[last revised: 24/04/2023]Print

666 [= Tav 74,7]
Se eu, mia filha, for

– Se eu, mia filha, for
voss’amigo veer
porque morre d’amor
e non pode viver,
iredes comig’i? – Par Deus, mia madre, irei.
– Pois vos quer tan gran ben
que non pode guarir,
dizede-m’ũa ren,
pois eu ala quero ir:
iredes [comig’i? – Par Deus, mia madre, irei].
– Sempre lh’eu coita vi
por vós e mort[e], ai
filha! Pois eu vou [i]
e mig’outren non vai,
iredes [comig’i? – Par Deus, mia madre, irei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 651, V 252

En BV a primeira estrofa está disposta con dous versos dodecasilábicos (con rima -er) e co refrán partido en dúas liñas.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 79); Tavani (1988a: 252 [= LPGP 485]); Cohen (2003: 136); Littera (2016: I, 566-567).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49-50); Machado & Machado (1952: III, 316).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 26-27); Torres (1977: 136); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 113); Souto Cabo (2017: 131).

Manuscript variants


3 morre] moire B   5 iredes] Hiredes B : diredes V   6 gran] g̃ra B   8 ũa] uħa BV   12 e mort’[e], ai] emortay BV

Editorial variants


O corpo da estrofa en Cohen está conformado por dous versos dodecasilábicos.

O refrán, tanto en Nunes como en Cohen, é biversal e hexasilábico (iredes comig’i? / –Par Deus, mia madre, irei). En Littera, iredes comig’i foi incorporado en todas as estrofas como o 5º verso da cobra.

5 madre] madr’ Nunes, Tavani   8 m’ũa] mi ũa Nunes   9 ala] lá Tavani   10 madre] madr’ Nunes, Tavani   12 mort[e], ai] mort’á i Nunes : mort’há i Tavani   13 Pois eu vou [i]] pois [alá] vou Nunes : pois eu vou-[m’i] Littera   15 madre] madr’ Nunes, Tavani

Paraphrase


(I) –Se eu, miña filla, for ver o voso amigo porque morre de amor e non pode vivir, iredes comigo alí? –Por Deus, miña nai, irei!

(II) –Pois tanto vos ama que non pode vivir, dicídeme unha cousa, pois eu alá quero ir: iredes comigo alí? –Por Deus, miña nai, irei!

(III) –Eu sempre lle vin por vós coita e morte levar, ai filla! E xa que eu vou alí e ninguén vai comigo, iredes comigo alí? –Por Deus, miña nai, irei!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 6a 6b 6a 6b 12C

Encontros vocálicos: 5 madre,‿irei; 9 quero‿ir; 10 madre,‿irei; 15 madre,‿irei

 

Notes


Text
  • *

    Para alén da agrupación dodecasilábica dos versos do corpo da estrofa en Cohen, resulta sorprendente que nos dous editores do cancioneiro das cantigas de amigo (Nunes, Cohen) o refrán sexa arrimático (i non pode rimar con irei), con seis sílabas métricas:
              ​​​​​​​iredes comig’i?
              –Par Deus, mia madre, irei.

  • 5

    A incorporación de iredes comig’i que Littera fai a cada unha das tres cobras da cantiga non ten apoio textual de ningún tipo, pois, para alén de a súa abreviación nas estrofas II e III indicar a súa pertenza ao refrán, o propio Colocci así o sinalou co habitual signo angular.

  • 9

    A sinalefa queroir fai desnecesaria a emenda tavaniana (alá > lá) neste verso.

  • 12

    A solución de Nunes e Tavani no final do verso (morte á i) escusa calquera restauración e, por tanto, resulta aparentemente máis respectuosa coa lección dos manuscritos; no entanto, rompen o esquema rimático da cantiga (abab > aaab) e estabelecen unha repetición da palabra-rima i, ao tempo que constituiría unha rareza rimática o par vai - á i (lémbrese a tonicidade do adverbio i). Eis a fixación textual de Tavani:
              Sempre lh’eu coita vi
              por vós, e mort’há i.
              Filha, pois eu vou i
              e mig’outrem nom vai...
    Neste sentido, é certamente posíbel a proposta de Cohen, co encabalgamento ai + vocativo que se rexistra noutras cantigas: ai / mia senhor branca e vermelha (124.3-4); I é meu amig’, ai / madr’, ... (1259.13-14); asemade, o editor norteamericano reintegra unha conxunción copulativa para ligar sintacticamente a afirmación inicial ao refrán:
              – Sempre lh’ eu coita vi por vós e mort’ <e>, ai
              filha, pois eu vou <i> e mig’ outren non vai,
              iredes <comig’ i?
              – Par Deus, mha madre, irei>
    Porén, o texto que presentamos (con morte como CD simétrico de coita) é factíbel e axeitado, pois evita a reintegración de ningún novo elemento e normaliza a sintaxe coa pausa estabelecida após o vocativo.

Search
    No results