1489 [= RM 6,9]
Sedia-xi Don Belpelho en ũa sa maison

Aqui se começa a gesta que fez Don Afonso Lopez a Don Meendo e a seus vassalos, de mal dizer.

Sedia-xi Don Belpelho en ũa sa maison,
que chaman Longos, ond’eles todos son:
per porta lh’entra Martin de Farazon,
escud’a colo, en que sev’un capon,
que foi ja poleir’en outra sazon,
caval’agudo, que semelha foron;
en cima del un velho selegon,
sen estrebeiras e con roto bardon;
nen porta loriga nen porta lorigon
nen geolheiras, quaes de ferro son,
mais trax perponto roto sen algodon
e cuberturas d’un velho zarelhon;
lança de pinh’e de bragal o pendon,
chapel de ferro, que xi lhi mui mal pon,
e sobarcad’un velh’espadarron,
cuitel’a cachas, cinta sen farcilhon,
duas esporas destras, ca seestras non son,
maça de fuste, que lhi pende do arçon.
A Don Belpelho moveu esta razón:
«Ai meu senhor, assi Deus vos perdon,
u é Joan Aranha, o vosso companhon
e voss’alferez, que vos ten o pendon?
Se é aqui, saia desta maison,
ca ja os outros todos en Basto son».
Eoi!
Estas oras chega Joan de Froian,
cavalo velho, caçurr’e alazan,
sinaes porta eno arçon d’avan
(campo verde, u inquire o can)
e no escud’ataes lh’acharán;
ceram’e cint’e calças de Roan:
sa catadura semelh’a d’un jaian.
Ante Don Belpelho se vai aparelhán
e diz: «Senhor, non valredes un pan
se os que son en Basto se xi vos assi van;
mais id’a eles, ca xe vos non iran,
acha-los-edes, [e] escarmentarán:
vingad’a casa en que vos mejad’an,
que digan todos quantos pos nós verran
que tal conselho deu Joan de Froian».
Eoi!
Esto per-dito, chegou Pero Ferreira,
cavalo branco, vermelho na peteira,
escud’a colo, que foi d’ũa masseira,
sa lança torta d’un ramo de cerdeira,
capelo de ferro, o anasal na trincheira
e furad’en cima da moleira;
trag’ũa osa e ũa geolheira,
estrebeirando vai de mui gran maneira.
E achou Belpelho estand’en ũa eira,
e diz: «Aqui estades, ai velho de matreira:
venha Pachacho e Don Ro[i] Cabreira,
pera dar a min a deanteira,
ca ja vos tarda essa gente da Beira,
o moordom’e o sobrinho de Cheira
e Meen Sapo e Don Martin de Meira
e Lopo Gato, esse filho da freira,
que non á antre nós melhor lança per-peideira».
Eoi!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45
 
 
 
 
50
 
 
 
 
55
 
 
 
 

Manuscrits


B 1470 (ff. 307v, cols. a-b, 308r, col. a), V 1080 (f. 176r, cols. a-b, 176v, col. a) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 96-99); Lagares (2000: 171 [rúbrica]); Lopes (2002: 108-110); Lorenzo Gradín (2008a: 173-174); Littera (2016: I, 51-52).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 375-376); Braga (1878: 206); Michaëlis (1924: 23-25); López-Aydillo (2023: 220-222); Horrent (1948: 138-139); Machado & Machado (1958: VI, 173-175); Lorenzo Gradín (1994: VII, 716 [= LPGP 90-91]).
III. Antoloxías: Braga (1876: 31-32); Nunes (1970 [1906]: 294-295); Seoane (1941: 155-156); Álvarez Blázquez (1975 [1952]: 132-134); Fonseca (1971 [1961]: 41-43); Landeira Yrago (1975: 173-175); Torres (1977: 66-68); Alvar & Beltrán (1989 [1985]: 111-114); Tavares & Miranda (1987: 34-36); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 30-32); Diogo (1998: 148-150); Arias Freixedo (2003: 321-324); Marcenaro (2006: 180-184); Alvar & Talens (2009: 350-352); Souto Cabo (2017: 45-46).

Variantes manuscrites


Rúbrica: Aqui] Caqi B : Aq̄ V; Afonso] Asfonsso B

Texto:
1 Sedia] Seria BV; Belpelho ... maison] (b) velpelho ... sayson V   6 foron] forꝝ BV   10 ferro] feiro B : fero V   12 e] om. B   13 lança] Lancha B; bragal o] braga l(h)o V   14 chapel] e chapel V   15 espadarron] espadairo B   16 a cachas ... farcilhon] cachao ... farzilhō B   18 maça] Maca B; arçon] arcon B : alçon V   19 moveu] mouen V   20 vos] uos BV; perdon] ꝑdou B   21 companhon] conpanhou V   23 aqui] a q̅ B   25 Eoi] < + > B   27 cavalo] caualho BV; caçurr’e]  cacurre B : cuçurre V; alazan] alaxam B   28 sinaes] smaes V; porta] poica B   29 inquire] uinq̅yre B : uin q̅yre V   31 calças] calcas BV   34 valredes] ual iredes B   39 quantos] ꝙ̄tꝯ V; pos nós verran] pognos veirã B   40 Froian] froya B   42 dito ... Ferreira] dico ... feireira B   43 peteira] pereyra V   45 sa] ca V   46 ferro] feiro B; anasal] anassal BV   47 furad’en cima] furade ma V   48 osa] ousa V   51 matreira] matreyna BV   52 Ro[i]] o V   58 per-] pᵉ BV

Variantes éditoriales


Rúbrica: de mal dizer] de maldizer Lapa, Littera : e é de maldizer Lopes

Texto:
1 Sedia] Seia Lorenzo Gradín   2 ond’eles] [d]ond’eles Lopes, Littera   12 cuberturas] coberturas Lapa, Lopes, Littera   13 pinh’e] pinho e Lorenzo Gradín   15 velh’] velho Lorenzo Gradín   16 cuitel’a cachas] cuitel cachado Lapa, Lopes, Littera : cuitel a cachas Lorenzo Gradín   22 voss’] vosso Lorenzo Gradín   24 os] om. Lopes, Littera   27 alazan] alaxam Lopes, Littera   29 inquire o can] junqueir’e o can Lopes : inqueire o cam Littera   30 e no escud’] e no escudo Lapa, Lopes, Littera : eno escud’ Lorenzo Gradín; acharán] acharan Lapa : acharam Lorenzo Gradín   31 Roan] roan Lapa   32 jaian] saiam Lopes   33 aparelhán] aparelhan Lapa, Lorenzo Gradín, Lopes   37 escarmentarán] escarmentaran Lapa   38 mejad’an] mesa dan Lapa, Lopes : meia dan Lorenzo Gradín   39 nós] vós Littera   45 sa] e a Lapa   46 anasal] anassal Lorenzo Gradín   47 furad’] furad[o] Lapa, Lopes, Littera   48 trag’ũa] tragu’ũa Lorenzo Gradín   50 estand’] estando Lapa, Lopes, Littera   53 dar] dar[en] Lapa : dar[em] Lopes, Littera   58 per-peideira] ponteira Lapa : peideira Lopes, Littera

Paraphrase


Aquí comeza a xesta de mal dizer que fixo Don Afonso López a Don Meendo e aos seus vasalos.

(I) Estaba Don Belpello nunha súa casa, chamada Longos, de onde todos eles son naturais. Éntralle pola porta Martín de Farazón, co escudo ao colo, no cal estivo pousado un capón porque noutro tempo xa foi pau de galiñeiro; o cabalo é aguzado, parece un furón, e encima del leva un vello selegón, sen estribeiras e coa albarda rachada; non leva loriga nin leva lorigón, nin xeonlleiras, que son de ferro; mais trae o xibón rachado e sen algodón e as cubertas dun vello trapo; lanza de piñeiro e o pendón de pano groso de liño; casco de ferro que non lle asenta ben, e un vello espadón baixo o brazo, coitelo oculto, cinto sen fibela, dúas esporas do pé dereito –que do esquerdo non son–, maza de madeira, que lle pendura do arzón. A Don Belpelho dirixiu estas palabras: «Ai meu señor, así Deus vos perdoe, onde está Joán Aranha, o voso compañeiro e alférez, que vos terma do pendón? Se está aquí, saia desta casa, pois xa os outros todos están en Basto». Eoí!
(II) Neste intre chega Joán de Froián, cabalo vello, vezado e alazán; leva sinais (heráldicos) no arzón de diante –campo verde onde osma no can–, e no escudo os mesmos lle acharán; capa e cinto e calzóns de tecido de Ruán: o seu aspecto semella o dun xigante. Perante Don Belpelho se vai aparellando e di: «Señor, non valeredes un pan se os que están en Basto se vos van así, mais ide contra eles, que non se vos irán, alí os acharedes e han de escarmentar: vingade a casa en que mexaron por vós, que digan todos cantos han vir despois de nós que tal consello o deu Joán de Froián». Eoí! 
(III) Dito isto, chegou Pero Ferreira, cabalo branco, vermello nas feridas das esporas, co escudo ao colo, que antes fora dunha maseira, a súa lanza torta (feita) dunha póla de cerdeira; casco de ferro, co protector do nariz nun lado da cara e furado enriba da moleira; trae unha polaina e unha xeonlleira, vai acaneando moito os estribos. E achou Don Belpelho, que estaba nunha eira, e dixo: «Estades aquí, ai vello arteiro!, que veña Pachacho e Don Roí Cabreira para me daren a min a vangarda, pois xa vos tarda esa xente da Beira: o mordomo e o sobriño de Cheira e Meen Sapo e Don Martín de Meira e Lopo Gato, ese fillo da freira, que non hai entre nós unha mellor lanza peideira». Eoí! 

Métrique


A maioría dos versos presentan 11 sílabas, con certa vacilación que vai desde as 9 até as 13 sílabas. As tiradas I-II son agudas, fronte á terceira, con versos graves, e a separación entre elas está marcada por eoi!, voz oxítona con medida trisilábica.

Encontros vocálicos: 25 e·o·i; 41 e·o·i; 59 e·o·i

Notes


Texte
  • *

    Afonso Lopez de Baian, trobador de antiga e importante liñaxe nobre, satiriza nesta composición un tal Don Belpelho (ou Velpelho?, véxase nota ao v. 1), que segundo aclara a rúbrica explicativa é un sobrenome de Don Meen Rodriguez de Briteiros, cuxo estatus nobiliario fora mellorado recentemente por seu pai, Roi Gomez de Briteiros. Este cabaleiro, pertencente á baixa nobreza, ascendera na escala social servíndose de diversas estratexias nobiliarias, entre as que estaría o rapto de dona Elvira Anes da Maia, que pertencía á poderosa familia dos Maias, unha das cinco familias “fundacionais” do reino, segundo os Livros de Linhagens (véxase UC 148), e, sobre todo, valéndose do apoio ao bando do conde de Boloña, o futuro rei Afonso III, no conflito que o enfrontou ao lexítimo rei, Sancho II de Portugal, o seu irmán. Tras a guerra civil de 1245-1247, que terminou co exilio de Sancho II en Castela, o Briteiros recibiría numerosas prebendas do novo monarca, tanto no que atinxe aos dominios territoriais como aos cargos palatinos. 
    Aínda que a rúbrica sinala que o Briteiros obxecto da sátira é “Don Meendo”, isto é, Meen Rodriguez de Briteiros, primoxénito de Roi Gomez de Briteiros, Oliveira e Ventura (2018: 108, n. 19) cuestionan esta identificación, por canto o sintagma velho de matreira ‘vello astuto’ (v. 51) non parece acaído ao mozo Meen Rodriguez, aínda novo, se a sátira, como se supón, se compuxo arredor de 1247: “consideramos que já que ele [o cantar] teria sido produzido ainda em vida de Rui Gomes e tendo-o como verdadeiro inspirador. Neste contexto, é provável que a rubricação tardia das sátiras e o eco que a composição teve na segunda metade do século XIII, em que o chefe da linhagem era D. Mem Rodrigues, acabasse por a associar a este magnate”. Estes autores subliñan a contradición existente entre Belpelho (“Raposinho”) e o “velho astuto” interpelado por Pero Ferreira, preguntándose se, de ser así, esa contradición non obedecería a unha “adaptação do cantar à alteração verificada na linhagem dos Briteiros com a morte de D. Rui Gomes e a afirmação do primogénito D. Mem Rodrigues”, apostilando que “seria natural que esta passagem de testemunho pudesse provocar un leve arranjo de modo a manter a actualidade da «gesta de maldizer» mesmo após a morte do visado” (Oliveira & Ventura 2018: 110, n. 24).
    Sexa como for, o autor preséntanos o novo aristócrata nun dos momentos máis solemnes para un señor feudal: o intre de pasar revista ás súas tropas en alarde. E para iso toma como modelo as descricións que se fan nos cantares de xesta dos nobres exércitos prestos para entraren na lide. Afonso Lopez de Baian realiza, pois, unha parodia dos cantares de xesta, empregando na súa composición as tiradas irregulares de versos monorrimos características daqueles cantares épicos. A inadecuación ou contraste entre a forma poética elixida, propia do heroico xénero épico −coas súas solemnes pausas na cesura do verso− e a materia descrita −a caricatura de exército que acompaña a Don Belpelho−, xunto co propio alcume –tanto polas connotacións negativas do termo 'raposo', como polo carácter depreciativo do sufixo–, elevan a parodia ao seu máis alto nivel. A inversión é total: todo aquilo que representa os ideais máis elevados da nobreza feudal é presentado aquí dunha forma absolutamente vulgar e ridícula. Os homes do novo señor teñen que improvisar as armas botando man daquilo que tiñan máis á man: así, para os escudos sérvense dun pau dun galiñeiro ou dunha maseira; unha eira onde se mallaba o cereal é reconvertida en patio de armas, usan coitelo en lugar de espada, montan cabalos fracos e cazurros e visten teas rotas e viles, lonxe de calquera esplendor cabaleiresco, por non montar as súas deficientes armaduras e os arreos dos seus cabalos... Os numerosos galicismos ou pseudogalicismos empregados no texto, as rimas en -on e en -an frecuentes na épica francesa e, sobre todo, a exclamación Eoi! inserida no final de cada laisse ou tirada contribúen a facer máis efectiva a parodia. A composición demostra non só que Afonso Lopez de Baian coñecía a épica francesa, mais tamén presupoñía o seu coñecemento por parte do público a que ía destinada a súa parodia, pois só así podería apreciar a súa verdadeira dimensión e deleitarse con algúns detalles como o xa aludido da exclamación Eoi, ou as palabras que no final de cada tirada dirixen os bravos e ardidos cabaleiros que se achegan ao seu señor, desexosos de entraren en batalla, ou o propio alcume escollido para o personaxe, pois, como fai notar Pilar Lorenzo (1994: 709), «tanto el sustantivo como su derivado verbal goupillier, son introducidos en varios cantares de gesta franceses con el significado de 'mostrarse cobarde', 'huir como el zorro'».
    En calquera caso, e como sinala Lorenzo Gradín, tras repasar as hipóteses formuladas pola crítica, “cabe señalar que la invectiva se integra en el marco de una coyuntura política más amplia, causada en gran medida por el malestar que que despierta en los viejos linajes la concesión de privilegios políticos, jurídicos y económicos a unha nueva nobleza protegida desde la corte y que, sin duda, desbanca de los puestos curiales a las familias de vieja raigambre (2008a: 183).

  • 1

    A forma sedia no inicio deste verso é controvertida, pois procede dunha emenda da lección <Seria> de BV (o mesmo ocorre no íncipit da cantiga UC 848, de Meendinho: Sedia-m’eu na ermida de San Simion (B852, V438). De igual forma, a partir de Carolina Michaëlis de Vasconcelos (1904: II, 889; 1924: 23) semella consolidarse tal corrección lingüística que acomoda a expresión e condí co carácter de ambos os textos, cantiga de amigo e escarnio cun ton paródico (e “arcaizante”).
    Deste modo, consolídase a aparición de sedia que, así, vén sumarse á outra documentación certa existente desta forma verbal no corpus trobadoresco profano (Estevan Coelho, 735, vv. 1, 4):

    Sedia la fremosa seu sirgo torcendo,
    sa voz manselinha fremoso dizendo
    cantigas d’amigo.

    Sedia la fremosa seu sirgo lavrando,
    sa voz manselinha fremoso cantando
    cantigas [d’amigo].

    Contra a proposta michaëliana, Álvarez & Monteagudo (1998) realizan un achegamento a esta forma na cantiga de Meendinho e defenden profusamente a necesidade dunha emenda de <Seria> en prol de Seia, forma trisilábica descendente de sedebam que conta con algunha documentación nas Cantigas de Santa Maria. A emenda dos autores composteláns foi tamén aceptada e novamente defendida por parte da editora de Afonso Lopez de Baian (Lorenzo Gradín 2008a: 196-197).
    Porén, a única forma utilizada nas cantigas profanas é siia(n), con sete ocorrencias (véxase UC/Glosario, s.v. seer), para alén do feito de se documentar con certeza o erro <d>/<r> ao longo dos apógrafos italianos: Arruda <arrura> B, <arruda> (1323.13), alcaide <Al cayre> B, <al caude> V (1497.38)...
    Canto ao alcume Belpelho, cómpre, en primeiro lugar, sinalar o indicio de vacilación <b>/<v> que se acha na documentación deste antropónimo, pois rexístrase <velpelho> en V (1489.1), en face dos sistemáticos <belpelho> ~ <bel pelho> de BV nas restantes aparicións do nome (1489.1, 19 e 50; 1491.2). Na realidade, Belpelho (ou Velpelho) responde a *vŭlpecŭlum, diminutivo de vulpem ‘raposo’, cun eventual xogo (ou influencia) con bel(o). En calquera caso, cunha equivalencia acústica que se acha en máis vocábulos (véxase Ferreiro 1999: §54d), e para alén de numerosos topónimos xa medievais con esta base (véxase, no CGPA, Golpelaas, Golpellaas, Golpeleyra, Golpeleyros, Golpellas, Golpellaas, Golpellães, Golpellãas, Golpelleyras), golpello atéstase tamén como antropónimo (Roy Perez Golpelo, en 1261, cfr. CGPA) e como nome común nas Cantigas de Santa Maria:

                             ...; e el coseu os panos
    mui ben con aqueles fios e encobriu os danos,
    a pesar do dem’astroso que é peor que golpello (CSM 273.53).

    A forma feminina comparece na expresión proverbial Nõ sabe golpella con quen trebella, que se rexistra na Crónica Geral Galega e mais na Crónica Geral d’Espanha de 1344.
    Repárese, por outra banda, no directo galicismo maison ‘casa’, que reaparece no v. 23 (para alén de 1415.31), presente, ademais, nas Cantigas de Santa Maria:

    e por aver ssa raçon
    foi u as bestias metudas
    eran, que ena maison
    foran dadas ou vendudas (CSM 31.60).

    Tanto o nome atribuído ao personaxe satirizado como o lugar en que este se acha (cfr. E achou Belpelho estand’en ũa eira, v. 50) constitúen dous elementos clave na sátira, reducindo o personaxe a un vello raposo (astuto ou covarde?) e a un ambiente rudo. Este elemento marca o punto de partida da sátira do “antinobre”: cabalos (e os seus cabaleiros), escudos, armas, vestimenta, arreos das monturas son obxecto dunha descrición tan ridícula como degradante e humorística.

  • 2

    Longos parece facer referencia á freguesía de Santa Cristina de Longos (Guimarães), topónimo que empregaron como apelido os antepasados dos Briteiros nun tempo en que eran vasalos dos Sousas e ocupaban un lugar secundario no seo da pirámide nobiliaria portuguesa (na nobreza do Entre-Douro-e-Minho). A comezos do século XIII os “de Longos” pasarían a denominarse “de Briteiros”, nun momento, precisamente, en que a liñaxe consolidaría a súa expansión para  outras áreas de poder e influencia. A mención, polo tanto, parece aludir á orixe xeográfica concreta da liñaxe dos Briteiros á par que conecta coa vontade de destacar as súas orixes rurais e humildes. Véxase ao respecto Lorenzo Gradin (2008 : 184 e 199).

  • 3

    Martin de Farazon é un personaxe que cómpre identificar con Martim de Frazão, vasalo de Meen Rodriguez de Briteiros, ao igual que Pero Ferreira, tamén mencionado na cantiga, o que demostra o coñecemento do trabador respecto das redes clientelares da familia dos Briteiros, ao mesmo tempo que emprega nomes reais para reforzar a comicidade e verosimilitude. As Inquirições de D. Denis mostran que adquirira propiedades, ao igual que o citado Pero Ferreira, en Penamaior (Paços de Ferreira) durante o reinado de Afonso III. Véxanse Lorenzo Gradín (2008: 199-200), Marcenaro & González (2024: s.v. Martin de Farazon), e Oliveira & Ventura (2018: 112).

  • 4

    Tal como acontece na maioría das aparicións nas cantigas profanas, colo (tamén no v. 44) aínda significa ‘pescozo’ (383.23, 456.8, 1512.14), onde os cabaleiros penduraban o escudo para entraren en combate.
    Do punto de vista morfolóxico, sev(e) supón a existencia e uso das formas derivadas de sedere nos tempos de pretérito, descendentes do lat. sedui, sedueram, seduissem e seduero, por máis que no corpus das cantigas profanas só se atesten as formas sive (1106.15) e mais sevi (1493.18), seve (574.14-15, 1558.1 e 13) e sevesse (628.9), moi minoritarias con relación a fui, foi, fosse.

  • 4-5

    Nótese como no proceso depreciativo da liñaxe rural de Don Belpelho e dos seus vasalos, o texto indica que o escudo funcionou como poleiro noutros tempos.

  • 6

    Corominas considera que o foron desta pasaxe e mais de UC 1575 se corresponde co ant. cast. faron, a forma antecedente de haragán, que inicialmente “se aplicaba al caballo o bestia que se niega a andar”, e que nestas dúas cantigas sería forma contaminada con furón (véxase Corominas & Pascual 1981-1991, s.v. haragán). Porén, as tres atestacións de foron nas cantigas profanas remiten, na nosa opinión, ao animal empregado para cazar coellos, xa que a forma aguzada (aguda) do seu fociño é o que se atribúe ao cabalo de que falan Lopez de Baian e Soarez de Quinhones, ben como á muller animalescamente descrita por Pero de Viviaez (UC 1631) (véxase Corominas & Pascual 1981-1991, s.v. haragán). 
    Tal como se indica en Corominas (ib.: s.v. hurón), furón procede do lat. tardío furōnem, de fūr ‘ladrón’, de modo que foron semella voz con asimilación vocálica na vogal pretónica.

  • 7

    A voz selegon, aumentativo de sela, conleva valor despectivo pola formación masculina sobre un nome feminino (cfr. nadigon, co mesmo ton pexorativo, en 1352 e 1360). Para alén da gesta de mal dizer, selegon só é utilizado por Lopo Lias (1358.17, 1362.4, 1365.2, 1366.27).

  • 8

    A voz estrebeira(s) ~ estribeira(s) atéstase en diversas obras medievais, e moi especialmente no Livro de Bem Cavalgar Toda Sela (véxase CGPA, s.v.).
    No contexto, o bardon (que aparece tamén en 1575.9), refírese á albarda ou especie de albarda que se coloca debaixo da sela; neste caso, alude a unha parte constituínte do propio selegón, que faría as veces de albarda, e que estaría roto. O bardon é repetidamente citado no Livro de Bem Cavalgar Toda Sela; eis un único exemplo:

    Quynto, cavalgar sem estrebeiras em bardõões, ou todo em ousso. E aquestes tẽẽ toda sua meestria no apertar das pernas, e teersse dereito (cfr. CGPA, ed. J. Piel).

    Porén, á vista do contexto e da presenza do selegon (v. 7), con José Luís Rodríguez (1999: 633) podemos preguntarnos: «Será “bardom” simples aumentativo-pejorativo de barda que consistia numha armadura formada de folhas de ferro para cobrir o cavalo, ou só para o seu peito?».

  • 9

    O verbo portar ‘levar’, que só se rexistra nesta composición (véxase tamén v. 28) debe de ser un préstamo galo-románico (cfr. fr. porter), acorde con outros moitos galicismos do texto, que contrastan co macizo uso de (a)portar ‘chegar ao porto’ da produción medieval. Véxase, tamén, o v. 28, onde reaparece o galicismo, a carón de avan 'diante' (sinaes porta eno arçon d’avan).

  • 11

    A forma palatalizada trax (tamén en 429.24, 540.7, 548.1, 1342.4) convive con traz, por súa vez forma concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (< *tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). A forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, ed. Ferro Couselo). Canto á palatalización, é o único caso en que se produce unha evolución -z > -x, para alén do nome propio importado Beatrix (véxase nota a 988.21), xa que a variante fix (= fiz) só se rexistra nun dos dous manuscritos en 361.3 (V vs. B) e 1031.15 (B vs. V). Véxase nota a 74.13.

  • 12

    A voz zarelhon ‘pano groso e basto’ é aumentativo de zarelho, documentado nas Cantigas de Santa Maria:

    E pero ora non tenno pera dar y offerenda,
    coserei aquestes panos daquest’altar sen contenda,
    se pode achar agulla ou fios ou quen mios venda,
    pois que malparado vejo jazer aqueste zarello (CSM 273.28).

  • 13

    A forma pinho (tamén en 587.3 e 9) contrasta con pino (< pinum), forma con manutención de -n- intervocálico que pertence ao grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (véxase tamén 922.2 e 7), ambas formas a concorreren coa forma xeral pinheiro (< pinarium) na lingua medieval, con diversas grafías (pineiro ~ pineyro, pinheiro etc., véxase CGPA, s.v.). Porén, a forma pinho tiña de ser minoritaria, pois só achamos unha ocorrencia no Livro de Montaria: 

    ca nós vimos assi acontescer muytas vezes aos monteyros de tragerem as varas das azcumas de pinhos d-Alemanha e justavam con o porco (cfr. CGPA, ed. A. de Almeida Calado). 

    E igualmente acontece con pino, documentada unha única vez na Geral Estoria (CGPA, ed. Martínez López):

    Et hũ dia vyña de mõte Liçeo et vyoa hũ deus que avia nome Pam -et dizẽ os autores que aeste chamauã os gentijs deus das cabras -, et este tragia ẽna cabeça hũa grilanda de pyno, et começou afalar aSyringa et dizerlle suas [palauras] de donear, et sobrelas quelle avia ditas quedauã moytas outras por dizer.

    O bragal era un tipo de pano groseiro, de liño, tamén “utilizado en calidade de moeda de cambio” (Varela Sieiro 2003: 325).

  • 14

    Chapel constitúe un galicismo (García-Sabell 1990: 107), que contrasta con capelo (v. 46), evolución regular do lat. cappellum. Do mesmo modo, en face de capelina (talvez do prov.), forma documentada con frecuencia na lingua medieval (véxase CGPA, s.v. capelina ~ capellina), tamén hai dous rexistros de chapelina (cfr. CGPA, s.v.): 

    Et desi, quando as azes forõ paradas, aquel caualeyro, ayo del rrey, deytou o escudo et a loriga et a chapellina et todaslas outras armas, senõ a espada et a lãça que leuou (Crónica Geral Galega, ed. R. Lorenzo).

    It mando a meu yrmao aluar rrodriguez o meu cambays que de min ten Johan rrodriguez criado de doña Maria rrodriguez. et as gorgueyras et chapellina (doc. 1348, ed. López Ferreiro).

  • 15

    O participio sobarcado ‘recollido ou posto baixo do brazo’, do verbo sobarcar, é voz que só atestamos en Martin Soarez:

    Con alguen é ‘qui Lopo desfiado,
    a meu cuidar, ca lhi viron trager
    un citolon mui grande sobarcado
    con que el sol muito mal a fazer (1382.3).

    Con todo, o verbo é dicionarizado por Jerónimo Cardoso: Sobarcar, ou leuar debayxo do braço (cfr. CLP, s.v. sobarcar). Talvez a súa desaparición da lingua se debese á rápida confusión co verbo sobraçar, co mesmo significado, e con diversas atestacións xa desde a Idade Media, tanto nas cantigas profanas (cfr. e sobraçou o manto, 1638.5) como na prosa: no CGPA son recollidas diversas ocorrencias na tradución da Crónica Geral Galega e mais na Crónica Geral de Espanha de 1344, así como na Crónica de D. Pedro de Meneses. Ambas formas deben proceder de *sŭb-bracchiāre (véxase Lorenzo 1977: II, s.v. sobraçar), probabelmente con cruzamentos diversos (véxase Corominas & Pascual 1981-1991, s.v. abarcar.
    No relativo ao aumentativo, con valor despectivo, espadarron, comparece nas Cantigas de Santa Maria, con este mesmo valor:

    A oraçon acabada, colleu en ssi grand’esforço e foi aa bescha logo
    e deu-ll’hũa espadada con seu espadarron vello, que a tallou per meogo,
    assi que en duas partes lle fendeu o coraçon (CSM 189.17).

    Rexístrase tamén no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1993: IV, 326):

    Tereis de sô o colcham
    jibam e calças de malha,
    casco, luvas, burquelam,
    punhal e espadarram.

  • 16

    A diverxente lección dos manuscritos de B (<cuytel cachao>) e V (<cuyte lacachas>) deu lugar, tamén, a fixacións diverxentes do texto. 
    Lapa estabeleceu cuitel cachado, coa seguinte explicación: “Aqui cachas não deve significar «as duas saliências laterais do punho»; a preposição a não abona este sentido. Temos por mais provável que a cachas ou cachado provêm doutro étimo (CAPPELLARE?), a que correspondem os termos cachado, encachado = vestido, enroupado. Aqui cachado significaria, depreciativamente, «metido na bainha»”. Por súa parte, Lopes (e Littera, dubitativa no significado) atribúe a cuitel cachado o valor de ‘punhal rachado (de escachado, partido)’. E espráiase na súa xustificación: “A expressão tem dado azo a discussão. Vários editores preferiram a lição de V cuitel a cachas, sem, no entanto, fornecerem uma explicação cabal para ela («em cachas» significa «escondido», o que não parece fazer sentido aqui). Pela minha parte, creio que a lição de Lapa, que retomo, é a correcta, mas não a sua explicação (cachado significaria «metido na bainha», explicação que adianta a título conjectural, talvez pensando numa etimologia a partir de cacher). De facto, o termo «escachado» (...) é definido, tanto em dicionários galegos, como portugueses; vide, nomeadamente, o dicionário Morais. «escachar – partir ao meio, rachar». É, aliás, este o sentido que melhor se enquadra no contexto”.
    Finalmente, Lorenzo Gradín, após recoller e comentar as opcións editoriais anteriores, acolle a lección de V: “Por nuestra parte, preferimos seguir la lección enviada por V, toda vez que el sustantivo cachas existía en la época de producción del texto para indicar la parte de la cadera próxima a las nalgas” (2008: 207). E como apoio para esta acepción (‘nádegas’), a editora santiaguesa aduce un texto das Cantigas de Santa Maria, onde, na realidade, cachas indica “saliências no punho duma faca”, tal como Mettmann (1959-1972: IV, s.v.) estabelece xustamente no seu glosario :

    Ca u meteu un cuitelo no feijoo por provar
    a come lle saberia, pela boca o chantar 
    foi ben ate enas cachas, que o non pod’en tirar,
    ca lle passou as queixadas mais dun palm’e hũa mão (CSM 157.22).

    Pola nosa parte, consideramos que, con efecto, a lección certa é a de V, entre outras razóns para xustificar a crase da vogal final de cuitelo (cuitel’a cachas), que todos os editores anteriores fixan como unha anómala e inexistente forma apocopada cuitel. Por outra banda, a cachas presenta un formato de locución adverbial similar e equivalente a de cachas: Fora de cachas encarregado (1372.12). Ambas as dúas expresións presentan o sentido de ‘ocultamente’, isto é, ‘cuitelo oculto’, con base en cachar ‘ocultar, esconder...’, do fr. cacher, procedente do lat. *coacticāre, do lat. clássico coactāre, ‘comprimir’ (Machado 1967, s.v. cachar). A lexicografía histórica portuguesa recolle profusamente cacha, cachado e cachar neste sentido: cacha ‘ficção, dissimulação, engano’; cachado ‘coberto, ou occulto’; cachar ‘usar de ardis, fazer finta’ (Silva 1789, s.v.); cacha ‘Acto que se faz a occultas; acto dissimulado; fingimento’; cachar ‘facer cacha’ (Vieira 1871-1874, s.v.); Cacha, P. us. Aquilo que se pratica às agachadas. Dissimulação. Ardil. Trapaça. Logro; Cachar. v. i. Desus. Praticar ocultamente um acto. v. t. Esconder, tapar (Figueiredo 1978, s.v.).
    Nótese, ademais, o aparente paralelismo formal (e talvez semántico) entre cuitel’a cachas e cuitel’a engano, que se documenta nas Cantigas de Santa Maria:

    Poren tan gran dano
    lle fez que a ouvera de matar;
    ca lle deu con un cuitel’a engano
    en tal logar, que vergonna me faz (CSM 105.60).

    Cinta era a forma xeral na Idade Media, pois no CGPA só constan dous rexistros desta forma masculina (alén doutro nos Foros de Castelo Rodrigo):

    E levantou-sse do jogo e foi travar mui correndo
    log[o] en hũa baesta que andava y vendendo
    un corredor con seu cinto e con coldre, com’aprendo,
    todo cheo de saetas; ... (CSM 154.18).

    A outra ocorrencia é máis tardía, no Orto do Esposo (CGPA, ed. B. Maler):  

    O seu leito era en tauoas nuas ou sobre gredizellas, uestido em celicios e cinto con cadea de ferro ou con cinta de ferro. 

    Nestas mesmas obras é dominante a forma feminina; eis só unha mostra:

    mais ant’ela foi leixar
    chaves, que tragia
    na cinta, ant’o altar
    da en que criya (CSM 94.37).

    E no Orto do Esposo: 

    Aly viuya elle de uestiduras muy asperas, fectas de cabellos de caualos, retrucidas cõ muytos noos, e tragia a carõ da carnẽ hũa cadea de ferro e hũa cinta de ferro aas uegadas. O seu leito era en tauoas nuas ou sobre gredizellas, uestido em celicios e cinto con cadea de ferro ou con cinta de ferro.

    Probabelmente farcilhon ‘fibela’ sexa un galicismo, do fr. ant. hardillon (fr. mod. ardillon).

  • 17

    O texto aínda presenta a localización destra (< dĕxtram) e seestra (<sĭnĭstram), voz esta que foi substituída progresivamente por esquerda atendendo a razóns eufemísticas. Foi un proceso progresivo que se manifesta na aparición crecente de esquerdo/a na lingua medieval, aínda minoritario (véxase CGPA, s.v.). En calquera caso, aínda que arredor de 1500 existen uns poucos exemplos (véxase CdP, s.v.), no Corpus Galego-Portugués Antigo a derradeira ocorrencia rexístrase no Tratado de Confissom (1489, ed. J. Barbosa Machado): Quẽ te quiser ferir na parte deestra paralhe tu a seestra.

  • 18

    En face de madeira, forma xa xeral na Idade Media, fuste é voz escasa no período medieval (15 ocorrencias no CGPA), embora se documente en todo tipo de textos, xa desde as Cantigas de Santa Maria:

    E por esto lle fezera de fust’, en que a guardava,
    hũa arca mui ben feita, e dentro a enserrava
    porque mal non recebesse, ... (CSM 354.20).

    Nótese, en calquera caso, que a maza era de madeira, non de ferro.

  • 21

    Joan Aranha é un dos cabaleiros vinculados á facción dos Briteiros, que conta coa particularidade de ser identificado na cantiga co cargo de alférez. Na documentación medieval portuguesa figura este personaxe histórico (ou un homónimo da mesma familia) desde 1288, situándoo nos julgados de Prado e Penela, en Braga e Ponte da Lima. Precisamente, arredor de 1311 Gonçalo, Fernando e un Joan Aranha aparecen como vasalos de Joan Rodriguez de Briteiros. Véxase Oliveira & Ventura (2018: 113), e Marcenaro & González (2024: s.v. Johan Aranha).

    A concorrer con companheiro, companhon é un galicismo relativamente frecuente na poesía medieval (véxase tamén 989.3 e 8), con diversos rexistros nas Cantigas de Santa Maria (CSM 14.29, 85.69, 106.29 e 42, 243.15, 284.28, 297.37, 411.117...), en xeral na súa forma singular (sobre companhões ‘testítulos’, véxase nota a 493.16).
    Na prosa é forma ben escasa, pois só a achamos na Primeira Partida (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira):

    E out(ro)ssy o [que] cãtar a missa nõ na deue diz(er) soo, ant(e) deue a au(er) (con)sigo hũũ conpanhom ao meos q(ue) o aiude a dizela (...) Ley XVIIIa q(ue) onrras ouuerõ os rreys d’Espanha d’antigujdade en feito dos p(re)lados e por q(ue) rrazõ Antigam(ẽ)t(e) custume foy d’Espãha e durou todo ssenp(re) e durará, que quando morrer o bispo dalgũũ logar q(ue) o ffazẽ sab(e)r os conigoos a el rrey p(er) se(us) cõpanhões da jg(re)ia p(er) c(ar)ta do dayã e do cabidoo de como he passado sseu p(re)lado. 

    Tamén na Crónica de D. João I de Fernão Lopes (CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto): 

    Em verdade, disse Nuno Fernamdez Cogominho, vos o comsselhaees mui bem! Seermos aqui oiteemta de cavallo bem corregidos, e Gill Fernamdez nom tem alli mais de çimquoemta, e todos ladrom e seu companhom.

  • 24

    Basto designa unha antiga circunscrición territorial do norte de Portugal, situada na contorna das actuais Cabeceiras e Celorico de Basto. Fronte a Longos, que facía referencia ás orixes familiares dos Briteiros, neste caso representa un espazo do seu poder político e militar efectivo. De feito, en 1258 os fillos de Rui Gomez de Briteiros, especialmente D. Meen Rodriguez, tiñan unha parte importante do seu patrimonio no julgado de Cabeceiras de Basto. Véxanse Marcenaro & González (2024: s.v. Basto), e Oliveira & Ventura (2018).

  • 25

    A exclamación Eoi! (con acentuación oxítona) que remata cada unha das tres partes da composición (24 + 15 + 17) incide no seu carácter paródico dos textos épicos franceses (gesta de mal dizer, di a rúbrica), que explica o alto número de galicismos do texto. A exclamación ten de ser unha adaptación do Aoi! que o manuscrito de Oxford da Chanson de Roland presenta ao final de cada unha das laisses ou tiradas de versos (repetido 172 veces). Tal como afirma Menéndez Pidal (1963: 176-177), a interxección (oxítona) é, probabelmente, de orixe xermánica (ahoi!) na épica francesa, adaptada agora por Lopez de Baian cunha mudanza fonética a > e explicábel pola influencia de /i/, vogal palatal tónica. 

  • 26

    Joan de Froian poderia identificarse cun homónimo documentado en 1258 en Modelos e Penamaior como propietario dunha quinta, unha xeografía asociada a outro dos vasalos dos Briteiros, o xa citado Martin de Farazon. Véxanse Oliveira & Ventura (2018: 113), e Marcenaro & González (2024: s.v. Johan de Froian).

  • 27

    O adxectivo caçurro ‘cazurro, desconfiado’ tamén se atesta en Airas Veaz, aplicado de igual modo a unha cabalaría (un metafórico muu):

    [e] é caçurr’e vejo que rabeja
    e ten espunlha de carne sobeja (427.12).

    Fóra do corpus trobadoresco, aparece como alcume nun documento de 1262 (Johan Fernan dito Caçurro, véxase CGPA, ed. Martínez Salazar); rexístrase, outrosí, no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro: 

    E este Paai Anes Marinho foi casado com dona Moor Fernandez Churrochãa, que chamarom a Caçurra (Mattoso 1980: II/2, 170). 

    De todos os xeitos, Corominas recolle o valor antigo (en castelán) de ‘falso, coceador’ aplicado a cabalarías.
    O termo alazan (un arabismo talvez chegado a través do castelán) é lectura firme dos manuscritos (a confusión <x>/<z> de B é moi frecuente neste códice), feito que invalida a proposta alaxam de Lopes e Littera, por mais que se tente xustificar cunha imposíbel relación con lijon e aleijar: “o termo deverá corresponder ao actual «aleijão (aleijado)», que nas Cantigas de Sta. Maria aparece sob a forma lijom; mas poderá também ser uma forma popular para o adjectivo proveniente de alexia (cegueira)”. E continúa: “A minha leitura segue B; não é credível a lição de V alazam, dada a descrição do cavalo que é feita. Lapa manteve-a, no entanto, à falta de melhor”.
    No período medieval achamos escasas ocorrencias de alazan. Así, no Livro d’Alveitaria do Mestre Giraldo: 

    E o cauallo vall mais por ser frontinho e alazam dũa perna ou de duas (Pereira 1909: 16).

    Ademais, reitérase a súa aparición no Livro de Montaria, adxectivo referido aos cans (cfr. CGPA, ed. A. de Almeida Calado): 

    E ainda outros sinaaes que os caães ham, assi como malhados e colleirados, e estas colores que non som das que dissemos que eram seys, non son proprias per si porque esta color varzina sempre he mesturada d-amarello e de preto e os pardos son mesturados de branco e de preto e os grises son mesturados d-azur e de preto e os alazaães d-amarelo e vermelho e preto. (...) E assi dos varzinos, que quanto mais toma da collor amarella que da preta tanto melhor he, e assi das outras, ca da collor alazam non fallamos, ca todollos monteyros a teem por maa. 

    Porén, na Crónica do Conde D. Pedro de Meneses parece existir unha variante anazan: 

    O seu capitã, que hera Mulley Bucar, amdava ẽ hu cavallo anazã, com hũa barreta guarneçida de ouro na cabeça τ hũ pellote de velludo azeytony, cõ hũa agumia allta na maão, avivando os seus com vozes alltas τ de gramde esforço (CGPA, ed. Brocardo).

    A editora de Afonso Lopez de Baian analiza con acuteza a cuestión da cor nos cabalos (véxase 2008: 211-215) e acha indicios (indirectos) da posibilidade de alazán ter tamén valor pexorativo (en liña con velho e caçurro): nunha tradución castelá do catalán Llibre de menescalia, o autor “especifica (...) que el rocín alazan, aunque es rápido, «ay tambien peligro de ser muleros e en batalla no muy venturosos». Por lo tanto, a la luz de esta cita, se puede concluir que la cabalgadura de Johan de Froian estaba lejos de ser la adecuada para un guerrero que debía afrontar de inmediato la lucha armada, ya que el rocín, además de ser viejo y coceador, se comportaba de manera cerril” (Lorenzo Gradín 2008a: 214-215).

  • 28

    Os sinaes son os emblemas do brasón ou escudo.
    Por outra parte, os galicismos volven acumularse nese verso, co verbo portar (véxase nota ao v. 9) e a través da palabra rimante avan (fr. avant) ‘antes, diante, anterior’.

  • 29

    Perante o texto unánime de BV (<Cāpo uerde uinq̄yreo cā> B, <campo uerde uin q̄yreo cā> V), adoptamos a lectura tradicional e tamén case unánime de todas as edicións, procedente da proposta por Michaëlis en 1924 (campo verde u inquire o can), da cal se afasta Lopes e Littera. O verso foi interpretado por Horrent, como refire Lapa: «O seu sentido seria, no dizer de Horrent, “champ de sinople au chien quiétant”». E Lopes –que edita campo verde junqueir’e o can–, refírese «aos sinais heráldicos que o cavaleiro trazia na parte anterior». Posteriormente, en Littera foi modificada a forma verbal inquire para inqueire, variante non atestada na lingua na P3 do presente de indicativo de inquirir, por máis que no presente de subxuntivo existan ocorrencias coa presenza de iode: 

    E escoldrinhem os sabedores e ẽqueyram pera saber as altas cousas do ceeo e as anchezas da terra e as cousas profundas do mar, e desputẽ de cada hũas destas cousas e trautẽ perfectamente de todas, aprendam senpre ou ẽsinẽ, que auerã desta ocupaçom sẽnõ trabalho que acharõ e aflicçom do spiritu? (Orto do Esposo; CGPA, ed. B. Maler).

    Ouve que diz o apostollo: Todos aquelles que em campo pellejam, de todas cousas se austeem. Emqueiramos de quaaes todos, pera podermos receber enssynança da pelleja spiritual per contemplaçom da carnal (Leal Conselheiro; CGPA, ed. J. Piel).

    Tal proposta é explicada na versión do Projeto Littera en liña, que reitera a intención caricatural de Baian: «Na leitura proposta, conjetural, as armas seriam: em campo verde, um cão a farejar. Outra possibilidade de leitura seria: junqueir’e o cam (juncos e um cão). Trata-se, em qualquer caso, de uma caricatura dos sinais heráldicos deste vassalo dos Briteiros, cujo sentido negativo se apoia claramente no termo "cão"».
    De todos os modos, é certo que a lección <uinq̄yre> B, <uin q̄yre> V  leva para unha transcrición inqueire que, no caso de ser forma certa, tería de constituír unha variante morfolóxica na conxugación de inquirir inducida pola P1 *inqueiro.
    Por outra parte, o texto en BV aínda permite a alternativa editorial presente en Lopes (campo verde junqueir’e o can), en que junqueiro podería ser interpretado como un adxectivo derivado de junco (isto é, ‘campo verde con xuncos’), embora tal voz non mostre ocorrencias de ningún tipo na lingua común (cfr. o substantivo xunqueira, utilizado na lingua moderna, para alén do topónimo Xunqueiro).

  • 31

    O cerame é unha especie de capa, de orixe mozárabe, con capucha e aberta por diante (véxase Varela Sieiro 2003: 116-118; Rodríguez Parada 2019, s.v. cerame). Nas cantigas presenta tamén as variantes cerome e ceramen, ambas as dúas presentes nun escarnio de Pero Meendiz da Fonseca (UC 1610, vv. 2 e 8), embora na prosa, sendo dominante cerame (con variantes gráficas: çerame, scerame), achemos outras solucións: çurame ~ curame, çeram, zerame (véxase CGPA, s.v.).
    Roan refírese á cidade francesa de Rouen, na Normandía, un centro téxtil onde se fabricaban diversos tipos de panos (véxase VCM, s.v. Ruan).

  • 32

    A carón de gigante ~ giganto, na produción literaria medieval tamén se rexistra o galicismo jaian (cfr. fr. géant, ant. jaiant) en diversas obras (véxase CGPA, s.v.). Así, alén de Castelo de Jaiam e Torre do Jaiam, aparece tamén como substantivo común:

    Aquel dia que vos eu digo, aveeo que adusserom cavaleiros aa corte ũa mui fremosa donzela, filha de ũũ jaiam que aquel dia matarom em ũa montanha e, quando a derom a el-rei, preguntarom-na se queria seer cristãã e que lhe dariam terra rica e bõõ cavaleiro por marido (Demanda do Santo Graal, ed. I. Freire Nunes).

    et Eufremos de Lançonja et Copesus, que era tã grande cõmo hũ jayán (...) Et era grande cõmo hũ jayám, et auj́a tã gram força que era hũa grã marauilla (...) Et pois esto ouuo dito, el rrey Ayas tomouo perlo braço muy rrégeament, ca era forte et ualente cõmo hũ jayám (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).

    Quando Nascião vio que escapara do jaiam, tornou se à espada quebrada e comemçou a de oulhar (Estória do Santo Graal; Miranda 2016: 194).

  • 33

    A rima en -an esixe e favorece o galicismo aparelhán ‘aparellando’, condicionado pola terminación -ant do xerundio en francés.

  • 38

    En face doutras solucións que implican unha alteración dos manuscritos, tales como onde vos mesa dan (Lapa, Lopes) ou onde vos me[n]ja[r] dan (Lorenzo Gradín, na versión de 1994), consideramos que o carácter paródico do texto permite manter unha lección que se axusta á literalidade dos manuscritos, proposta xa por Arias Freixedo (2003: 323): onde vos mejad’an. Como todo na cantiga, tamén a causa da reunión das tropas de Don Belpelho estaría nos antípodas das nobres causas dos poemas épicos. Máis recentemente, na edición do cancioneiro de Afonso Lopez de Baian Lorenzo Gradín propuxo outra interpretación, que se axusta ao texto manuscrito (onde vos meia dan) e que aludiría a un presumíbel agravio no pagamento das rendas que lle corresponderían.

  • 42

    Nas cantigas profanas, a partícula perfectiva per- aparece, de regra, anteposta a formas verbais, e esporadicamente tamén con substantivos e adverbios (véxase UC/Glosario, s.v. per-). No presente verso, é utilizada cunha forma de participio (per-dito), tal como en 494.43 (per-retraudo) e 609.23 (per-jurada).
    Pero Ferreira, outro dos cabaleiros vasalos dos Briteiros, podería identificarse, a partir das Inquirições e a pesar dalgunhas reservas, co Pero Gonçalvez Ferreira documentado en 1258 no julgado da Maia, concretamente en Parafita, Mindelo e Lamela, e co responsábel, xunto a Martim Frazão, dalgunhas apropiacións dos tributos reais en Penamaior. Véxanse Oliveira & Ventura (2018: 113-114), e Marcenaro & González (2024: s.v. Pero Ferreira).

  • 43

    Desde a edición de Lapa, que indicou que “[o] termo peteira significará talvez «focinho»”, esta foi a opción semántica predominante en todas as edicións, mesmo na edición crítica asinada por Lorenzo Gradín, que pondera coidadosamente diversas posibilidades, para finalmente seguir a dirección lapiana1 . É certo que peteiro ‘fociño, bico’ é aínda voz común na lingua moderna, mais só na forma masculina, pois o feminino peteira nada ten a ver con este significado (véxanse os diversos rexistros do Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués, RILG, s.v. peteiro, peteira).
    É por isto que acudimos á única atestación de peteira na produción medieval, que se acha no Livro de Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela de D. Duarte: 

    No feryr das sporas fallecem per sobegidõõe e mynguamento, nom guardando tempos ou maneira razoada. E ssobejando fallecem, se a besta vay de passo, per pouco saber e maao custume que algũũs tẽẽ: sempre as vãão feryndo, fazendo peteiras (Piel 1986: 128).

    O editor do texto, Joseph Piel móstrase dubitativo no relativo ao seu significado: “feridas provocadas pelas esporas? Ou corresponderá êste termo ao esp. petera «terquedad y rabieta de los niños temosos [sic]»?”. Efectivamente, ‘ferida provocada polas esporas’ é o significado (talvez derivado de petar) que convén aos dous textos, tanto ao de D. Pedro como ao de Baian, pois está a describir un cabalo ruín, lento, que sen dúbida presentará feridas por ser excesivamente esporeado por mor da lentitude no andar.

  • 44

    Obsérvese o uso dun termo da vida agraria tan connotado como masseira, que xa aparecía cun uso burlesco nun escarnio de Joan Baveca (1477.22), para indicar o reaproveitamento da madeira para o escudo. Véxase un rexistro de masseira nun documento de 1414 (CGPA, ed. Ferro Couselo): 

    Iten, mando mays aa dita iglesia de Sant Pedro a miña caldeira e as gramalleiras e mesas e maseiras que teño eno forno de Millmanda.

  • 45

    Nótese o aparecemento da forma cerdeira, denominación tradicional (e única no período medieval) da árbore que dá cereixas, única no período medieval. Eis unha das ocorrencias medievais:

    E ē seu termho ha muy boa terra de pam e ha hy muytas naturas de arvores e as demais som castynheiros e cerdeiras e avelleeiras (Crónica Geral d’Espanha de 1344; CGPA, ed. Cintra).

    A súa orixe provén do L.V. ceresaria (de cerasia), cuxo resultado inicial, cerzeira (presente na toponimia), sofreu unha disimilación que desembocou en cerdeira (Navaza 2006: 203).

  • 46

    O anasal (‘parte do capelo da armadura que protexía o nariz') dificilmente podía estar colocado na trincheira ‘parte lateral da cabeza’, agás por ser defectuoso ou grande de máis. No período medieval tamén se atesta a forma nasal: 

    Et o nasal del et o çirco era todo cheo d’esmaltes et de pedras preçiosas, que dauã de si grã claridade (Crónica Troiana, cfr. CGPA, ed. R. Lorenzo).

    A(s) trincheira(s) aparecen repetidamente no Tratado de Albeitaria:

    primeiramente ao ollo que lagrimeja faras na fronte do cavalo estritorio, que quer dizer pegamaço como emprasto, e reel·lo ás a par das trincheiras; e filla o poo d’almecega e azeite e as craras dos ovos, e amasa todo moi ben e pono en pano de liño ancho de quatro dedos, e seja tan longo que atanga de ũa trincheira aa outra en meio da f[r]onte (Pérez Barcala 2013: 175).

  • 48

    O verbo trager presenta un paradigma irregular no presente de indicativo (trago, trages, trage...) explicábel a partir de *trago, *tragis, *tragit..., feito que explica a grafía traj(e) de Lapa, Lopes e Littera, a contrastar vivamente coa errada forma tragu(e) proposta por Lorenzo Gradín (tragu’ũa osa...) a partir dunha inexistente extensión analóxica da P1: “En este caso la conservación de la g velar del radical en la tercera persona del singular del presente de indicativo vendría determinada por nivelación analógica sobre la primera persona del singular del mismo tiempo”.
    As osas son ‘botas altas, polainas’ (Varela Sieiro 2003: 123). Cfr., tamén, osas d’ũu javaril, / que dessen per seu quadril (452.13).

  • 51

    Matreiro ‘marralleiro, astuto...’ (de etimoloxía controversa, véxase Corominas & Pascual 1980-1991: s.v. matrero) está documentado –sempre como adxectivo– desde os primeiros dicionarios portugueses (véxase CLP, s.v. matreiro), pois foi recollido desde o Dictionarium ex lusitanico in latinum sermonem de Jerónimo Cardoso até o dicionario de Rafael Bluteau. Matreira ‘astucia, maña’ será, por tanto, o substantivo correspondente ao adxectivo, embora non achemos máis ocorrencias deste substantivo do que a súa presenza en 1400.23-24. 

  • 52

    Segundo António Resende de Oliveira e Leontina Ventura (2018: 114) Pachacho seria un dos vasalos dos Briteiros, cuxo nome deria orixe ao apelido familiar dos descendentes. Este personaxe teria propiedades en Sam Bartolomeu do Mar (Esposende), que en 1258 xa estarian en poder dos netos, sen pagar tributos ao monarca. A finais do século XIII as Inquirições sitúan os Pachachos en Balazar, xunto a Longos e Briteiros. Polo contrario, até o momento non foi identificado historicamente Don Roi Cabreira, outro dos vasalos dos Briteiros.Vexase tamén Marcenaro & González (2024: s.v.. Pachacho, e Roi Cabreira, Don).

  • 54

    A Beira é unha rexión portuguesa da área septentrional, con actual capital en Viseu (Beira Alta) e Castelo Branco (Beira Baixa), da que procederían varios dos cabaleiros vinculados aos Briteiros. Esta rexión tamén aparece mencionado por Airas Peres Vuitoron ao referirse aos alcaides que abandonaron a causa de Sancho II e entregaron os seus castelos a favor de Afonso III, o Boloñés (UC 1497). Véxanse Projeto Littera (s.v. Beira), e Marcenaro & González (2024: s.v. Beira).

  • 55

    Cheira é o alcume dun nobre portugués, mencionado na cantiga a través da referencia ao seu sobriño, que, segundo Oliveira & Ventura (2018: 111) podería identificarse con Fernão Anes de Riba de Vizela, rico-home da corte de Sancho II, que foi tenente de Santa Maria en 1229 e de Besteiros entre 1235 e 1236 (véxase tamén Marcenaro & González 2024: s.v. Cheira).

  • 56

    Meen Sapo e Don Martin de Meira forman parte da xente de Beira cuxa identificación histórica resulta difícil de concretar, mais que cumpriria situar entre os vasalos da liñaxe dos Briteiros. No caso do segundo, pode supoñerse membro da liñaxe galega dos Meira, que tamén tivo implantación no reino de Portugal. Respecto do primeiro tense proposto a súa vinculación co topónimo Carvalhal do Sapo, topónimo de Góis. Véxanse Lorenzo Gradín (2008: 225-226), e Marcenaro & González (2024: s.v. Martin de Meira, Don; Men Sapo).

  • 57

    Lopo Gato parece identificarse, a partir das informacións ofrecidas polos Livros de Linhagens, con Lopo Afonso Gato, un dos fillos de Afonso Perez Gato, casado pola súa banda con Urraca Fernandez de Lumiares –coñecida como “Gata”–, quen foi neta de Abril Perez de Lumiares. A referencia na cantiga a “esse filho da freira” deu lugar á hipótese de Lorenzo Gradín (2008: 226) de poder tratarse dun fillo ilexítimo do pai, mais polo momento nada permite confirmar este dato. A documentación medieval sitúa este personaxe como tenente de Penalva (1270) e de Linhares (1272). Puido manter vínculos de vasalaxe con D. Diego Lopez de Baian, irmán do trobador. Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Lopo Gato).

  • 58

    Na pasaxe, lança non indica estritamente a arma ofensiva, equivale a ‘home armado con lanza, lanceiro’, tal como se deduce de múltiplas pasaxes medievais. Véxase na Crónica Geral d’Espanha de 1344 dúas pasaxes explícitas (cfr. CGPA, ed. Cintra): 

    El rey dõ Enrryque partyo da çerca de Tolledo e hy leixou o arçebispo dessa cidade, cõ seyscẽtos homẽes d’armas e cõ muytos beesteiros e pyãaes e levou cõsygo ataa tres mil lãnças de boa gente (...) el rey dõ Enrryque mãdou o iffante dõ Johã, seu filho primogenyto, que entrasse ẽ Navarra, o qual entrou lá cõ E assy fizeraõ muitos na estoria desta batalha a que hũs diseraõ pelo meudo que el Rey de Castela trazia oito mil lanças e outros poseraõ nove mil; e de genetes tres mil; e quimze mil besteiros; e de homẽes de pee vimte mil. archeiros, e estes de boa gemte, afora outros muitos que naõ comtavaõ com elles.

    Do mesmo xeito, na Crónica de D. João I de Fernão Lopes (CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto): 

    E assy fizeraõ muitos na estoria desta batalha a que hũs diseraõ pelo meudo que el Rey de Castela trazia oito mil lanças e outros poseraõ nove mil; e de genetes tres mil; e quimze mil besteiros; e de homẽes de pee vimte mil. 

    Obsérvese, por outra parte, a presenza da partícula perfectiva per- en per-peideira, porque, de regra, é elemento anteposto a formas verbais; porén, esporadicamente pode aparecer anteposta a nomes (631.8, 118.3), participios (494.43, 609.23) e adverbios (1682.19).
    Non achamos documentación ningunha de peideiro/a fóra da lírica profana, con todas as súas ocorrencias nas cantigas de escarnio, xeralmente en feminino. Véxanse as outras atestacións do adxectivo: 

                          ...«Per este sinal
    nom’ei de Negra, e muit’outro mal
    ei [e ei] per i preço de peideira» (1428.28, Pero Garcia Burgales).

    «Sei-m’eu que assi convidaria
    o coteife peideir’en seu logar» (1404.24, Roi Queimado).

    e punhade sempr’en [a] guarecer,
    ca [vós] en talho sodes de peideira (1518.14, Joan Garcia de Guilhade).

    e, ante luz, acharon-no peideiro (1585.7, Pero d’Ambroa).

    des que fui nado, quig’eu sempre mal
    a velha fududancua peideira (1597.24, Afons’Eanes do Coton).

    Este cualificativo, aparentemente só utilizado na poesía satírica, foi dicionarizado por Bento Pereira, cunha escuálida definición: Peideiro, ou peidorro. Crepitans, tis (cfr. CLP, s.v. peideiro).

  1. ^

    A partir do Livro de Ensinança de Ben Cavalgar Toda Sela, de D. Duarte, Lorenzo Gradín considera unha “segunda posibilidad” para peteira: “Para nuestro texto  (...)  conviene mejor el primer significado [‘feridas provocadas pelas esporas’] que el estudioso atribuye a la voz: el caballo estaría rojo en aquellas partes lastimadas por las espuelas de un jinete inexperto y rudo, por lo que la incapacidad de la montura en el combate sería manifiesta” (2008a: 223).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé