:10)
Os editores precedentes consolidaron unha interpretación mecánica da lección <praz e>, con deglutinación gráfica de praze, unha variante minoritaria de praz (cfr. outras formas minoritarias como feze, dize etc., para alén de praze no v. 1 do refrán, véxase nota ao v. 5). Porén, a frase parentética e mui de coraçon non ten ningunha ocorrencia no corpus profano nin tampouco no corpus das cantigas marianas.
Michaëlis, seguida por todos os editores, fixa a forma maioritaria na P3 do presente indicativo de prazer, creando un texto excesivamente artificioso co afastamento entre praz e én. No entanto, poderíase considerar a forma praze (cfr. outras formas verbais como faze, fize ou feze) sen introducir a frase parentética e muito, que non se rexistra nunca no corpus. Deste xeito, na cantiga conviviría esta variante praze coa forma xeral praz (vv. 2, 6 [= r2], 16, 20, 26), aínda que no v. 2 podería, tamén, fixarse a variante praze: e a mí praze mui de coraçon. Cfr. nota a 269.12.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> (tamén no v. 13) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: