I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 404-405 [= LPGP 476-477]); Littera (2016: I, 553).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 131-132); Carter (2007 [1941]: 122-123); Machado & Machado (1950: II, 131-132); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018: 319).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 136); Piccolo (1951: 51-52); Torres (1977: 525).
5 ben] om. A; querrei] queirey B 6 morrer] moirer B 7 de] e A 8 soubesse] sob’a B; guardar] guadar A 9 mas] Mays B; lle] lhi B 11 tornou-se-m’én] tornoussen B 12 dereit’é] dereytei B 15 fogisse e] fugisse B; tornasse i] tornassy B 17 mas] Mays B 18 dereit’é] dereytei B 19 Quando] E quando B 20 me] mj B 23 entendedor] enteudedor B 24 dereit’é] dereytei B 26 morrer] moirer B
9 mas] Mais Michaëlis : mais Littera 15 fogisse ... tornasse] fogiss(e) ... tornass(e) Michaëlis : fugiss' ... tornass' Littera
(I) Se eu morro, ben o busquei, porque tomei tal señora: unha dona de quen xa sei que nunca podo ter ben, e sempre a amarei moito, e é xusto morrer así, (II) (circunstancia) de que me podería librar se dela me soubese protexer; mais tiña gran desexo de lle falar e de a ver, e tornóuseme en gran pesar, e é xusto morrer así.
(III) Cando a vin por vez primeira moi fermosa, se eu de alí fuxise e alí non tornase, así podería vivir máis; porén, non pensei que fose así, e é xusto morrer así.
(IV) Cando a tomei por señora, non me mostraba desamor, e agora ten moito pracer en saber axiña da miña morte, porque fun o seu amante, e é xusto morrer así.
(1) E terá gran pracer cando agora me vexa morrer.
Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B + 8b 8b (= RM 13:50)
Encontros vocálicos: 15 fogisse‿e, tornasse‿i
Nótese a variación é A vs. ei B no refrán das estrofas II, III e IV (vv. 12, 18 e 24), con precedentes noutras cantigas, onde xa se rexistra a mesma variación entre manuscritos. Véxase nota a 163.13.
A presenza da copulativa en B esixiría a sinalefa quando‿a para a medida octosilábica do verso.
Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.