I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 51-52 [= LPGP 522]); Littera (2016: I, 636).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 42-43); Carter (2007 [1941]: 16); Marques Braga (1945: 51-52); Machado & Machado (1949: I, 164-165); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 89).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 31-32); Diogo (1998: 36-37).
1 Se eu] Se(n) eu B 3 rogar-ll’-ia] rogarlia A 5 rogar-ll’-ia] rogarlia A 6 ouvesse én] ouussem B 9 de que nunca quiso pensar] du nūca qⁱ se penssar B 10 cuita se nembrasse] coita se uēbrasse B 11 se nunca] nūca se B 12 fez] fes A 13 per] pʳ B 16 me] mj B 17 fosse, e que ficasse] fosse q̄ firasse B 19 mui] mūi A; coita’n] coita B 20 lle perdõasse] lhi ꝑdoasse B 22 coid’eu que lle] cuydeu q̄lhi B 24 quant’al] qʷndal B 25 fige] figi B 27 éste] est B; lle] lhi B 28 non] no B
3 ll’] l’ Michaëlis 5 ll’] l’ Michaëlis 6 ouvesse] ouvess(e) Michaëlis 10 cuita] coita Littera 17 fosse e] foss(e), e Michaëlis : foss’e Littera 22 coid’] cuid’ Littera 23 perdoar] perdõar Michaëlis, Littera 24 quant’al] quand’al Michaëlis 27 éste] est’é Michaëlis
(I) Se eu me atrevese a rogar á miña señora por algunha cousa, rogaríalle que me deixase morar onde ela vivise; e rogaríalle outra cousa: que o pesar que por iso sentise mo ocultase de calquera modo, (II) por Deus!, e que por min se preocupase máis do que nunca se quixo preocupar, e que se lembrase da miña coita, de que nunca se quixo lembrar, nin Deus, que ma fai tanto amar, polo que perdín a razón e nunca quixo que a recobrase.
(III) E se ela por Deus me mandase o que nunca me quixo mandar –que non me fose e que ficase alí onde ela habería de estar–, Deus lle perdoase por iso a coita moi grande en que me ten, e máis (lle perdoase), se lle ela máis rogase.
(IV) E coido eu que (Deus) a perdoaría se ela me quixese perdoar a min, e non (tería que perdoarme) outra cousa que achase que eu lle fixen, agás pensar (nela); e se alguén lle dixer que iso está mal feito, dígalle (tamén) a quen quixo Deus facer que non pensase.
Esquema métrico: 4 x 8’a 8b 8’a 8b 8c 8c 8’a (= RM 100:57)
Encontros vocálicos: 6 ouvesse‿én; 7 mi-‿o; 12 mi-‿a; 17 fosse‿e; 18 ela‿ouvess(e)
Obsérvese a presenza de rimas derivativas nalgunhas estrofas e versos ao longo da composición (II.8-9, 10-11; III.15-16; IV.22-23). Cfr., porén, a cantiga 982, de Pero da Ponte.
Nestes dous versos, xunto con 238.13, 252.6 e 317.16, en A rexístrase aparentemente a forma le para o pronome lle, conservado en Michaëlis como posíbel testemuño da forma arcaica do pronome (procedente do lat. ĭllī), que se atesta por veces en textos prosísticos e mais nas Cantigas de Santa Maria. Na realidade, é dificil determinar se se trata dun lapso de escrita con omisión de <l> (cfr., por exemplo, <filei> por <fillei> en 132.9 e 10, 133.4, ou <alur> por <allur> en 403.3) ou se verdadeiramente son formas reais. Cfr. nota a 423.18.
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
e rogar-ll’-ia outra ren:
que o pesar, que ouvesse én,
que toda via mi-o negasse.
Nesta cantiga rexístranse tres diferentes formas da P3 de pretérito de querer, xa que conviven o quiso bisilábico deste verso (coa variante quise en B) co quis monosilábico nos vv. 14 e 16.
A sinalefa máis probábel neste verso é ela‿ouvess(e), no encontro de dúas vogais átonas.
Nótese a grafía <mu͂i>, posibelmente cunha indicación errada de nasalidade, aínda que se ten querido ver nesta forma o antecedente do moderno muito portugués, habitualmente con pronuncia nasalizada.
Por outra parte, preposición en presenta unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.
É verdadeiramente forzada a lección michaëliana est’é (con reiteración do demostrativo, xa presente no v. 26) para evitar a forma verbal éste (cfr. nota a 67.8). Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 71.6, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: