361 [= Tav 127,10]
Quand’eu, mia sennor, convosco falei

Quand’eu, mia sennor, convosco falei
e vos dixe ca vos queria ben,
sennor, se Deus me valla, fiz mal sén,
e, per como m’end’eu depois achei,
ben entendi, fremosa mia sennor,
ca vos nunca poderia maior
pesar dizer; mas non pud’eu i al,
mia sennor, se Deus me valla, fazer,
e fui-vo-lo con gran coita dizer;
mas, per com’eu depois m’end’achei mal,
ben entendi, fremosa mia sennor,
[ca vos nunca poderia maior]
pesar dizer; e mal dia naci
porque vos fui dizer tan gran pesar
e porque m’end’eu non pude guardar,
ca, por quant’eu depois por én perdi,
ben entendi, fremosa mia sennor,
[ca vos nunca poderia maior]
pesar dizer do que vos dix’enton;
mais, se menti, ja Deus non me perdon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


A 222, B 392, V 2

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 429); Nunes (1919: II, 321 [= LPGP 853]); Machado (1981: 27); Littera (2016: II, 387).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 5-6); Braga (1878: 1); Carter (2007 [1941]: 129-130); Machado & Machado (1950: II, 183-184), Camargo et alii (1985: 33); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 361).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 54-55); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 200).

Variantes manuscrites


1 sennor, convosco] senor con uusco A   2 e vos] e uus A : euus V; dixe] dixi BV; vos] uus AV   3 me] mj B : mi V; fiz mal sén] fix sal sen V   4 depois achei] depous acheu V   5 ben] en {B reffran} A   6 vos] uus AV   7 dizer] diz B; mas] mays BV; pud'eu i] pudeu y {eu y} A : pudeu BV   8 Deus] des V; me] mj B : om. V; valla] nalha B : om. V; fazer] faz B   9 fui-vo-lo] fuynolo B; dizer] diz B   10 mas] mays B : Mays V; depois m’end’achei] despois meu achei BV   14 vos] uus A : ua V   15 pude] pudi BV   16 quant’eu depois] quanto ds̄ B : quāto d’z V   19 vos] uus A : nꝯ B; entón] ētō(n) V   20 mais] maus V; ja] om. BV; me] mj B : mi V

Variantes éditoriales


1 convosco] convusco Michaëlis, Machado   2 vos] vus Michaëlis, Machado; dixe] dixi Nunes; vos] vus Michaëlis, Machado   3 me] mi Nunes; fiz] fix Nunes   4 achei] [mal] achei Littera   6 vos] vus Michaëlis, Machado   7 mas] mays Nunes : mais Littera   10 mas] mais Nunes, Littera; depois m’end’achei] despois m’en achei Nunes   12 vos] vus Michaëlis, Machado   14 vos] vus Michaëlis, Machado   15 pude] pudi Nunes, Littera   16 quant’eu] quanto Nunes, Littera   18 vos] vus Michaëlis, Machado   19 vos] vus Michaëlis, Machado   20 me] mi Nunes

Paraphrase


(I) Cando eu falei convosco, miña señora, e vos dixen que vos amaba, señora, así Deus me valla, fixen unha insensatez, e, por como eu despois me achei por iso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (II) pesar dicir; mais eu non puiden facer aí outra cousa, miña señora, así Deus me valla, e fúnvolo dicir con gran coita; mais, por como eu despois me encontrei mal por iso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (III) pesar dicir; e en triste día nacín porque vos fun dicir tan gran pesar e porque eu non o puiden evitar, pois, por canto eu despois perdín por causa diso, ben entendín, miña señora fermosa, que nunca vos podería maior (1) pesar dicir do que vos dixen daquela; mais, se mentín, que Deus non me perdoe.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10d 10d (= Tav 160:211)

Notes


Texte
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    En V comparece a lección <fix>, cunha aparente palatalización de fiz que non volve aparecer nos cancioneiros (véxase nota a 18.8): debe, por tanto, ser un erro do copista do Cancioneiro da Vaticana.

  • 10

    A variación depois (< de-pŏst) vs. despois (< de-ex-pŏst) entre A e BV non indica preferencia por ningunha das formas (para alén da predominancia da forma depois) conforme os cancioneiros: en 176.13 e 279.r1. A ofrece despois fronte a depois en B, mentres que en 361.10 e 423.15 aparece depois en A e despois en BV.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé