I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 62-63 [= LPGP 159-160]); Paredesa (2001: 125); Lopes (2002: 53); Paredesb (2010a: 107); Littera (2016: I, 82-83).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 151); Machado & Machado (1950: II, 308-309); Paredes (2010b: 86-87); Paredes (2010c: 64); Rios Milhám (2018b: III, nº 458).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 64); Tavares & Miranda (1987: 23); Arias Freixedo (2003: 333-334).
1 fezesse] fez esfe B 2 or[a] os] eres B 3 os] as B; soma] loma B 4 gran capa] galdrara B 5 deste nosso Papa] desta nosso p͞pa B 6 talhasse] thalasse B 7 graça] g̃ca B 8 Quilh eu desse q̄ mos talhais iguaaes B 13 faça] faca B 14 nós] uos B 15 mercee] m’cēe B; cõel[h]os] ꝯ eles B 16 cristãos] xpāos B
2 or[a]] el[e] Lapa : or’ Lopes 3 que] que en Paredesa, Paredesb 4 gran capa] galdrapa Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 5 ora] om. Littera 8 que lh’eu desse, [en tal] que mos talhasse iguaes Lapa : que lh’eu desse, que mos talhasse iguaaes Paredesa, Paredesb : que me lh’eu dess’e que mos talhasse iguaaes! Lopes, Littera 9 el] el[e] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 10 que do] quando [o] Lapa : quand’o Paredesa, Paredesb; cobri-l[o] a sa] -cobri-lo sa Lapa, Paredesa, Paredesb 11 [ora]] om. Littera 13 con os] cõn’os Lopes; faça] faz Lapa : fará Lopes 15 cõel[h]os] con elhos Lapa, Paredesa, Paredesb : com elhos Lopes, Littera 16 e panos] e [os] panos Lapa, Lopes, Littera; [a] sa capa] sa capa Lapa, Lopes : [es]sa capa Paredesa, Paredesb 17 [ora]] om. Littera
(I) Se este Papa de Roma me fixese o favor, xa que agora colle os panos do meu enxoval, de levar el os cabos e de deixarme a min a parte principal..., mais doutro xeito me vendeu el a gran capa. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.
(II) Se el me fixese o favor, cos seus cardeais, de cortar iguais os panos que eu lle dese..., mais vede en que lle notei maos sinais: en que meteu baixo a súa capa o que me furtou. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.
(III) Se cos cardeais con que faga os seus conclaves, acordase que nos librase a nós das súas argalladas, faría un gran favor, e non furtar coellos e meter baixo a capa os panos dos cristiáns. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.
Esquema métrico: 3 x 13’a 13’a 13’a 13’b 13’B 11’B (= RM 19:2)
Encontros vocálicos: 9 ma·is; 13 car·de·a͜es
Esta cantiga de escarnio é unha mostra das desavinzas entre Afonso X e o Pontífice de Roma por mor no nomeamento do sucesor de Don Joan Airas, arcebispo de Santiago, en 1266. Tal como sintetiza Montoya, á morte do arcebispo de Santiago, o Papa Clemente IV nomeou sucesor Gonzalo Gómez, sen ter en conta as pretensións de Afonso X, que propuña un fillo natural seu, que era arcediago na catedral compostelá: «En este contexto de desacuerdo con las decisiones papales (años 1263 / 66-1276) es cuando el Rey pide “que el Papa le corte mejor esa capa”, es decir, que le sea más justo y se atenga a las costumbres de España, donde se solía oir al Rey y al cabildo en nombramientos de esta índole (Partida I, Título V)» (Montoya Martínez 2006: 138).
A lección <eres> de B, onde precisariamos tres sílabas métricas, permite diversas lecturas, todas elas conxecturais, como o ele os de Lapa e Paredes. Dado que é moi frecuente o erro <e>/<o>, que tamén aparece na palabra rimante do v. 15, preferimos, con Lopes, fixar un texto or[a] os, que ten a vantaxe de non repetir o pronome el, xa presente no verso seguinte, e adiantar o adverbio de tempo, presente no refrán.
A voz reposte (‘enxoval doméstico’) rexístrase tamén en textos de Pero Gomez Barroso (1462.11 e mais 1464.9 e 14).
A partir da lección <loma>, interpretada conxecturalmente como <soma> polo frecuente erro <l>/<s>, talvez haxa que considerar os cabos como o accesorio e a soma como o principal, de modo que o verso significaría ‘que me dea a min o importante e que fique o Papa co restante’.
Tal como indica Vallín (2023), para alén da reconstrución galdrapa a partir da lección <galdrara> nesta cantiga de Afonso X, non existen ocorrencias desta hipotética variante galdrapa do termo gualdrapa (‘pano que se colocaba na sela’), que conta con documentación hispánica firme e dous rexistros seguros nunha cantiga de Per’Eanes Marinho (en 1633.4, 10 e 31). A partir deste feito, a estudosa propón unha outra emenda de <galdrara>, pois «resulta desconcertante que en el verso mais d’outra guisa me foi el vende-la galdrapa a la capa del refram se la sustituya por una galdrapa», cando o normal sería «mantener la simetría del dobre en todo el texto, es decir, que capa estuviera en posición de rima también en el cuarto verso de esta estrofa inicial» (Vallín 2023: 176). É por isto que Vallín propón interpretar <galdrara> como gran capa, que «se adapta como un guante a la medida del verso y define la característica principal de esta capa que se confecciona el prelado. Se trata de una prenda hecha con la soma, es decir, tomando para tal fin la reposte completa del rey; una capa que, en consecuencia, le permite al papa guardar en su interior los hurtos que le ha hecho al monarca ("que do que me furtou foi cobri-l[o] a sa capa" y "e panos dos cristãos meter so [a] sa capa"). Es decir, Alfonso X subraya por activa y por pasiva el descomunal tamaño de la capa, tallada así para provecho del pontífice y en detrimento suyo (ib.: 177).
O feito de que ora non apareza nas seguintes estrofas permitiría consideralo unha forma espuria na primeira ocorrencia do refrán, de modo que este fose isosilábico con 11 sílabas. É por isto que foi omitido por Littera na súa edición; porén, para conseguir un refrán isométrico abondaría coas sinalefas quisera‿eu assi‿ora.
A capa pode ser unha alusión ao manto cardinalicio, orixe da disputa entre o Rei e o Papa.
A evidente hipometría do verso explica as diversas posibilidades de reconstrución e as diferentes lecturas. Optamos por reintegrar os panos, que parecen necesarios polo verbo talhar que aparece a seguir.
Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c)1 . Así, serían desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.
Tal como o verso foi transmitido presenta unha sílaba excedente, que dificilmente pode ser omitida sen intervir de máis na lección de B: é por isto que resulta preferíbel considerar o xeral hiato -aes de cardeaes como unha única sílaba métrica.
O pronome nós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A rima impón unha terminación -elhos (en rima con trebelhos e conselhos) que preferimos ver nos cõelhos antes do que nun castelanismo reconstruído elhos (opción de Lapa e dos posteriores editores, aínda que tal préstamo aparece en CSM 273.38-39, nas rimas dello: espello : conssello). A lección <con eles> implicaría o desenvolvemento da nasalidade vocálica como unha consoante <n>, a semellanza doutras pasaxes que non presentan dúbida: no mesmo copista de B, véxase <capaton es> çapatões en 459.10 . Véxase nota a 25.5.
A reintegración de unha sílaba métrica realizámola co artigo no sintagma a sa capa, en paralelo co mesmo uso no v. 10.
Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).