1496 [= RM 16,14]
Pois que Don Gomez Çura querria

Pois que Don Gomez Çura querria
con boas aves ante prender mal
ca ben con outras, non lhi dé Deus al
erg’estes corvos per que s’el fia,
e, con qual corv’el soubess’escolher,
o leixasse malandante seer
Deus, ca depois en ben tornaria.
[E], com’el sabe d’agoir[ar]ia,
se ouvesse bon corvo carnaçal
ou cornelha ou aguia caudal
atal qual xe Don Gomez oia,
[con] atal lhi leixasse Deus perder
a erdad’e o corp’e o aver,
ca todo x’el depois cobraria.
E, pois sab’el tod’alegoria
d’agoiro, quando da sa casa sal,
se ouvess’el ũa cornelha tal
qual xa Don Gomez consinaria,
con atal viss’el a casa arder
e lhi leixasse Deus morte prender
sen confisson, ca pois s’ar porria,
e, con bon corvo, foss’el pois caer
eno infern’e ficass’en poder
do diaboo, ca pois s’ar porria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 1476 (f. 309r, col. b), V 1087 (ff. 177v, col. b, 178r, col. a) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 128-129 [= LPGP 136-137]); Lopes (2002: 123); Littera (2016: I, 136).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 378-379); Braga (1878: 207-208); Machado & Machado (1958: VI, 183).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975 [1952]: 126); Tavares & Miranda (1987: 301-302); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 43).

Variantes manuscrites


1 Çura querria] cura q̅iria B   2 ante prender] ēteprander B   5 soubess’] soubessey B   8 d’agoir[ar]ia] dagorria B : dagoyria V   9 carnaçal] carnacal B : carnazal V   10 ou] O B : eu V; ou] au V; aguia] aḡa B   11 atal qual] otal oq̅yal V; oia] < + > B : oua V   12 [con] atal lhi] < + > ley B : a cal lhi V   14 todo] tado BV   16 quando] qūdo V   17 se ... cornelha] so ... tornelha V   19 viss’el] uisse V   21 porria] poiria B   23 infern’e] < + > B : ing̃ie V   24 diaboo ... s’ar] dialoo ... sao V; porria] poiria B

Variantes éditoriales


1 Çura] cura Lapa : Cura Lopes, Littera   3 dé] dê Lopes, Littera   6 malandante] mal andante Lapa, Lopes   8 [E], com’el sabe de agoir[ar]ia] Com’el sabe [ben] de agoir[ar]ia Lapa : Com’el sabe [bem] de agoir[ar]ia Lopes : Com[o] el sabe [bem] d’agoiria Littera   12 [con] atal lhi leixasse] [e con tal] lhi leixasse Lapa : [e com] qual lhi deixasse Lopes : [Com] a qual lhi leixasse Littera   13 erdad’e] erdade Lapa; corp’e] corpo e Lopes, Littera   17 cornelha tal] cornelh’atal Lopes, Littera   24 diaboo] diabo Lopes, Littera

Paraphrase


(I) Xa que Don Gomez Çura querería antes recibir mal con boas aves que ben con outras, non lle dea Deus outra cousa agás estes corvos en que el confía, e, co corvo que el escollese, o deixase Deus ser desgrazado, porque despois tornaría ao ben.
(II) E como el sabe de agoiraría, se lle saíse un corvo carniceiro ou unha gralla ou unha aguia real tal cal Don Gomez ouvía, con tal ave lle deixase Deus perder a herdade e a vida e os bens, porque todo o recobraría despois.
(III) E, como coñece toda a ciencia do agoiro, cando sae da súa casa, se lle aparecese unha cornella que Don Gomez tivese por boa, con tal sinal vise el a casa arder e lle deixase Deus morrer sen confesión, porque tamén se reporía, (1) e, cun bo corvo, fose el caer no inferno e ficase en poder do demo, porque despois tamén se sobreporía.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (= RM 161:219) + 10c 10c 9’a

Encontros vocálicos: 10 a·gui·a; 24 di·a·bo͜o

Notes


Texte
  • 1

    A lección <cura> B, <çura> V foi lida por Lapa como o substantivo común cura, que non encaixa sintáctica nin semanticamente no contexto. Por súa parte, Lopes e Littera consideran que constitúe un apelido Cura que non conseguimos documentar. É por isto que acollemos a lección de V, a partir da existencia dun topónimo Sura que podería apoiar esta opción: 

    Nos Johan peres fillo de Pedro dominguez de sura e mia moller Dominga dominges facemos preyto e praço en C. mrs. coutado a uos Pedro franco mercador por uos e por uosa moller Sancha paez moradores na Rua do camiño. asy que deste sam Martiño, primeyro que uen ata onze anos. seiamos uosos fiees seruiçaes e uassallos sen outro señorio ena meadade dos uosos casares e herdades de sura. dos casares e herdades a meadade delles deuea teer Pedro dominges padre de min Johan peres, enos a outra meadade (doc. 1339; CGPA, ed. López Ferreiro).

    Con efecto, na Galiza existe o topónimo Sura, nome dun lugar da parroquia de Ameixenda no concello coruñés de Ames (comarca de Santiago de Compostela), que no período moderno foi grafado como Zura, tal como figura no catastro de Ensenada ou no dicionario xeográfico de Madoz (véxase López Boullón 2019: 97). Pola sua banda, Marcenaro & González (2024: 141, s.v. Gomez Cura, Don) apuntan a que das dúas formas transmitidas, Cura e Çura, esta última aparece en documentación da área navarra. De todos modos, manteñen esta figura como personaxe de identidade descoñecida.

  • 1-3

    As alusións aos agoiros a través das aves son abondosas na produción medieval. É ben coñecida a referencia do agoiro en relación co Cid (cfr. CGPA): 

    Et, seyndo de Biuar catou agoyro et ouuo hũa cornella destra (tradución galega da Crónica Geral Galega, ed. R. Lorenzo). 

    E, hyndo elles fallando hũũs cõ os outros, ataa que chegarõ a hũũ pinhal que chamavã Canycossa que hy avya a par do camynho, na entrada do monte, ouverõ agoyros que lhe faziam muy maaos synaaes. E o primeiro agoyro que ouverõ foy hũa cornelha deestra e, sobre ella, hũa seestra. E desy ouverõ hũa aguya caudal ferrivelha que siia ẽ cima de hũũ pinheyro (Crónica Geral de Espanha de 1344, ed. Cintra).

    Se fez ou soube cõiuraçoões algũas, se sabe encantar, como algũus que fazẽ apparecer o que nõ he uerdade. Mas fazẽ maleficios enganosos ẽnos olhos dos homẽes, cõ que os escarneçẽ. Assi como quando fazem da corda que pareça serpente, e nõ he uerdade, saluo que o semelha. Se sabe escantar, ou se se fez assi, ou a outro escantar, ou alguũ gaado. Se sabe alançar sortes, por casar ou por outras fazẽdas do mundo. Se catou por aguyro, ou por aue, ou por outro signal (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 177).

  • 6

    O adxectivo malandante ‘infeliz, desgrazado’ (tamén en 1320.21 e 1526.21) é coherente con malandança (867b.9), con manutención de -l- intervocálico, talvez por ser produto dunha formación derivada, co adverbio mal a funcionar como prefixo. Neste sentido, maa andança (só atestada na Demanda do Santo Graal e mais no Orto do Esposo, xunto con unha ocorrencia na Crónica Geral Galega) debe de ser unha reconfiguración a partir do adxectivo mao/maa. Cfr. nota a 867b.9.

  • 8

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 9

    O corvo carnaçal (‘corvo carniceiro’) aparece noutras dúas composicións de Joan Airas (1015.7, 1486.5). No Cancioneiro Geral de Garcia de Resende atéstase tamén un corvo carniçal:

    Soes ũu bruto animal,
    belfa quasi tartaruga,
    soes hũu corvo carniçal,
    soes ũu demo infernal,
    nom sei quem de vós nom fuja (Dias 1990: I, 234).

  • 10

    A cornelha (tamén no v. 17) é a gralla, unha ave similar ao corvo, e a aguia caudal é a aguia real. A aparición destas aves nas crónicas medievais prodúcese sempre en relación cos agoiros. Así, por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344 (cfr. CGPA, ed. Cintra): 

    E, hyndo elles fallando hũũs cõ os outros, ataa que chegarõ a hũũ pinhal que chamavã Canycossa que hy avya a par do camynho, na entrada do monte, ouverõ agoyros que lhe faziam muy maaos synaaes. E o primeiro agoyro que ouverõ foy hũa cornelha deestra e, sobre ella, hũa seestra. E desy ouverõ hũa aguya caudal ferrivelha que siia ẽ cima de hũũ pinheyro. (...) Entom forom adyante e virõ vĩĩr hũa aguya caudal pello aar, dando muy grandes gritos. E veeo pousar em hũũ pinheiro, per onde todos hyã, e seve assy hũa grande peça dando grãdes braados. E desy, aacima, tomousse pella garganta cõ amballas mããos e degollousse e leixousse cayr morta ẽ terra ao pee do pinheiro. (...) E sairõ de Vyvar e catou agoiro. E vyo hũa cornelha seestra, que mostrava que tornariã a sua terra com honrra (...) E veeremos os teus deuses, que som os corvos e as cornelhas em que tu crees, se te ajudarã. E, fiando tu ẽ elles, entendias de lidar cõnosco. 

  • 15

    Obsérvese a aparición do cultismo alegoria (en castelán, no século XV, véxase Corominas & Pascual 1980-1991: s.v.), que non é dicionarizado até o século XVIII, no dicionario de Bluteau (véxase CLP, s.v.).

  • 16

    A forma verbal sal é P3 do presente de indicativo de sair (< salit), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como dol, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (sae ~ sai) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 104.6, 1540.3.

  • 18

    O verbo consinar ‘rexistrar, constatar’ é unha voz erudita derivada do lat. consignāre sen rexistros na lingua medieval máis do que a aparición do participio en dous documentos do mosteiro de Santa Cruz de Coimbra (século XIV): 

    feyto per mão de mĩ dauãdito tabelliom e do meu signal consináádo; feyta per mão de Ffrãcisco Fernãdiz publico tabelliom de Coymbra & do seu signal consinaada nõ rrasa nõ entrelinhada nõ borrada nẽ en nẽhũa parte de ssi sospecta (CdP). 

    A voz consineiro, derivada de consinar, tamén se atesta nun documento de 1420: Afonso Domingues, consineiro do dito moosteiro (cfr. CGPA, ed. García Oro).

  • 23

    A lectura inferno, coa lacuna de B e a lección <ing̃ie> de V é unha conxectura. Neste caso, a partir de V todas as edicións optaron por inferno, co grupo [nf], que coexiste con iferno, en alternancia similar a cofonder ~ confonder. Véxase nota a 379.11 e 194.7.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé