I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 424 [= LPGP 306]); Littera (2016: I, 333-334); Bruno (2022: 102-103); Staffieri (2024: 156).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141-142); Carter (2007 [1941]: 128-129); Machado & Machado (1950: II, 173-174); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 356).
1 Pois ouiuo mal que eu soffro A : Poys ouuem o mal que eu sofro B 2 me] mi B 3 devinnar] de uinar A; coraçon] coracom B 5 pois] ois A; punno sempre en o] puuho sēpre no B 6 maldito] maidito B 8 devinna-lo] deumha lo B; én] om. B 9 nen ia per outren quateu uiuo for A : nē ia pᵉ. out’m ment’u uino for B; enqua[n]t’eu] enquateu A : ment’u B 10 cuid’, e] om. B; cuid’al] cuydar B
1 ouvi o mal que eu sofro] o vivo mal qu(e) eu soffro Michaëlis : houve-m’o mal que sofro Littera 5 sempre en] sempr(e) en Michaëlis : sempr’en Littera 6 devinnar] devinar Staffieri 7 pode] pode[m] Littera 9 per outr’enqua[n]t’eu vivo for] per outren, mentr’eu vivo for Bruno 11 sempre en] sempr(e) en Michaëlis : sempr’en Littera 12 devinnar] devinar Staffieri
(I) Desde que padecín o mal que sufro, esforceime en ocultalo, así Deus me perdoe, e queren adiviñar os meus sentimentos, e non poden; mais o mal que eu teño, xa que me esforzo sempre en ocultalo, maldito sexa quen mo adiviñe!
(II) E non poden saber por min o meu mal se non o adiviñaren, nin teño medo diso nin xa por ningún outro (o poden adiviñar) mentres eu viva –iso penso eu–, e digo que penso noutra cousa: xa que me esforzo sempre en ocultalo, maldito sexa quen mo adiviñe!
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:59)
Encontros vocálicos: 1 ouvi‿o; 5 sempre‿en; 6 mi-‿o; 11 sempre‿e; 12 mi-‿o
Este verso levanta un problema de edición por canto as leccións dos manuscritos permiten varias lecturas con diverso grao de plausibilidade (tendo en conta a confusión <ui>/<iu>, <iu>/<ui> etc. cando a vogal non está determinada por un punto diacrítico), tal como se reflicten nas diversas edicións: o vivo mal (Michaëlis), ouvi o mal (a partir de A); ouven o mal ou, mesmo, ouve-m’o mal (en Littera, a partir de B, con hipermetría versal). Dado que as formas do tipo ouvi, P1 do presente de indicativo de aver, están presentes en A, aínda que minoritarias en relación a ouve (véxase, por exemplo, 184.4, 313.9, 347.3, 417.13), e xa que existe a posibilidade de sinalefa ouvi‿o, similar a outras como dixi‿o (278.5) ou pudi‿o (526.18), que evitaría a expunción de que (pola dificultade da sinalefa *que‿eu), parece preferíbel a lección que estabelecemos: ‘Porque experimentei o mal que sufro… tentei ocultalo...’1 . Así pois, esta solución editorial cumpre con todos os principios ecdóticos: fidelidade á lección dos manuscritos (nótese a refacción de B), métrica perfecta e coherencia sintáctico-conceptual.
A presenza das formas correctas nos vv. 6 (<deuĩnar>) e 8 (<deuĩna>) suxiren que non estamos perante un castelanismo, senón perante un erro de copia <i> por <ĩ> ou unha omisión de <n>. Véxase nota a 90.14.
É desnecesaria a forma plural de pode (poden, Littera), pois pode refírse perfectamente a quen mi-o devinnar (v. 6).
Nótese a variante redaccional outr'enquanto (A) vs. outren mentre (B), cunha diverxencia adverbial que non volvemos achar nos cancioneiros.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: