145 [= Tav 97,35]
Por Deus vos rogo, mia sennor

Por Deus vos rogo, mia sennor,
que me non leixedes matar,
se vos prouguer, a voss’amor,
e, se me quiserdes guardar
de morte, guardaredes i
voss’ome, se guardardes mí,
e que vos nunca fez pesar.
E, se quiserdes, mia sennor,
min en poder d’Amor leixar,
matar-m’-á el, pois esto for;
e quen vos vir desamparar
min, que fui vosso pois vos vi,
terrá que faredes assi
depois a quen s’a vós tornar.
E, se me contra vós gran ben
que vos quero prol non tever,
matar-mi-á voss’amor por én,
e a min sera mui mester,
ca log’eu coita perderei;
mas de qual mort’eu morrerei
se guarde quen vos ben quiser.
E querra-se guardar mui ben
de vós quen mia morte souber,
e tenno que fara bon sén;
e, se se guardar non poder,
avera de vós quant’eu ei:
atal coita de que ben sei
que morrerá quen a ouver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 58, B 169

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 121-122); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 106-107 [= LPGP 656-657]); Littera (2016: II, 130-131).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69); Carter (2007 [1941]: 37); Machado & Machado (1949: I, 256-257); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 145).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 44-45).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   3 vos] uus A; a] e B   7 vos] uus A   11 e] a AB; desamparar] desenparar B   13 terrá] teira B   14 vós] u A; cᵉnar B   15 me] mj B; vós] u A   16 tever] touer A   17 -mi-á] ma B   20 morrerei] moirerey B   22 querra] q̄ira B   26 vós] u A : nos B  28 morrerá] moirera B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   3 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   7 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   11 e quen vos] ca quen vus Michaëlis : aquen vus Bertolucci Pizzorusso; desamparar] desenparar Bertolucci Pizzorusso   12 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   14 depois] de pois Bertolucci Pizzorusso   15 me] mi Bertolucci Pizzorusso   16 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; tever] tover Michaëlis   17 -mi-á] -m’á Bertolucci Pizzorusso   21 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   28 quen a] quen-na Michaëlis

Paráfrase


(I) Por Deus vos rogo, miña señora, que non deixedes, se vos prouguer, que o voso amor me mate, e, se me quixerdes amparar de morte, ampararedes así un voso home –se me amparardes a min– que nunca vos causou pesar.

(II) E se quixerdes, miña señora, deixarme en poder de Amor, hame de matar el, logo que isto aconteza; e quen vos vir desampararme a min, que fun voso desde que vos vin, pensará que faredes así a quen a vós regresar.

(III) E se contra vós non me tiver proveito o moito que vos amo, hame matar o voso amor por iso, e a min serame moi necesario, porque hei perder logo a coita; mais da morte de que eu morrerei se garde quen vos ben quixer.

(IV) E quererase gardar de vós quen souber da miña morte, e penso que procederá asisadamente; e se non se puider gardar, recibirá de vós canto eu recibo: unha coita tal de que eu ben sei que morrerá quen a tiver.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:52)

Encontros vocálicos: 17 -mi-‿á

Notas


Texto
  • 6

    O pronome (min nos vv. 9 e 12), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 7

    A sintaxe no final da estrofa I é complexa pola aparición expletiva da copulativa antes do que relativo referido a ome (v. 6).

  • 9

    Para a aparición de min como CD sen preposición (tamén no v. 12) véxase nota a 10.1.

  • 11

    O erro de copia <a>/<e> ten innúmeras ocorrencias ao longo do corpus, incluídos aqueles erros referidos á copulativa, que se poden documentar en B (8.14, 32.12, 78.14, 273.9, 384.20, 475.30, 863.15, 886.17, 1497.28), en V (48.23, 852.10, 1314.14, 1621.5) e en BV (486.6, 1669.3). Así pois, a opción editorial a prol da copulativa parece evidente, sobre todo tendo en conta que a hipotética forma aquen como variante de quen non está atestada e constituiría un hapax. Porén, Michaëlis optou por interpretar a lección <a> como unha forma erradamente copiada de ca, ao tempo que Bertolucci estabelece o hapax aquen.

  • 14-15

    A edición de Bertolucci presenta un texto (terrá que faredes assy / de pois a quen, ss’ a vos tornar) en que separa graficamente depois e parece interpretar se como conxunción condicional, cando a única interpretación lexítima semella a de pronome persoal.

  • 15-17

    Enténdase o hipérbato: ‘E, se contra vós (o) gran ben / que vos quero non me tever prol, / matar-mi-á voss’amor por én’.

  • 16

    Perante a forma tover de A, sospeitosa de castelanismo (con relativa presenza, non obstante, no TMILG, s.v. tover, touer), optamos pola lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, diferentemente de como actuou Carolina Michaëlis, que seguiu fielemente a forma verbal do Cancioneiro da Ajuda.

Procurar
    Não foram encontrados resultados