507 [= Tav 25,110]
Senhor, dizen-vos por meu mal

Senhor, dizen-vos por meu mal
que non trobo con voss’amor,
mais ca m’ei de trobar sabor;
e non mi valha Deus nen al
se eu trobo por m’én pagar,
mais faz-me voss’amor trobar.
E essa que vos vai dizer
que trobo porque me pag’én
e non por vós, que quero ben,
mente, ca non veja prazer
se eu trobo por m’én [pagar,
mais faz-me voss’amor trobar].
E, pero que vos diz que non
trobo por vós, que sempr’amei
máis o gran sabor que m’end’ei,
mente, ca Deus non mi perdon
se eu trobo por [m’én pagar,
mais faz-me voss’amor trobar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 509, V 92

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 21-22 [= LPGP 228]); Nunes (1972 [1932]: 83-84); Littera (2016: I, 172).
II. Outras edicións: Moura (1847: 19-20); Monaci (1875: 42); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 25); Júdice (1997: 89); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 32); Nemésio (1961 [1949]: 197-198); Torres (1977: 226); Gonçalves & Ramos (1983: 279); Alvar & Beltrán (1989: 368); Pena (1990: 49); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 39); Alvar & Talens (2009: 584).

Variantes manuscritas


4 valha] uala B   5 se eu] Seu B   10 mente] Menta B; ca] ta V   14 sempr’amei] sēpre mey B : semp̄ mey V   15 m'end’ei] mandey B   16 perdon] pardon B

Variantes editoriais


13 que] quem Lang, Nunes, Littera   15 o] por Lang, Littera

Paráfrase


(I) Señora, dinvos para me fazer mal que eu non trobo polo amor que vos teño, senón porque me gusta moito trobar; e que Deus nin nada me axude se eu trobo pola satisfacción de o facer, mais o amor por vós faime trobar.

(II) E esa que vos vai dicir que trobo polo pracer que me dá e non por vós, que amo, mente, que xamais vexa nada pracenteiro se eu trobo pola satisfacción de o facer, mais o amor por vós faime trobar.

(III) Aínda que vos di que non trobo por vós, que sempre amei máis o prazer que teño diso (do trobar), mente, que Deus non me perdoe se eu trobo pola satisfacción de o facer, mais o amor por vós faime trobar.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:336)

Notas


Texto
  • *

    Tal como acontece noutras composicións de D. Denis (cantigas 496, 518 e, fundamentalmente, 541), o trobador realiza unha alusión metaliteraria relativa á arte de trobar. Nesta ocasión alude ao propio gozo da actividade compositiva, e faino dun xeito orixinal e talvez un tanto irónico e trivializador da tópica da cantiga de amor. O namorado deféndese das acusacións dunha confidente da senhor, que quere convencela de que non é o amor por ela o que o move a trobar, senón o simple gusto por trobar.

  • 15

    As edicións de Lang e Littera consideran mais como conxunción adversativa (‘senón’), paralela á do v. 3, feito que os obriga a emendar o artigo, reconvertido por eles en preposición por (‘senón polo gran sabor que me vén diso’). Na realidade, tal como o texto foi transmitido polos apógrafos, a clave asenta no referente de ende, que ten de ser o trobar: ‘Aínda que vos din que non trobo por vós, que sempre amei máis o prazer que teño diso (do trobar), mente...’.
    É posíbel, aínda, que o trobador utilice a frecuente expresión que sempr’amei nun contexto e cun significado totalmente diferente ao habitual: non se trataría da coñecida expresión do amor do trobador pola senhor, senón, nunha estrutura comparativa, da expresión do seu amor máis grande pola arte de trobar. Na realidade, non deixa de resultar bastante estraña a construción amar o gran sabor... O lóxico sería utilizar o verbo aver: que ei gran sabor / que m’ei maior sabor, ou calquera expresión similar. É por isto, pois, que, en última instancia, cabe a posibilidade da existencia dun erro de copia.

  • 16

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Procurar
    Não foram encontrados resultados