I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 324-325 [= LPGP 899-900]); Arias Freixedo (2010: XI); Littera (2016: II, 443-444).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180-181); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 260).
3 cuidav’enton] cuydar entō V 6 des i] dely B 8 mia] om. B 9 avia] au’ya B 10 teer] ueer B 16 cuidei] Cuydai B
5 viss’, e] visse Nunes 9 coita] coyt(a) Nunes 10 cuidav’a teer] cuidava teer Nunes, Arias Freixedo, Littera 11 viss’, e] visse Nunes 16 coit’a quitar] coita quitar Nunes, Arias Freixedo, Littera 17 viss’, e] visse Nunes
(I) Cando eu non podía ver a señora do meu corazón e de min, ben coidaba daquela que eu puidese perder a coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.
(II) Aínda que perdía o siso pola miña fermosa señora, canta coita de amor tiña non pensaba que fose nada só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.
(III) De canto eu coidei levar a cabo ningunha cousa conseguín, pois vede o que pensei: pensei en me librar da coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:381)
Encontros vocálicos: 9 coita‿avia
A lección de V permitiría unha lectura levemente diferente á ofrecida por B, con mudanza de tempo verbal: ben cuidar’enton / que podesse coita perder.
A segmentación da copulativa, ausente en Nunes, permite, máis unha vez enlazar naturalmente o discurso no refrán sen cortes sintácticos abruptos.
Como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén, a diferenza de Nunes, Arias Freixedo e Littera, segmentar a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo, dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca. E algo similar acontece no v. 16 (cuidei-me de coit’a quitar), embora neste caso a distancia entre o verbo e a preposición permita facilmente evitar esa deglutinación (cuidei-me de coita quitar).
Por outra banda, a expresión (non) teer en ren rexístrase noutra ocasión con este significado na obra de Roi Fernandiz de Santiago: Tod’este mal… non o terria ja en ren… (914.10) e tamén a empregan outros autores (véxase Glosario, s.v. teer en ren). Pero d’Armea, por exemplo, utilízaa no refrán da cantiga 1084, que garda moitas similitudes con esta: se eu já mui gran coita tenh’en ren.
Véxase nota ao v. 10.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: