288 [= Tav 75,21 (= 157,51)]
Que sen meu grado m’oj’eu partirei

Que sen meu grado m’oj’eu partirei
de vós, sennor, u me vos espedir!
Como partir-me de quanto ben ei
e saber ben ca, des que vos non vir,
ca nunca ja poderei gran prazer,
u vos non vir, de nulla ren veer?
Porque entendo que vos prazera,
m’averei ora de vós a quitar;
mais nunca om’en tal coita sera
com’eu serei, mentre sen vós morar,
ca nunca ja p[oderei] g[ran] p[razer,
u vos non vir, de nulla ren veer].
E rog’eu Deus, que tan de coraçon
me vos fez amar des quando vos vi,
que El me torn’en algũa sazon
u vos eu veja, ca ben sei de mí
[c]a nunca ja p[oderei] g[ran] p[razer,
u vos non vir, de nulla ren veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 181

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 358 [= LPGP 496-497]); Fernández Graña (2007: 163); Littera (2016: II, 561-562); Barberini (2017b: 326-327).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 107-108); Machado & Machado (1960: VII, 23-24); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 288).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   4 vos] uos A   6 vos] uos A   7 vos] uos A   14 vos] uos A; vos] uos A   16 vos] uos A

Variantes editoriales


2 vos] vus Michaëlis   4 vos] vos Michaëlis   6 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña, Barberini   7 vos] vos Michaëlis   12 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña, Barberini   14 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis : vós ... vós Fernández Graña : vos ... vós Barberini   16 vos] vus Michaëlis : vós Fernández Graña, Barberini   18 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña, Barberini

Paráfrasis


(I) Canto contra o meu desexo me afastarei hoxe de vós, señora, cando me de vós despida! Como afastarme de canto ben teño e saber ben que, desde que non vos vexa, que nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.

(II) Porque entendo que vos pracerá, tereime agora que afastar de vós; mais nunca ninguén estará en tan gran coita como eu estarei mentres more sen vós, pois nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.

(III) E rogo eu a Deus, que tan de corazón me vos fixo amar desde que vos vin, que El me torne nalgún momento a onde eu vos vexa, pois ben sei de min que nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= Tav 99:18)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga tamén é considerada como anónima.

  • 4-5

    Nótese a repetición da conxunción completiva ca após a frase parentética: e saber ben ca, des que vos non vir, / ca nunca ja poderei gran prazer. Véxase nota a 52.2-3.

  • 5

    A conxunción ca funciona como completiva no refrán das estrofas I e III, mentres que é causal no da estrofa II. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4-6.

Buscar
    Sin resultados