[last revised: 30/01/2024]Print

313 [= Tav 72,14]
Quand’oj’eu vi per u podia ir

Quand’oj’eu vi per u podia ir
a essa terra u é mia sennor
(e u eu d’ir avia gran sabor
e me d’ali non podia partir),
chorei tan muito destes ollos meus
que non vi ren, e chamei muito Deus.
Preto fui en que podera chegar,
se eu ousasse, ced’u ela é;
mas ouvi gran coita, per bõa fe,
e, pois d’ali me non ousei quitar,
chorei [tan] muito d[estes] o[llos] m[eus
que non vi ren, e chamei muito Deus].
Por mal de min oj’eu o logar vi
per u iria, se ousasse, ala;
pero m’ela non fez ben nen fara,
catand’ala direi-vos que fiz i:
chorei tan muito destes ollos meus
que non vi ren, e chamei muito Deus
que me valess’, e non quis El assi
nen me deu ren de quanto lle pedi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


A 202, B 353

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 393-394 [= LPGP 475]), Littera (2016: I, 549).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 129); Carter (2007 [1941]: 118-119); Machado & Machado (1950: II, 118-119); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 313).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 135); Torres (1977: 524); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 103); Arias Freixedo (2003: 503-504); Souto Cabo (2017: 127).

Manuscript variants


2 terra] tirā B   4 d’ali] daquj B   7 Preto fui en que] Pero foy en que a B   8 ousasse] oussasse A; ced’u ela é] dizer ela e B   9 mas ouvi] Mays ouue B   10 d’ali me non ousei quitar] dalhi nōmou sei quitar e B   13 logar] logwr B   14 per] ꝑa B; iria] ira A; ousasse, ala] Ousassala B   17 tan muito] tanto A : muyto B   19 me] mj B   20 me] mj B; lle] lhi B

Editorial variants


4 d’ali] daqui Littera   7 en] én Michaëlis, en Littera   9 mas] mais Michaëlis, Littera   10 d’ali] daqui Littera   14 iria] ira Michaëlis   16 catand’ala] catando-la Michaëlis; vos] vus Michaëlis 

Paraphrase


(I) Cando hoxe eu vin (o lugar) por onde podía ir a esa terra onde está a miña señora –e a onde eu tiña un gran desexo de ir– e non me podía ir de alí (para onde ela estaba), chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus.

(II) Estiven tan preto que podería chegar logo, se me atrevese, a onde ela está; mais tiven gran coita, abofé, e, xa que non me atrevín a me ir de alí, chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus.

(III) Polo meu mal vin eu hoxe o lugar por onde eu, se me atrevese, iría alá; aínda que ela non me fixo ben nin mo fará, ollando para alá direivos o que fixen: chorei tanto destes meus ollos que non vin cousa ningunha, e invoquei moito a Deus (1) para que me valese, e El non quixo (facelo) así nin nada me deu de canto lle pedín.
 

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10a 10a (= Tav 160:123)

Encontros vocálicos: 14 ousasse,‿ala

Notes


Text
  • 7

    A construción relativa en que debe equivaler a ‘onde’, da mesma maneira que en Tal sazon foi en que eu ja perdi ... (626.1) equivale a ‘cando’. En calquera caso, en debe ser unha partícula semitónica, tal como solicita a acentuación na cuarta sílaba, sistemática en toda a cantiga agás no v. 15).

  • 8

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <oussasse> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 9

    A forma ouvi, con -i final, é rara en A, xa que só se rexistra en 347.3 e 417.13. Sorprendentemente, neste caso B presenta a forma <ouue>.

  • 10

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <|ali> A, <|alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <|elhes> B, <|elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <|elhas> BV (1205.7); elos <|elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 14

    Carolina Michaëlis incorpora a forma irá dun modo acrítico, pois a concordancia verbal esixe unha forma en pospretérito (iria ... ousasse), presente en B, de modo que é necesaria a sinalefa ousasse‿ala.

  • 16

    A versión de Michaëlis parte dunha lectura errada que a leva a estabelecer unha forma la (catando-la) do pronome, con conservación de -l- que só se atesta nas cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2013a).

Search
    No results