458 [= Tav 18,39]
Se me graça fezesse este Papa de Roma

Se me graça fezesse este Papa de Roma,
pois que or[a] os panos da mia reposte toma,
que levass’el os cabos e dess’a mí a soma...,
mais d’outra guisa me foi el vende-la galdrapa.
Quisera eu assi ora deste nosso Papa
que me talhasse melhor aquesta capa.
Se m’el graça fezesse con os seus cardeaes,
que lh’eu [os panos] dess’e que mos talhass’iguaes...,
mais vedes en que vi en el maos sinaes,
que do que me furtou foi cobri-l[o] a sa capa.
Quisera eu assi [ora] deste nosso Papa
[que me talhasse melhor aquesta capa].
Se con os cardeaes, con que faça seus conselhos,
posesse que guardasse nós de maos trebelhos,
fez[er]a gran mercee, ca non furtar cõel[h]os
e panos dos cristãos meter so [a] sa capa.
Quisera eu assi [ora] deste nosso Papa
[que me talhasse melhor aquesta capa].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 463

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 62-63 [= LPGP 159-160]); Paredesa (2001: 125); Lopes (2002: 53); Paredesb (2010a: 107); Littera (2016: I, 82-83).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 151); Machado & Machado (1950: II, 308-309); Paredes (2010b: 86-87); Paredes (2010c: 64); Rios Milhám (2018b: III, 458).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 64); Tavares & Miranda (1987: 23); Arias Freixedo (2003: 333-334).

Variantes manuscrites


1 fezesse] fez esfe B   2 or[a] os] eres B   3 os] as B; soma] loma B   4 galdrapa] galdrara B   5 deste nosso Papa] desta nosso p͞pa B   6 talhasse] thalasse B   7 graça] g̃ca B   8 Quilh eu desse q̄ mos talhais iguaaes B   13 faça] faca B   14 nós] uos B   15 mercee] m’cēe B; cõel[h]os] ꝯ eles B   16 cristãos] xpāos B

Variantes éditoriales


2 or[a]] el[e] Lapa : or’ Lopes   3 que] que en Paredesa, Paredesb   5 ora] om. Littera    8 que lh’eu desse, [en tal] que mos talhasse iguaes Lapa : que lh’eu desse, que mos talhasse iguaaes Paredesa, Paredesb : que me lh’eu dess’e que mos talhasse iguaaes! Lopes, Littera   9 el] el[e] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   10 que do] quando [o] Lapa : quand’o Paredesa, Paredesb; cobri-l[o] a sa] -cobri-lo sa Lapa, Paredesa, Paredesb   11 [ora]] om. Littera   13 con os] cõn’os Lopes; faça] faz Lapa : fará Lopes   15 cõel[h]os] con elhos Lapa, Paredesa, Paredesb : com elhos Lopes, Littera   16 e panos] e [os] panos Lapa, Lopes, Littera; [a] sa capa] sa capa Lapa, Lopes : [es]sa capa Paredesa, Paredesb   17 [ora]] om. Littera

Paraphrase


(I) Se este Papa de Roma me fixese o favor, xa que agora colle os panos do meu enxoval, de levar el os cabos e de deixarme a min a parte principal..., mais doutro xeito me vendeu el o pano para a sela. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.

(II) Se el me fixese o favor, cos seus cardeais, de cortar iguais os panos que eu lle dese..., mais vede en que lle notei maos sinais: en que meteu baixo a súa capa o que me furtou. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.

(III) Se cos cardeais con que faga os seus conclaves, acordase que nos librase a nós das súas argalladas, faría un gran favor, e non furtar coellos e meter baixo a capa os panos dos cristiáns. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 13’a 13’a 13’a 13’b 13’B 11’B (= Tav 19:2)

Encontros vocálicos: 9 ma·is; 13 car·de·a͜es

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga de escarnio é unha mostra das desavinzas entre Afonso X e o Pontífice de Roma por mor no nomeamento do sucesor de Don Joan Airas, arcebispo de Santiago, en 1266.

  • 2

    A lección <eres> de B, onde precisariamos tres sílabas métricas, permite diversas lecturas, todas elas conxecturais, como o ele os de Lapa e Paredes. Dado que é moi frecuente o erro <e>/<o>, que tamén aparece na palabra rimante do v. 15, preferimos, con Lopes, fixar un texto or[a] os, que ten a vantaxe de non repetir o pronome el, xa presente no verso seguinte, e adiantar o adverbio de tempo, presente no refrán.
    A voz reposte (‘enxoval doméstico’) rexístrase tamén en textos de Pero Gomez Barroso (1462.11 e mais 1464.9 e 14).

  • 3

    A partir da lección <loma>, interpretada conxecturalmente como <soma> polo frecuente erro <l>/<s>, talvez haxa que considerar os cabos como o accesorio e a soma como o principal, de modo que o verso significaría ‘que me dea a min o importante e que fique o Papa co restante’.

  • 4

    A voz galdrapa (‘pano que se colocaba na sela’), que concorre coa variante gualdrapa (en 1633.4, 10 e 31) só se rexistra no corpus das cantigas trobadorescas profanas. En calquera caso, a presenza deste termo é segura a partir do moi frecuente erro <r>/<p>. Véxase, só en B e nas cantigas de Afonso X os seguintes casos: penhos <renhos> B (454.6), porque <ror q̄> B, <por q̄> V (479.18), d’Estepar <destorar> B, <destopar> V (480.11).

  • 5

    O feito de que ora non apareza nas seguintes estrofas permitiría consideralo unha forma espuria na primeira ocorrencia do refrán, de modo que este fose isosilábico con 11 sílabas. É por isto que foi omitido por Littera na súa edición; porén, para conseguir un refrán isométrico abondaría coas sinalefas quiseraeu assiora.

  • 6

    A capa pode ser unha alusión ao manto cardinalicio, orixe da disputa entre o Rei e o Papa.

  • 8

    A evidente hipometría do verso explica as diversas posibilidades de reconstrución e as diferentes lecturas. Optamos por reintegrar os panos, que parecen necesarios polo verbo talhar que aparece a seguir.

  • 9

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 13

    Tal como o verso foi transmitido presenta unha sílaba excedente, que dificilmente pode ser omitida sen intervir de máis na lección de B: é por isto que resulta preferíbel considerar o xeral hiato -aes de cardeaes como unha única sílaba métrica.

  • 14

    O pronome nós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 15

    A rima impón unha terminación -elhos (en rima con trebelhos e conselhos) que preferimos ver nos cõelhos antes do que nun castelanismo reconstruído elhos (opción de Lapa e dos posteriores editores, aínda que tal préstamo aparece en CSM 273.38-39, nas rimas dello: espello : conssello). A lección <con eles> implicaría o desenvolvemento da nasalidade vocálica como unha consoante <n>, a semellanza doutras pasaxes que non presentan dúbida: no mesmo copista de B, véxase <capaton es> çapatões en 459.10 . Véxase nota a 25.5.

  • 16

    A reintegración de unha sílaba métrica realizámola co artigo no sintagma a sa capa, en paralelo co mesmo uso no v. 10.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé