[last revised: 24/04/2023]Print

748 [= Tav 127,12]
S[e] meu amigo, que é con el-rei

S[e] meu amigo, que é con el-rei
[.......................................] ben sei
ca nunca ben no mundo pod’aver,
pois eu, fremosa, tan muito ben ei
se non viver mig’enquant’eu viver.
Punh’el-rei ora de lhi fazer ben,
e quanto x’el quiser tanto lhi den,
ca nunca ben no mundo pod’aver,
se Deus mi valha, que lhi valha ren
se non viver [mig’enquant’eu viver].
Façan-lh’ora quant’el quiser e non
more comigo, se Deus mi perdon,
ca nunca ben no mundo pod’aver
nen gran prazer eno seu coraçon
se non viver [mig’enquant’eu viver].
Nen gran pesar quantos no mundo son
non lho faran se lh’eu fezer prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscripts


B 733, V 334

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 151-152 [= LPGP 854]); Cohen (2003: 221); Machado (1981: 50); Littera (2016: II, 388-389).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 131-132); Braga (1878: 64); Nunes (1919: II, 323); Machado & Machado (1953: IV, 32); Camargo et alii (1985: 43).

Manuscript variants


3 nunca] uūca B   8 ben] hē V   12 perdon] ꝑdou B   14 coraçon] coraçou B   16 quantos] quāto V

Editorial variants


Nunes non considera a existencia de refrán intercalar, tal como mostra a disposición tipográfica do terceiro verso de cada estrofa.

1 S[e] meu] O meu Nunes, Machado, Cohen, Littera   2 [faça-lhi quanto ben quiser] Nunes : [façan-lhi quanto x’el quiser] Machado   5 enquant’eu viver] †en quant’ eu viver† Cohen   10 [mig’enquant’eu viver] om. Cohen   11 quant’el] quanto el Nunes   15 [mig’enquant’eu viver] om. Cohen

Paraphrase


(I) Se meu amigo, que está no séquito do rei [...] ben sei que nunca pode gozar de ben no mundo, pois eu, fermosa, teño tanto ben, se non vive comigo mentres eu viva.

(II) Empéñese o rei en lle facer ben agora, e canto el quixer tanto lle dean, que nunca pode gozar de ben no mundo, así Deus me valla, que lle valla de algo, se non vive comigo mentres eu viva.

(III) Fáganlle agora canto el quixer e non more comigo, así Deus me perdón, que nunca pode gozar de ben no mundo nin gran gozo no seu corazón se non vive comigo mentres eu viva.

(1) Nin cantos existen no mundo lle poderán causar un gran pesar se eu lle fixer pracer.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10a 10B + 10a 10a (= Tav 33:5)

Notes


Text
  • 1

    Propomos unha hipótese de solución conservadora para o erro inicial do verso mantendo a grafía presente nos manuscritos, visto que a importante lacuna textual do v. 2 non permite unha solución segura.

  • 3

    Se a posición de ben sei é certa no verso, lacunoso en BV, a conxunción ca presenta variación funcional no refrán, pois pasaría de ser completiva na estrofa I a causal nas seguintes estrofas. Cfr. nota a 27.4.

  • 5

    Rip Cohen erra ao condenar coa crux philologorum a secuencia enquant’eu viver porque parte da falsa premisa do carácter aberto da vogal tónica do presente de subxuntivo nos verbos regulares –cfr. «vivér (with open e) does not rhyme with aver»–, talvez por estender aos regulares o carácter aberto de /ɛ/ nese tempo nos verbos irregulares (cfr. diss[ɛ]r, fez[ɛ]r, pos[ɛ]r etc.), que continúa nas formas modernas galegas ou portuguesas. É por isto que as consideracións derivadas non son pertinentes: «If fazer in v. 6 and façan in v. 11 can be taken as clues to the word used in rhyme at the end of the refrain, it would have been fazer. If this is correct, fazer ben in v. 6 may be an exact inversion of a final ben fazer in v. 5. But it is difficult to see how this end can be connected with the beginning of the verse (se non viver migo), assuming at least that much is genuine. A verse ending, for instance, con ben fazer or a meu prazer could either have been banalized or toned down by a jograr or meddling scribe».

Search
    No results