1354 [= RM 46,6]
Quand’eu passei per Dormãa

Quand’eu passei per Dormãa
preguntei por mia coirmãa,
a salva e pa[a]çãa.
Disseron: «Non é aqui essa,
alhur buscade vós essa,
mais é aqui a abadessa».
Preguntei: «Por caridade,
u é d’aqui salvidade
que sempr’amou castidade?».
Disseron: «Non é aqui [essa,
alhur buscade vós essa,
mais é aqui a abadessa]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1337, V 944

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 220); Martínez Pereiro (1992: 81 [= LPGP 312]); Lopes (2002: 30); Littera (2016: I, 346-347).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 323); Braga (1878: 177); Machado & Machado (1958: VI, 71); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 52); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 55).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 252); Tavares & Miranda (1987: 368); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 100); Diogo (1998: 25); Corral Díaz & Vieira (2023: 61).

Variantes manuscritas


1 passei] passay B; Dormãa] dormaa BV   2 coirmãa] coyrmaa BV   3 pa[a]çãa] pacaa B   6 abadessa] abbadessa B : albadessa V

Variantes editoriales


1 Dormãa] Dormã Lopes   2 coirmãa] coirmã Lopes   3 pa[a]çãa] paçãã Lopes : [a] paçãa Littera

Paráfrasis


(I) Cando eu pasei por Dormeá, preguntei por miña curmá, a casta e palaciana. Dixeron: «Non está aquí esa, buscádea noutro lugar, mais aquí está a abadesa».
(II) Preguntei: «Por caridade, onde neste lugar está a pureza que sempre amou a castidade?». Dixeron: «Non está aquí esa, buscádea noutro lugar, mais aquí está a abadesa».

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7’a 7’a 7’a 7’B 7’B 7’B (= RM 19:38)
Encontros vocálicos: 2 co͜ir·mã·a; 4 aquiessa; 6 aabadessa; 10 aquiessa; 12 aabadessa

Notas


Texto
  • *

    Esta composición está incluída nos cantares da rúbrica da cantiga UC 48 (B 75; B 1336, V 943), un escarnio de amor que foi copiado dobremente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase ibidem): «Outrossi fez estas cantigas a ũa abadessa, sa coirmãa, en que entendia. E passou per aquel moesteiro un cavaleiro e levava ũa cinta, e deu-lha porque era pera ela; e por én trobou-lhi estes cantares»1 .

  • 1

    Dormãa alude ao mosteiro de Dormeá, no concello coruñés de Boimorto. É descoñecido o nome da abadesa, “ma ella sara verosimilmente una discendente di Lupa Peres de Trava, fondatrice dell' abbazia, al cui lignaggio Fenan Paez risulta legato da rapporti di parentela: (...) con la quale egli intratteneva altresì una relazione di natura amorosa” (cfr. Marcenaro & González 2024: s.v. Dormãa). Sobre a historia deste mosteiro, véxanse a síntese de Rodríguez Muñiz (2023: 131-143).

  • 2

    A voz coirmãa, igual que o masc. coirmão, presenta aínda na fase medieval a forma gráfica máis etimolóxica (< co-germanum/am), anterior á fixación definitiva no gal. mod. curmán/curmá, cos precursores cuirmão e cuirmãa na Crónica Geral de Espanha de 1344 (cfr. CGPA). Nótese, porén, que coirmãa xa é voz trisilábica no texto.

  • 3

    O adxectivo salvo, no contexto, presenta a acepción de ‘puro, inocente’, en liña con salvidade, no v. 8, un verdadeiro hápax na lingua, equivalente a ‘inocencia, pureza’ (< salvo + -idade).

  • 4-5

    Nótese a repetición da palabra rimante essa nos dous primeiros versos do refrán, que parece remitir ás frecuentes reiteracións que se poden achar nos refráns de Joan Garcia de Guilhade. Véxase nota a 14.48-50.

  • 6

    A lección <albadessa> de V probabelmente mostra unha rara variante (gráfica), en liña co albade que se rexistra algunhas veces ao longo do século XIII.

  • 7-12

    Esta estrofa de Fernan Paez lembra a cantiga 865 de Airas Nunez, á procura da verdade nas diversas ordes monásticas ou de cabalaría.

  • 8

    A voz salvidade ‘inocencia, pureza’ é ocorrencia única na lingua medieval (e moderna), constituíndo, por tanto, un hápax, derivación nominal de salvo ‘inocente, puro’.

  1. ^

    Outrosí fixo estas cantigas a unha abadesa, súa curmá, que el pretendía de amores. E pasou por aquel mosteiro un cabaleiro e levaba unha cinta, e deulla porque era para ela; e por iso lle compuxo estes cantares.

Buscar
    Sin resultados