I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 247-248); Spampinato Beretta (1987: 96-97 [= LPGP 295]); Littera (2016: I, 320-321).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100-101); Carter (2007 [1941]: 72-73); Marques Braga (1945: 229-230); Machado & Machado (1949: I, 382-383); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 219).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 76-77); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 63).
1 Quan] uan A 3 nen ar sabe] (nen ar sabe) / nr̄o sennor) ne ar sabe A 6 mí] min A 7 me] mj B 8 que me] quen mj B 10 lle] lhi B 12 aind’El] antdael B 16 mí] mj̄ B; coidar] cuydar B 19 coita alguen] cuytalguē B 23 o] a B
2 non no] non o Spampinato Beretta : non’o Littera 8 que] quem Littera 16 coidar] cuidar Michaëlis, Littera 19 coita] coit(a) Michaëlis : coit’ Spampinato Beretta, Littera 20 que] om. Littera; ll’i] lli Spampinato Beretta : lhi Littera
(I) Canto eu amo amo unha muller non o sabe Noso Señor, nin tampouco sabe canto pavor teño hoxe eu dela, penso eu, porque, se o soubese, eu sei que se apiadaría de min e non me faría así querer ben a quen me quere mal.
(II) Aínda que din que non se lle pode ocultar ningunha cousa que El non saiba, eu ben sei que aínda El non sabe o ben que eu lle quero nin sabe o mal que me ela fai ter por si, porque, se o soubese, apiadaríase de min, segundo eu penso, (III) porque Deus é de tal corazón que, cando sabe que alguén sofre gran coita no seu, logo alí lle pon remedio; e por isto sei eu que non sabe El a coita que eu teño, nin eu iso crerei nunca, certamente.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d 8a (= RM 200:1)
Encontros vocálicos: 11 sá·bia; 19 coita‿alguen
Eis outro exemplo de tmese métrica no corpus profano, en que o poeta estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura (pospretérito) con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación versal é tamén presente en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 308.11-12, 1138.13-14, 1476.3-4, 1538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.
A conxunción consecutiva que reitérase tras o período parentético:
ca Deus de tal coraçon é
que, tanto que sabe que ten
eno seu mui gran coita alguen,
que logo ll’i consello pon
O posesivo seu refírese a coraçon (v. 17): ten / eno seu (coraçon) mui gran coita...
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: