305 [= Tav 147,16]
Quant’eu máis donas mui ben parecer

Quant’eu máis donas mui ben parecer
vej’u eu and’e entendo ca son
mui boas donas, se Deus me perdon,
e quantas donas máis posso veer
atant’eu máis desejo mia sennor
e atant’entendo máis que é mellor.
E mia sennor, a quen a Deus mostrar
u vir das outras as que an máis ben,
ben vera que cab’ela non son ren,
e quant’eu ouç’as outras máis loar
atant’eu máis desejo mia sennor
[e atant’entendo máis que é mellor].
E Deus Sennor, que lle tanto ben fez,
u a juntar con quantas no mund’á
das mellores, tant’ela máis valra,
e quant’eu vej’às outras máis de prez
atant’eu máis desejo mia sennor
[e atant’entendo máis que é mellor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


A 194, B 345

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 379); Barbieri (1980: 55 [= LPGP 915]), Littera (2016: II, 471-472).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 126); Carter (2007 [1941]: 114); Machado & Machado (1950: II, 105); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 305).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 36).

Varianti manoscritte


1 máis] mas B   2 vej’u eu] Veio eu e B   3 me ] mj B   5 máis] mas A   7 mia] nha B   8 u] om. B   9 vera] ueera B   10 ouç’as] ouço as B; máis] mas A   13 lle] lhi B   14 u a juntar con] Vay iūtar o B; quantas] quatas A   15 valra] ualira B   16 vej’] om. B; máis] mas A

Varianti editoriali


1 máis] mas Barbieri   3 boas] bõas Michaëlis; me] mi Barbieri   6 que] qu(e) Michaëlis   9 vera] veerá Barbieri   10 ouç’as] ouço as Barbieri   12 que] qu(e) Michaëlis   13 lle] lhi Barbieri   16 às] as Michaëlis, Littera   18 que] qu(e) Michaëlis

 

Parafrasi


(I) Cantas máis donas de moi fermoso parecer vexo por onde eu ando, que son –penso eu– moi boas donas, así Deus me perdoe, e cantas máis mulleres podo ver, tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).

(II) E a miña señora, aquel a quen a mostre Deus, cando vexa aquelas que de entre as outras teñen maior ben, ben verá que ao seu lado non son nada, e canto máis eu escoito louvar as outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).

(III) E Deus Señor, que lle fixo tanto ben, cando a xunte con todas as mellores (mulleres) que hai no mundo, tanto máis valerá ela, e canto eu máis vexo ás de máis prez das outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).
 

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:227)

Encontros vocálicos: 6 *e‿atant(o); 12 *e‿atant(o); 18 *e‿atant(o)

Note


Testo
  • 5

    Nesta cantiga en A aparece repetido no refrán o erro <mas> por <mais> (véxase tamén vv. 10, 16), que só volvemos encontrar en 355.2.

  • 6

    A presenza de atanto neste verso provoca unha aparente hipermetría agás que consideremos unha rara sinalefa e‿atanto ou, alternativamente, a máis anómala que‿é (sobre qu(e) en Michaëlis véxase nota a 18.23). Porén, é moi posíbel que atanto sexa un erro de copia inducido polo anterior atanto do v. 5.

  • 9

    Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6); u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); meu ben seria [<seeria> BV]; mais non llo direi (996.15) etc.

Cerca
    Nessun risultato trovato