I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 43 [= LPGP 219-220]); Nunes (1972 [1932]: 144-145); Eirín (2015: 169); Littera (2016: I, 191).
II. Outras edicións: Moura (1847: 67-68); Monaci (1875: 53); Braga (1878: 25); Machado & Machado (1952: III, 104-105); Júdice (1997: 120); Montero Santalha (2004).
1 m’é] mhe V 3 en] eu B 6 tod’este] codeste V 17 ei] (Nō perdy coytas) de mī q̄ ay coita sē par B
1 m’é] mh é Lang : mh-é Nunes : mi é Littera 13 eu] om. Lang, Littera 19 per] por Nunes; min] mi Lang, Nunes, Littera 20 eu] om. Lang, Littera
(I) Que estraño me resulta, señora, e que coita difícil de soportar, cando penso en min, lembrar todo canto mal sufrín desde aquel día en que vos vin! E todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor, (II) pois desde aquel tempo, señora, en que vos vin e ouvín falar, non perdín coitas, e o pesar e o mal non podía ser maior; e isto foi así, e todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor.
(III) E por iso, señora, estaría moi ben que tivésedes piedade de min, que sufro unha coita sen par, da cal vós sabedes que pasou e pasa por min, e todo este mal eu sufrín por vós e polo voso amor.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8C 8A (= RM 161:239)
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
Entre as dúas posibilidades de solución no encontro do pronome con é (m'e / mi é), optamos pola lección de B. Véxase a situación contraria en 547.7.
Para a correcta interpretación da pasaxe, puntuamos conforme indica o sentido (perder coitas vs. sofrer pesar e mal), ao tempo que debemos supor un verbo elíptico como sofrer (tal como indica o refrán) na frase e pesar / nen mal non podia maior. A poesía de Don Denis mostra unha especial preferencia por estas construcións non + poder + verbo elíptico + maior:
ca viv’en tal cuidado
come quen sofredor
é de mal aficado
que non pode maior (548.11).
e do pesar que vós tomades i
tom’eu pesar que non posso maior (560.16).
O verbo amercear-se ‘ter mercé de alguén, condoerse’ semella unha voz en principio poética, pois inicialmente só se atesta en Don Denis (véxase tamén 538.2) e mais nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. amerce͂ar), aínda que nos textos prosísticos portugueses do século XV se rexistra con certa frecuencia (véxase CdP, s.v.).
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :