I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 44-45 [= LPGP 216]); Nunes (1972 [1932]: 150-151); Eirín (2015: 179); Littera (2016: I, 192-193).
II. Outras edicións: Moura (1847: 71-73); Monaci (1875: 54); Braga (1878: 26); Machado & Machado (1952: III, 110); Júdice (1997: 122); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 45); Spina (1972: 332).
4 pecados] pecadus V 11 tevestes] Tenestes B : ceuestes V 19 ainda] amda B : auida V
19 ainda] a vida Lang, Littera
(I) Quérovos preguntar, señora fermosa, por Deus, que vos fixo mesurada e de moito mérito, que pecados foron os meus, pois nunca tivestes a ben facérdesme nunca ben.
(II) Aínda que sempre vos amei, desde aquel día en que vos vin, máis que aos meus ollos en min, e así o quixo Deus dispor, que nunca tivestes a ben facérdesme nunca ben.
(III) Desde que vos vin sempre vos quixen o máis que vos podía querer con todas as miñas forzas, mais quixo Noso Señor que nunca tivestes a ben facérdesme nunca ben.
(1) Mais, señora, aínda con ben se compensaría un ben por outro ben.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:333)
Encontros vocálicos: 15 quigi‿a
O feito de que a lección <en> sexa unánime en BV na expresión os meus olhos en min, xunto co aparecemento da mesma construción noutra cantiga dionisina (en 571.15), lévanos a manter –xunto cos anteriores editores– esta singular expresión do rei-trobador. Deste xeito, o sentido dos versos segundo a literalidade dos manuscritos podería ser este: ‘desde que vos vin, quérovos máis que aos ollos do meu rostro (que aos meus propios ollos)’.
No entanto, podería tamén pensarse nun erro de copia <en>/<e> de maneira que a lectura verdadeira fose os olhos e min, coa escisión entre os ollos e a persoa namorada, que se rexistra con frecuencia no corpus. A mesma formulación literal deste desdobramento do eu poético e dos seus ollos poden verse, por exemplo, en Fernan Rodriguez de Calheiros (Que mal matei os meus olhos e mí, 45.1).
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
As leccións <amda> de B e <auida> de V (véxase a mesma errada lección en 1281.4) permiten tamén interpretar a vida, tal como Lang e Littera fixeron. Porén, para o contexto acae mellor ainda, tamén posíbel a partir dos manuscritos: ‘aínda estarían a tempo de a senhor compensar co seu ben a indiferenza con que até agora respondeu ao seu amor’.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: