151 [= Tav 11,9]
Pois que se non sente a mia senhor

Pois que se non sente a mia senhor
da coita en que me ten seu amor,
mia morte mui mester me seria
se sempr’ei d’aver atal andança,
cativo, que non morri o dia
que a vi en cas Dona Costança!
[E] pois o d[ormir] e o sén perdi,
Nostro Senhor, e como non morri
como mor[r]e quen non á proveito
de morrer nen se queria vivo?
Mais eu, que por sandeu [e] tolheito
and’, e como non moiro, cativo?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 175

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 788); Minervini (1974: 27 [= LPGP 112-113]); Littera (2016: I, 107).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 72); Machado & Machado (1949: I, 267); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 29); Rios Milhám (2017: I, 151).
III. Antoloxías: Souto Cabo (2017: 54).

Variantes manuscritas


4 andança] andāca B   5 o] e B   6 Costança] costanca B   7 [E] pois o [dormir]] Pois o dia? B1   8 morri] axrri B   10 de merrer rē sse q̄ria uyno B   11 tolheito] tolheyra B   12 moiro, cativo] marro catijua B

Variantes editoriais


4 sempr’ei] sempr(e) ei Michaëlis   6 Costança] Co[n]stança Littera   7 [E] pois o d[ormir] e] Pois o dia, [logo qu]e Michaëlis : Poys ... Minervini   10 de viver, nen se querria vivo? Michaëlis : de mer[e]cer ren? Ssequer ja vyvo Minervini : de a servir rem? Sequer já vivo Littera   12 moiro] morro Littera

Paráfrase


(I) Xa que a miña señora non se compadece da coita en que me ten o seu amor, seríame moi necesaria a miña morte se sempre hei de ter tal fortuna, infeliz, que non morrín o día en que a vin na casa de Dona Constança!

(II) E xa que perdín o sono e a razón, Noso Señor, como é que non morrín como morre quen non ten beneficio de morrer nin quería seguir vivo? Mais eu, que ando como louco e tolleito, como é que non morro, pobre de min?
 

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10a 9’b 9’c 9’b 9’c (= Tav 50:2)

Notas


Texto
  • 6

    Costança Martins (ca. 1190 - ca. 1255) era esposa do nobre galego D. Munio Fernandez de Rodeiro, meiriño real da Galiza entre 1237 e 1253. No pazo dos Rodeiro debeu funcionar unha escola poética (véxase Souto Cabo & Vieira 2004: 232-234).
    O uso de cas que se percibe na lírica trobadoresca (cas Dona Costança; cas Don Corral, 1368.41369.8; cas sa madre, 1554.18; cas Don Lopo, 1643.6; cas Don Xemeno, 1649.7 e 15) alterna con (en) cas de (especialmente en cas de rei, cas d’el-rei, para alén de cas de Don Corral, 1370.8, cas d’un infançon, 1384.2, e cas da Ifante, 1623.14) e é exactamente o mesmo que no galego moderno.

  • 7

    É certo que Molteni transcribe como <o dia> a lacuna que Colocci tentou resolver; mais tamén é certo que non temos certeza na copia colocciana para alén do feito de actualmente só se percibir (na copia facsimilar do manuscrito) a secuencia <o di>. En calquera caso, a perda do dormir e do sén é constante por causa da coita de amor, razón que nos leva a propor a restauración da lacuna do manuscrito nesta dirección, pois sén e dormir son un par case sistemático na situación de desamor: per que perdi o dormir e o sén (173.10); ca me fazedes ja perder o sén / e o dormir, sennor (191.5-6); e por én / perdi o dormir e perdi o sén (206.15); E perdud’ei o dormir, e o sén / perderei ced’, ... (228.7); ca lle quero tan gran ben que perdi / ja o dormir e, de pran, perderei / o sén mui cedo (245.8-9); perdi o sén e perdi o dormir (378.6); E, pois que viv’en coita tal / per que o dormir e o sén / perdi (555.14); cuidar me tolh’o dormir e o sén (882.18), que ja perdi o dormir e o sén (893.18); E, sennor, ja perdi o sén / cuidand’en vós, e o dormir (994.7-8); ca ja perdi o dormir e o sén / polo seu ben (1000.6); que me tolleu o dormir e o sén (1001.9); ca sén / perç’e dormir? (1107.8-9); per que perdi o sén / e os meus olhos prazer e dormir (1128.15-16).

    Por outra parte, a copulativa inicial, frecuentemente ausente nas copias nesta posición, completa o decasílabo (casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.).

  • 8

    Na estraña lección <axrri> de B rexístrase a confusión gráfica <ax> (o <x> cunha prolongación no trazo inferior esquerdo) que remite a un <m> versal uncial, que se debe pór en relación <merrer> do v. 10, pois nela encontramos outra vez esa grafía para o <m> inicial, que semella, aínda que o non é, un <a> seguido dun <j>.

  • 9-10

    Estes versos parecen presentar un complicado razomaneto siloxístico: ‘se morre aquel que non ten proveito de morrer, como eu (que son desgrazado, tolleito e cativo) non morro?

  • 10

    A lectura deste verso é problemática por canto é necesario emendar os erros do manuscrito. Fronte ás interpretacións dos anteriores editores, excesivamente conxecturais e/ou interventivas, propomos unha simple corrección do frecuentísimo erro <o>/<e>, xa presente no v. 5, na lección <merrer>, ao tempo que é necesario recorrer á confusión <>/<>, que achamos, por exemplo, en 1255.4: nen <> B, <> V.
    Finalmente, aínda que a lección <q̄ria> podería ser interpretada como quer ja (en tempo presente, en liña con á proveito, v. 9), a propia lección de B e a hipometría que implica o tempo presente aconsella unha interpretación queria, que xa no seu momento foi emendada por Michaëlis en prol de querria sen ter en conta a frecuente equivalencia copretérito - pospretérito.
    Deste xeito, coa lectura proposta non é preciso corrixir a hipometría «prolungando la pausa tra ren e Ssequer» (Gonçalves 1976: 123).
    Canto ao sentido do verso, debe terse en conta que nen é unha conxunción copulativa que en determinados contextos, en especial negativos, equivale a e.

  1. ^

    O sintagma <o dia>, co final de lectura dubidosa, está copiado por man de Colocci no espazo en branco deixado polo copista de B.

Procurar
    Não foram encontrados resultados