I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 456); Nobiling (2007 [1907]: 75-76 [= LPGP 458]); Littera (2016: I, 513-514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 21); Braga (1878: 7-8); Carter (2007 [1941]: 135-136); Machado & Machado (1950: II, 244-245); Domingues (1992: 30); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 391).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 32-33); Correia (1978: 124); Fiúza (1981: 126-127); Sansone (1990: 120); Jensen (1992: 156); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 95); Fidalgo (2009a: 78).
2 oj’eu] oreu B 3 querrian] queiriam B; morrer] moirer BV 5 vos] uos ABV 6 eu] en B; querria] queiria BV 8 Pero] Ero A 10 me] mi BV 11 vos] uos A 12 vos] uos ABV 13 querria] q̄iria B 16 quantos] ꝗ̄ta V; coitados] cuycadꝯ V 19 eu] en B; por én] (e) poren A 20 querria] queria A : q̄iria BV
2 eno] ẽ-no Nobiling 5 vos] vos Michaëlis : vós Nobiling 10 me] mi Nobiling, Littera 11 vos] vos Michaëlis 12 vós] vos Littera 20 querria] quer[r]ia Michaëlis
(I) Cantos teñen gran coita de amor no mundo como a que eu hoxe teño quererían morrer, seino eu, e sentirían gozo con iso; mais mentres eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...
(II) Porén, xa non podo sobrevivir, porque xa cegan os meus ollos por vós e Deus non me auxilia nesta situación, nin vós; mais, por non vos mentir, en canto eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...
(III) E coido que obran con insensatez cantos están coitados polo amor ao quereren a súa morte se non recibiron nunca ben do amor, como me pasa a min; e, señora, por iso sempre eu querería vivir e esperar e esperar...
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= RM 139:17)
A lección de B (<oreu>) pode ser interpretado como un erro <r>/<i> por <oieu>, aínda que tamén pode constituír unha variación sinonímica oje / ora (*qual or’eu ei).
Nótese a repetida concordancia vir – querria (tamén nos vv. 12-13), co verbo principal en pospretérito, situación que pode acharse moi esporadicamente no corpus das cantigas profanas (véxase nota a 237.13-14). Neste caso, a concordancia esperada sería vir ... quero ~ querrei, ou, contrariamente, visse ... querria.
A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: