372 [= Tav 3,7]
Senhor fremosa, des quando vos vi

Senhor fremosa, des quando vos vi
sempr’eu punhei de me guardar que non
soubessen qual coita no coraçon
por vós sempr’oue, pois Deus quer assi:
que sábian todos o mui grand’amor
e a gran coita que levo, senhor,
por vós des quando vos primeiro vi.
E, pois souberen qual coita sofri
por vós, senhor, muito mi pesará
porque ei medo que alguen dira
que sen mesura sodes contra mí,
que vos amei sempre máis d’outra ren,
e nunca mi quisestes fazer ben
nen oir ren do que por vós sofri.
E, pois eu vir, senhor, o gran pesar
de que sei ben que ei mort’a prender,
con mui gran coita averei a dizer:
«Ai Deus, por que me van assi matar?».
E veer-m’-an mui trist’e sen sabor
e por aquesto entenderán, senhor,
que por vós ei tod’aqueste pesar.
E, pois assi é, venho-vos rogar
que vos non pes, senhor, en vos servir
e me queirades por Deus consentir
que diga eu atanto en meu cantar:
que á dona que m’en seu poder ten,
que sodes vós, mia senhor e meu ben,
e máis desto non vos ouso rogar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 404, V 15

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 14-15); Marroni (1968: 73-74 [= LPGP 84-85]); Littera (2016: I, 41).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 13-14); Braga (1878: 3); Machado & Machado (1950: II, 209-210); Rios Milhám (2018b: III, 372).
III. Antoloxías: Spina (1972: 314); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 17).

Variantes manuscrites


3 coraçon] coracon BV   4 quer] quet V   5 sábian todos o mui] sabhant todꝯ omni V   6 e] om. V   7 vos] ꝯ B   8 sofri] sofa V   13 fazer] fazet V   14 sofri] sosri V   16 mort’a] morra V   25 en] eu V   28 rogar] roguart B : roguar V

Variantes éditoriales


1 vos] vus Marroni   4 oue, pois] ou[v]’, e pois Marroni : ou[v]’e, poys Nunes : houv', e pois Littera   5 todos] todus Marroni   6 e a] a [mui] Nunes   7 vos] vus Marroni   12 vos] vus Marroni   20 aquesto] aquest(o) Nunes; entenderán] entenderam Nunes, Marroni   22 vos] vus Marroni   23 vos ... vos] vus ... vus Marroni   25 atanto] atant(o) Nunes : atant' Littera   26 á] a Nunes, Marroni, Littera   28 vos] vus Marroni; rogar] roguar Nunes

Paraphrase


(I) Fermosa señora, desde que vos vin sempre me esforcei en evitar que soubesen a coita que eu sempre tiven por vós no meu corazón, pois Deus así o quere: que saiban todos o moi grande amor e a gran coita que sufro, señora, por vós desde o primeiro momento en que vos vin.

(II) E logo que saiban que coita sufrín por vós, señora, moito me pesará, porque temo que alguén dirá que non tendes mesura comigo, que vos amei sempre máis que a cousa ningunha, e nunca me quixestes facer ben nin escoitar nada do que sufrín por vós.

(III) E logo que eu vexa, señora, o gran pesar que sei que me ha de dar a morte, con moi gran coita terei que dicir: «Ai Deus, por que me van matar así?». E hanme ver triste e sen pracer e por isto entenderán, señora, que por vós teño todo este pesar.

(IV) E xa que é así, véñovos rogar que non vos pese, señora, que vos sirva e que me queirades consentir, por Deus, que diga eu isto no meu cantar: que hai unha dona que me ten no seu poder, que sodes vós, miña señora e meu ben, e máis que isto non me atrevo a vos rogar.
 

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:4)

Encontros vocálicos: 5 sá·bian; 17 coita‿averei; 20 aquesto‿entenderán; 25 atanto‿en

Notes


Texte
  • 4

    Todos os editores emendaron a unánime lección <oue> que se desprende da secuencia <sempro ue> de BV na crenza dun erro por ouve. Sendo un feito confirmado que no pretérito de haver (lat. habui) existen resultados con desaparición de -b- intervocálico (cfr. ouer, 10.18), e, máis comunmente, con posterior monotongación de -ou- (oera, oesse, oer) por aparecer nunha secuencia trivocálica fonotacticamente anómala (Ferreiro 1999: §23b), tamén deben ser consideradas as formas oue ~ oui, que con frecuencia desaparecen nas edicións e que deben ser reconsideradas á luz destes datos: qual coita no coraçon / por vós sempr’oue (372.4); Veend’eu ben que do mui grand’amor, / que lh’eu sempr’oui (635.8); u oui passar / per Campos, 1412.2). Todas e cada unha destas formas encontran comprida confirmación nos datos subministrados polas obras en prosa, literarias ou notariais (véxase Ferreiro 2016a: 120-123). Véxase nota a 10.18. Cfr. tamén notas a 130.23 e 534.4.

  • 20

    O tempo futuro de entenderán non presenta dúbidas, tendo en conta que vai coordinado con veerán (veer-m’-an) no verso anterior.

  • 26

    Por máis que os editores precedentes interpretasen <a> como artigo, só semella ter sentido como forma verbal á; isto é, ‘que existe dona que me ten no seu poder, que sodes vós, ...’.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé