539 [= Tav 25,92]
Que estranho que m’é, senhor

Que estranho que m’é, senhor,
e que gran coita d’endurar,
quando cuid’en mí, de nembrar
de quanto mal fui sofredor
des aquel dia que vos vi!
E tod’este mal eu sofri
por vós e polo voss’amor,
ca des aquel tempo, senhor,
que vos vi e oi falar,
non perdi coitas, e pesar
nen mal non podia maior;
e aquesto passou assi,
e tod’e[ste mal eu sofri
por vós e polo voss’amor].
E por én seria, senhor,
gran ben de vos amercear
de min, que ei coita sen par,
de qual vós sodes sabedor
que passou e passa per min,
e tod’e[ste mal eu sofri
por vós e polo voss’amor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 522b, V 125

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 43 [= LPGP 219-220]); Nunes (1972 [1932]: 144-145); Eirín (2015: 169); Littera (2016: I, 191).
II. Outras edicións: Moura (1847: 67-68); Monaci (1875: 53); Braga (1878: 25); Machado & Machado (1952: III, 104-105); Júdice (1997: 120); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 m’é] mhe V   3 en] eu B   6 tod’este] codeste V   17 ei] (Nō perdy coytas) de mī q̄ ay coita sē par B

Variantes editoriais


1 m’é] mh é Lang : mh-é Nunes : mi é Littera   13 eu] om. Lang, Littera   19 per] por Nunes; min] mi Lang, Nunes, Littera   20 eu] om. Lang, Littera

Paráfrase


(I) Que estraño me resulta, señora, e que coita difícil de soportar, cando penso en min, lembrar todo canto mal sufrín desde aquel día en que vos vin! E todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor, (II) pois desde aquel tempo, señora, en que vos vin e ouvín falar, non perdín coitas, e o pesar e o mal non podía ser maior; e isto foi así, e todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor.

(III) E por iso, señora, estaría moi ben que tivésedes piedade de min, que sufro unha coita sen par, da cal vós sabedes que pasou e pasa por min, e todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8C 8A (= Tav 161:239)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 1

    Entre as dúas posibilidades de solución no encontro do pronome con é (m'e / mi é), optamos pola lección de B. Véxase a situación contraria en 547.7.

  • 10-11

    Para a correcta interpretación da pasaxe, puntuamos conforme indica o sentido (perder coitas vs. sofrer pesar e mal), ao tempo que debemos supor un verbo elíptico como sofrer (tal como indica o refrán) na frase e pesar / nen mal non podia maior. A poesía de Don Denis mostra unha especial preferencia por estas construcións non + poder + verbo elíptico + maior:
              ca viv’en tal cuidado
              come quen sofredor
              é de mal aficado
              que non pode maior
    (548.11).

              e do pesar que vós tomades i
              tom’eu pesar que non posso maior
    (560.16).

  • 16

    O verbo amercear-se ‘ter mercé de alguén, condoerse’ semella unha voz en principio poética, pois inicialmente só se atesta en Don Denis (véxase tamén 538.2) e mais nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. amerce͂ar), aínda que nos textos prosísticos portugueses do século XV se rexistra con certa frecuencia (véxase CdP, s.v.).

Procurar
    Não foram encontrados resultados