391 [= RM 70,41]
Quantos an gran coita d’amor

Quantos an gran coita d’amor
eno mundo qual oj’eu ei
querrian morrer, eu o sei,
e averian én sabor;
mais mentr’eu vos vir, mia sennor,
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
Pero ja non posso guarir,
ca ja cegan os ollos meus
por vós e non me val i Deus
nen vós; mais, por vos non mentir,
enquant’eu vos, mia sennor, vir,
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
E tenno que fazen mal sén
quantos d’amor coitados son
de querer sa morte se non
ouveron nunca d’amor ben
com’eu faç’; e, sennor, por én
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


A 234, B 424, V 36

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 456); Nobiling (2007 [1907]: 75-76 [= LPGP 458]); Littera (2016: I, 513-514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 21); Braga (1878: 7-8); Carter (2007 [1941]: 135-136); Machado & Machado (1950: II, 244-245); Domingues (1992: 30); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 391).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 32-33); Correia (1978: 124); Departamento de Filologia Galega (1980: 41); Fiúza (1981: 126-127); Sansone (1990: 120); Jensen (1992: 156); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 95); Fidalgo (2009a: 78).

Variantes manuscrites


2 oj’eu] oreu B   3 querrian] queiriam B; morrer] moirer BV   5 vos] uos ABV   6 eu] en B; querria] queiria BV   8 Pero] Ero A   10 me] mi BV   11 vos] uos A   12 vos] uos ABV   13 querria] q̄iria B   16 quantos] ꝗ̄ta V; coitados] cuycadꝯ V   19 eu] en B; por én] (e) poren A   20 querria] queria A : q̄iria BV

Variantes éditoriales


2 eno] ẽ-no Nobiling   5 vos] vos Michaëlis : vós Nobiling   10 me] mi Nobiling, Littera   11 vos] vos Michaëlis   12 vós] vos Littera   20 querria] quer[r]ia Michaëlis

Paraphrase


(I) Cantos teñen gran coita de amor no mundo como a que eu hoxe teño quererían morrer, seino eu, e sentirían gozo con iso; mais mentres eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...

(II) Porén, xa non podo sobrevivir, porque xa cegan os meus ollos por vós e Deus non me auxilia nesta situación, nin vós; mais, por non vos mentir, en canto eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...

(III) E coido que obran con insensatez cantos están coitados polo amor ao quereren a súa morte se non recibiron nunca ben do amor, como me pasa a min; e, señora, por iso sempre eu querería vivir e esperar e esperar...

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= RM 139:17)

Notes


Texte
  • 2

    A lección de B (<oreu>) pode ser interpretado como un erro <r>/<i> por <oieu>, aínda que tamén pode constituír unha variación sinonímica oje / ora (*qual or’eu ei).

  • 6

    Nótese a repetida concordancia vir – querria (tamén nos vv. 12-13), co verbo principal en pospretérito, situación que pode acharse moi esporadicamente no corpus das cantigas profanas (véxase nota a 237.13-14). Neste caso, a concordancia esperada sería vir ... quero ~ querrei, ou, contrariamente, visse ... querria

  • 11

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. 

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter