I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 293 [= LPGP 959]); Piccat (1995: 143); Littera (2016: II, 501-502).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 113); Carter (2007 [1941]: 87-88); Marques Braga (1945: 274); Machado & Machado (1950: II, 51); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 253).
4 vos] uus A; vos] uos A 6 nen] uen B; mí] min A 8 non] nōn B 9 os partir Deus] oz ꝑtir deo B 10 vós] uoz B; sennor] senor A
4 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat 6 mi] min Piccat 12 mí] min Piccat 16 vos] vus Michaëlis, Piccat 18 mí] min Piccat
(I) Que lonxe estarei, señora, de xamais ter pracer desde que agora me afaste de falarvos e de vos ver, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.
(II) E afastaranse os meus ollos de ver pracer de ningunha cousa, despois que Deus os aparte de vós, señora, que amo, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.
(III) E deixará o meu corazón de sentir gusto por ningunha outra cousa, e (o meu corazón) afastarase diso con razón desde que eu non vos poida falar, e axiña estarei por iso ben lonxe de sentir gusto por min nin por calquera outra cousa.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:56)
Nótese a repetición do verbo partir no primeiro e terceiro verso de todas as estrofas, coa sistemática reaparición no refrán.
O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: