1481 [= RM 63,62]
Quando chaman Joan Airas reedor, ben cuid’eu logo

Quando chaman Joan Airas reedor, ben cuid’eu logo,
per boa fe, que mí chaman; mais a Nostro Senhor rogo
que, a tal, demo o tome,
per que tolhan o nome.
Veen Joan Airas chamando per aqui todo o dia,
e eu vou quando o chaman; mais rog’eu a Santa Maria
que, a tal, demo o tome,
per que tolhan o nome.
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscrits


B 1462 (f. 306r, col. b), V 1072 (f. 174v, col. b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 279); Rodríguez (1980: 312 [= LPGP 401]); Lopes (2002: 184); Littera (2016: I, 469).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 372); Braga (1878: 204); Machado & Machado (1958: VI, 165); Fernández Pousa (1959: 279).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 349-350).

Variants manuscrites


1 reedor] beedor V   2 rogo] Jrogo B   3 tome] tomo V   4 que] que ue B : q̄ue V   5 todo o dia] Todeo bia B : todo dia V   6 vou quando ... rogu’eu] quand e ... Jrogueu B   8 tolhan] Tholam B

Variants editorials


1 Joan Airas reedor] Joan’Airas veedor Lopes : Joan’Airas reedor Littera   3 que, a tal, demo] que atal Demo Lapa, Lopes, Littera   4 que tolhan] que vo[s] tolhen Rodríguez : que me tolhen Lapa : que me tolhem Lopes, Littera   5 Veen] Vẽen Lapa : Vêm Littera; Joan Airas] Joam’Airas Lopes, Littera   6 quando o] quand’o Littera   7 que, a tal, demo o tome] que atal o Demo tome Lopes : que atal Demo tome Littera   8 que tolhan] que vo[s] tolhen Rodríguez : que me tolhen Lapa : que me tolhem Lopes, Littera

Paràfrasi


(I) Cando chaman por Joán Airas o barbeiro, logo eu penso, abofé, que me chaman a min; mais a Noso Señor rogo que a ese tal o leve o demo, para que retiren o nome.
(II) Veñen chamando Joán Airas todo o día por aquí, e eu vou cando o chaman, mais rogo a Santa María que a ese tal o leve o demo, para que retiren o nome.

Mètrica


Esquema métrico: 2 x 15’a 15’a 6’B 6’B

Encontros vocálicos: 3 demoo; 5 todoo; 6 quandoo; 7 demoo

Notes


Text
  • 1

    Nas cantigas de Joan Airas de Santiago existe un caso de autonominatio na cantiga UC 1485. Porén, o Joan Airas citado agora neste verso é un reedor, isto é, un barbeiro do arcebismo de Santiago de Compostela que tería o mesmo nome que o trobador compostelán (cfr. raedores en 1375.11). Neste sentido, é ben explícita unha pasaxe dun documento compostelán de 12 de outubro de 1260 arredor de Sancho Sanchez (Sancius Sancii) e Pero Meogo (Petrus Moogus), onde comparece entre as testemuñas Iohannes Arie, rasor domini archiepiscopi (Souto Cabo 2012d: 291, doc. nº 12).

  • 2

    Editamos , complemento sen preposición, “acusativo oblicuo tónico”, tal como propón Monteagudo (2019: 113-114), que considera tamén a posibilidade de interpretar que m’i chaman (nótese o sistemático acento na 6ª sílaba dos versos da cantiga).

  • 3

    Foi José Luís Rodríguez quen estabeleceu a deglutinación de atal, explicitando a través da puntuación o sentido do verso e do refrán.

  • 4

    Resulta absolutamente sorprendente que B e V presenten exactamente o mesmo erro que en 1478.6 (que <queue> B, <q̅ue> V). Esta aparente secuencia excedente foi interpretada como vo[s] polo autor da edición crítica de Joan Airas: per que vo[s] tolhan o nome.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat