311 [= Tav 72,13]
Quand’eu podia mia sennor

Quand’eu podia mia sennor
veer, ben desejava enton
dela eno meu coraçon,
e non querria ja mellor
de lle falar e a veer
e nunca outro ben aver.
Chorand’enton dos ollos meus,
con tanto ben desejand’al,
e sofro agora muito mal,
e non querria máis a Deus
de lle falar e a veer
[e nunca outro ben aver].
Eu perdia enton o sén,
quando lle podia falar,
por seu ben, que me desejar
faz: Deus me fezesse este ben
de lle falar e a veer
[e nunca outro ben aver!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 200, B 351

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 389-390 [= LPGP 475]); Littera (2016: I, 547-548).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 128); Carter (2007 [1941]: 117-118); Machado & Machado (1950: II, 115); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 311).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 324); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 102).

Variantes manuscritas


4 querria] queiria B   5 de] {D} A; lle] lhi B   9 sofro] soffra : sofrer B   10 querria] queiria B   11 lle] lhi B; falar] fala A   14 lle] lheu B   16 me fezesse] que me fez B   17 lle] lhi B

Variantes editoriales


2 desejava] desejav(a) Michaëlis   4 querria] queria Michaëlis   8 desejand’al] desejav(a) al! Michaëlis   9 sofro] soffr(o) Michaëlis : sofr' Littera   16 fezesse] fezess(e) Michaëlis : fezess' Littera

Paráfrasis


(I) Cando eu podía ver a miña señora, de corazón desexaba entón o seu ben, e non querería nada mellor que falarlle e vela, e non ter nunca outro ben.

(II) Chorando entón cos meus ollos, con tanto ben, desexando outro (maior), sufro agora moito mal, e non querería máis de Deus que falarlle e vela, e non ter nunca outro ben.

(III) Eu daquela, cando lle podía falar, perdía o sentido polo seu ben, que me fai desexar: (oxalá) que Deus me fixese este ben de falarlle e vela, e non ter nunca outro ben!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:353)

Encontros vocálicos: 2 desejava‿enton; 9 sofro‿agora; 16 fezesse‿este

Notas


Texto
  • 9

    Nótese como en sofro os dous códices presentan lección diverxente e errada, téndomos de interpretar a forma de Ajuda como un erro por contigüidade, xa emendado na edición de Michaëlis.

  • 10

    Isto é: ‘E non querria (pedir) máis a Deus do que lle falar a e ver...’.

  • 16

    A puntuación de Michaëlis e Littera (faz Deus, me fezesse...) imposibilita a correcta sintaxe e interpretación do período, onde volve aparecer unha forma subxuntiva con función de verbo principal: fezesse é o verbo principal, a pesar de subxuntivo, do período, de carácter desiderativo, cun uso sintáctico que se documenta esporadicamente na lingua medieval. Cfr., por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344: E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Cintra 1952-1990: II, 123); ou na tradución da Confessio Amantis: E quisesse ora Deus que nós... (Faccon 2012: 283). No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 237.3, 310.16-17, 376.16, 532.1, 812.9.

Buscar
    Sin resultados