I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 63 [= LPGP 228-229]); Nunes (1972 [1932]: 198-199); Eirín García (2015: 247); Littera (2016: I, 209-210).
II. Outras edicións: Moura (1847: 113-114); Monaci (1875: 63); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 159-160); Júdice (1997: 146); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 53); Bernárdez (1952: 40); Álvarez Blázquez (1975: 232); Torres (1977: 232); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 53).
1 tan] tē B 4 fez] fex V 7 Pois] Poy V 14 per] por V
4 fez] fex Lang, Nunes 6 mí] min Nunes 7 sempre] sempr(e) Nunes : sempr' Littera 11 por mesura] algun dia Nunes 14 per] por Lang, Nunes, Littera 15 vos] vós Lang 18 mí] min Nunes
(I) Señora, en tan grave día vos vin que non podería ser máis; e por Santa María, que vos fixo tan mesurada, tende dó algún día de min, señora ben feita.
(II) Pois sempre hai en vós mesura e todo ben e cordura, xa que Deus fixo en vós feitura cal non fixo en ningunha outra muller nada, apiadádevos por mesura de min, señora ben feita.
(III) E, por Deus, señora, actuade con mesura pola gran bondade que El vos deu, e considerade que vida coitada vivo, e tende algunha piedade de min, señora ben feita.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 7’b 7’a 7’B (= RM 13:64)
Encontros vocálicos: 7 sempre‿á
Repárese no dobre en posición de rima nos versos 1º e 5º de cada estrofa (I dia, II mesura, III tomade).
Resulta sorprendente a opción dos primeiros editores pola forma fex, aparente variante palatalizada de fez, mais que debe ser un erro de copia en V. Véxase nota a 484.5.
Nótese, máis unha vez, a variación mí ~ min no refrán. Cfr. nota a 27.4.
O lapso editorial de Nunes debe ser produto dunha gralla inducida polo v. 5.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.