533 [= Tav 25,100]
Que soidade de mia senhor ei

Que soidade de mia senhor ei
quando me nembra dela qual a vi
e que me nembra que ben a oi
falar! E, por quanto ben dela sei,
rog’eu a Deus, que end’á o poder,
que mi-a leixe, se lhi prouguer, veer
cedo, ca, pero mi nunca fez ben,
se a non vir, non me posso guardar
d’ensandecer ou morrer con pesar;
e, porque ela tod’en poder ten,
rog’eu a Deus, que end’á o poder,
[que mi-a leixe, se lhi prouguer, veer]
cedo, ca tal a fez Nostro Senhor:
de quantas outras [e]no mundo son
non lhi fez par, a la minha fe, non;
e, poi-la fez das melhores melhor,
rog’eu a Deus, que end’á o poder,
[que mi-a leixe, se lhi prouguer, veer]
cedo, ca tal a quis[o] Deus fazer
que, se a non vir, non posso viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 526a, V 119

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 38-39 [= LPGP 223-224]); Nunes (1972 [1932]: 132-133); Eirín (2015: 152); Littera (2016: I, 187); Fassanelli (2021: 44).
II. Outras edicións: Moura (1847: 58-59); Monaci (1875: 51); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 94-95); Júdice (1997: 114); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 26); Nunes (1932: 21-22); Pimpão (1942: 39); Oliveira & Machado (1959: 56-57); Tavares (1961: 22); Torres (1977: 238); Fiúza (1981: 139-140); Ferreira (1988: 60); Pena (1990: 48); Ferreira (1991: 32-33); Jensen (1992: 68); Alonso Girgado (1992: 12); Mongelli (2009: 68).

Variantes manuscritas


2 a vi] om. B : ami V   9 d’ensandecer] dessandecer V; morrer] moirer B   11 Deus] des V   15 melhores] melhore V

Variantes editoriales


7 fez] faz Lang   14 [e]no] no Lang, Littera

Paráfrasis


(I) Que saudade teño da miña señora cando me lembro dela tal como a vin e me lembra o ben que a ouvín falar! E por canto ben sei dela, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver (II) cedo, pois, aínda que nunca me fixo ben, se a non vir, non me podo librar de enlouquecer ou morrer de pena; e porque a ten toda ela baixo o seu poder, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver (III) cedo, pois tal a fixo Noso Señor: de cantas outras hai no mundo non fixo outra igual, abofé que non; e xa que a fixo a mellor entre as mellores, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver, (1) pois tal a quixo facer Deus que, se a non vir, non podo vivir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:29)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿a; 12 mi-‿a; 18 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 10

    Este verso levanta a cuestión de quen é o suxeito de ten en poder: conforme o discorrer da cantiga, coidamos que o suxeito é Deus (‘porque a ten toda ela baixo o seu poder’), de modo que ela é CD sen preposición, como pode acontecer coas formas pronominais tónicas oblicuas na lingua trobadoresca.

  • 14

    A existencia da variante eno na lingua das cantigas favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 15

    A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe nesta cantiga, en calquera caso é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. A la (minha) fe (230.5, 241.29, 890.11, 1008.4, 1261.16, 1469.19, 1499.5, 1547.1, 1619.10) mantén a forma arcaica do artigo, que ficou petrificada na locución, e que é utilizada tamén na prosa, como na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, ente͂deu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: I, 198). O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernan Lopez: A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Macchi 2004: 224).

    De todos os modos, nótese o uso proclítico da forma tónica bisilábica minha na locución adverbial a la minha fe, certamente escaso no corpus (só 876.18, 1005.8, 1312.6 e 1629.5), onde é esmagadoramente maioritario o uso de mia, forma átona (unisilábica).

  • 19

    Fronte a posibilidade de [a]tal para resolver a hipometría do verso, optamos por quis[o] (véxase nota a 60.19) que ten a vantaxe de manter o paralelismo co v. 13 (ca tal a fez...) e, ao tempo, posibilitar o acento na cuarta sílaba. Neste entido, igual que acontece con fezo vs. fez (véxase nota a 53.16), a forma quiso tamén presenta tendencia á alternancia con quis, circunstancia que confirma que, en certos casos, quis[o] é a solución máis axeitada para resolver os problemas de hipometría versal. Véxase como, face á correcta forma quiso de A, os apógrafos italianos presentan quis (por ela, nunca m’er quiso [<quis> B] falar, 310.7; pois s’El nunca de min quiso [<qⁱs> BV] doer, 420.9), do mesmo xeito que no refrán da estrofa I da cantiga 995 aparece a seguinte variación A vs. BV: que nunca Deus gran coita quiso dar vs. que nunca Deus mui gran coita quis dar.

Buscar
    Sin resultados