75 [= Tav 151,20]
Quero-vos eu, sennor, gran ben

Quero-vos eu, sennor, gran ben
e non ei al de vós senon
muito mal, si Deus me perdon;
pero direi-vos ũa ren:
todo vo-l’eu cuid’a sofrer
se m’end’a morte non toller.
E creede que a min é
este mal, que me vós levar
fazedes, de mia morte par;
pero, sennor, per bõa fe,
todo vo-l’eu cuid’a sofrer
[se m’end’a morte non toller].
E, pois por ben que vos eu sei
querer me fazedes assi
viver, tan mal dia vos vi;
pero verdade vos direi:
todo vo-l’eu cuido a sofrer
[se m’end’a morte non toller].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 12, B 102

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 27 [= LPGP 947-948]); Littera (2016: II, 541).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 36-37); Carter (2007 [1941]: 9); Machado & Machado (1949: I, 141);  Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 75).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 225).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   3 me] mi   4 vos] uus A   6 m’end’a] menda a A   9 de mia morte] da mha ꝑte B   10 bõa] boa B   16 vos] uos A   17 cuido a] cuyda B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   17 cuido a] cuid’a Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Ámovos eu, señora, moito e non obteño de vós máis que moito mal, así Deus me perdoe; pero direivos unha cousa: todo volo eu penso sufrir se a morte non me leva por causa diso

(II) E crede que este mal que vós me facedes levar me resulta semellante á morte; pero, señora, abofé, todo volo eu penso sufrir se a morte non me leva por causa diso

(III) E xa que polo ben que vos eu sei amar me facedes vivir así, en mal día vos vin; pero direivos a verdade: todo volo eu penso sufrir se a morte non me leva por causa diso.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:388)

Encontros vocálicos: 17 cuido‿a

Notas


Texto
  • 9

    Nótese como o erro de copia en B deriva dunha antecipación de par (... de mia morte par), de xeito que morte ficou convertido en parte.

  • 17

    Esta cantiga presenta unha leve variación no refrán desta estrofa (regularizado en B) tal como foi transmitida Cancioneiro da Ajuda (cuid’a vs. cuido a), cunha vacilación gráfico-fonética (crase vs. sinalefa) que podemos achar no refrán de bastantes cantigas. Cfr. nota a 27.4.

Procurar
    Não foram encontrados resultados