1182 [= RM 85,18]
Sen meu amigo manh’eu senlheira

Sen meu amigo manh’eu senlheira
e sol non dormen estes olhos meus,
e quant’eu posso peç’a luz a Deus
e non mi-a per nulha maneira;
mais, se masesse con meu amigo,
a luz agora seria migo.
Quand’eu con meu amigo dormia,
a noite non durava nulha ren,
e ora dur’a noit’e vai e ven,
non ven [a] luz nen parec’o dia;
mais, se masesse con meu [amigo,
a luz agora seria migo].
E, segundo com’a parece,
u migo man meu lum’e meu senhor,
ven log’a luz de que non ei sabor,
e ora vai noit’e ven e crece;
mais se masesse con [meu amigo,
a luz agora seria migo].
Pater nostrus rez’eu máis de cento
por Aquel que morreu na vera cruz,
que El mi mostre mui ced[o] a luz,
mais mostra-mi as noites d’Avento;
mais, se masesse con meu [amigo,
a luz agora seria migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1165, V 771

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 356-357 [= LPGP 583-584]); Reali (1964: 21); Cohen (2003: 399); Littera (2016: II, 33-34).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 266); Braga (1878: 145); Machado & Machado (1956: V, 261).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 58-59); Piccolo (1951: 141-142); Varela Jácome (1953: 21-22); Nunes (1959: 285-286); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 61-63); Landeira Yrago (1975: 134-135); Torres (1977: 83-84); Correia (1978: 120); Reckert & Macedo (1980: 70); Fiúza (1981: 27-29); Alvar & Beltrán (1989: 317); Pena (1990: 123-124); Jensen (1992: 192); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 140); Diogo (1998: 231); Vallín (1999: 67-68); Arias Freixedo (2003: 570-571); Mongelli (2009: 120); Corral Díaz & Vieira (2023: 186-187); Gutiérrez (2023: 175).

Variantes manuscritas


2 dormen] dorme V   3 peç’a] peza V   4 nulha] (nuhla) nulha B   10 parec’o] parezo V   14 u migo] comigo BV   20 morreu] moireu B

Variantes editoriais


14 u migo] comigo Nunes   16 vai noit’] vay [a] noit’] Reali; crece] cresce Nunes   19 nostrus] nostros Cohen   21 El] el[e] Cohen; ced[o] a] ced’a Cohen, Reali

Paráfrase


(I) Sen o meu amigo durmo soa e apenas dormen estes ollos meus, e pido a luz a Deus canto eu podo, e non ma concede de forma ningunha; mais, se durmise co meu amigo, a luz agora estaría comigo. 

(II) Cando eu durmía co meu amigo, a noite non duraba nada, e agora a noite dura e vai e vén, e non vén a luz nin aparece o día; mais, se durmise co meu amigo, a luz agora estaría comigo.

(III) E, segundo me parece a min, cando está comigo a miña luz e o meu señor, axiña vén a luz –que non desexo–, e agora a noite vai e vén e crece; mais, se durmise co meu amigo, a luz agora estaría comigo.

(IV) Eu rezo máis de cen pater-noster por Aquel que morreu na vera cruz, para que El me mostre cedo a luz, pero móstrame as (longas) noites de Advento; mais, se durmise co meu amigo, a luz agora estaría comigo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (= RM 160:296)

Encontros vocálicos: 4 mia; 22 ma·is, -mias

Notas


Texto
  • 1

    O verbo maer ‘permanecer’ está moi pouco documentado no corpus lírico profano; nesta cantiga de Juião Bolseiro rexístrase en tres ocasións: manh(o) (P1 do presente de indicativo), v. 1; man, evolución regular do lat. manet (P3 do presente de indicativo), v. 5; masesse, do lat. mansĭssem (P1 de pretérito de subxuntivo), v. 14.

    A forma xeral no corpus das cantigas, derivada de singularium, é senlheiro/a (ás veces coa forma disimilada sinlheiro; véxase nota a 478.48), con evolución regular da secuencia [ng’l] a [nʎ] (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §91b). Porén, en Martin Codax documentamos senneira, co seguinte paso evolutivo da secuencia [nʎ] a [ɲ] (cfr., por exemplo, ŭngŭlam > unlla > uña). Cfr. nota a 1298.2.

  • 10

    A métrica do verso apunta á necessidade de recuperar o artigo coa forma luz, que o presenta nas restantes ocorrencias da cantiga (vv. 3, r2, 15, 21).

  • 14

    A pesar da coincidente lección <comigo>, o sentido e tamén o paralelismo coa estrofa anterior indica que é necesaria a emenda u migo (xa en Reali), en paralelo con quando (v. 7): Quand’eu con meu amigo dormia, / a noite non durava nulha ren, / e ora dur’a noit’e vai e ven, / non ven [a] luz nen parec’o dia (vv. 7-10) = u migo man meu lum’e meu senhor, / ven log’a luz de que non ei sabor, / e ora vai [a] noit’e ven e crece (vv. 14-16).
    A invocación ao amigo como meu lum’e meu senhor volve aparecer en Martin de Caldas: ca se quer ir meu lum’e meu senhor (1214.9); ademais, a mesma fórmula é utilizada para a amiga nunha cantiga de amigo dialogada de Martin de Padrozelos:

    Ai mia senhor e meu lume,
    se de mí queixum’avedes, 
    por Deus que o melhoredes (1256.4).

  • 19

    Nótese a forma non propiamente latina, senón “intermedia”, en palabras de Díez de Bustamante (2005: 409), que contrasta coa fórmula latina de Afons’Eanes do Coton (1589.20).

  • 20

    A vera cruz (literalmente ‘verdadeira cruz’) designa o leño onde Xesús Cristo foi crucificado. É sintagma moi utilizado na produción medieval (véxase CGPA, s.v.).

  • 22

    A posibilidade de considerar bisilábico o adverbio máis (Ferreiro 2016c) permite unha contaxe decasilábica do verso sen reintegración de ningún tipo (el[e], ced[o]).

    As noites de Advento aluden ao período de catro semanas anterior ao Nadal, que ten as noites moi longas, con escuridade crecente até o día 21 de decembro.

Procurar
    Não foram encontrados resultados

    Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
    Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies:

    DefiniçõesAceitar