687 [= Tav 75,16]
Pero vos ides, amigo

Pero vos ides, amigo,
sen o meu grad’alhur viver,
non vos ides, ond’ei prazer,
por non falardes comigo,
ca d’aqui o poss’eu guisar,
mais por mi fazerdes pesar.
E pero vos ides d’aquen,
non vos ides, do que mi praz,
por non fazer eu quanto faz
molher por om’a que quer ben,
ca d’aqui o poss’eu guisar,
[mais por mi fazerdes pesar].
Ir-vos podedes, mais ben sei
ca non diredes con razon
que non faç’eu de coraçon
por vós quanto de fazer ei,
ca d’aqui o poss’eu guisar,
[mais por mi fazerdes pesar].
E pero vos ir queredes,
non diredes, per bõa fe,
con dereito que per min é,
ca faç’eu quanto dizedes,
ca [d’aqui o poss’eu guisar,
mais por mi fazerdes pesar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


B 672, V 274

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 97-98 [= LPGP 494-495]); Cohen (2003: 158); Littera (2016: I, 572-573).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 105); Braga (1878: 53); Machado & Machado (1952: III, 346).

Varianti manoscritte


15 faç’eu] fazeu V   21 dereito] deito V   22 faç’eu] fazeu V

Parafrasi


(I) Aínda que vos ides, amigo, contra a miña vontade vivir a outro lugar, non vos ides –e estou leda por iso– por non (poderdes) falar comigo, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(II) E aínda que vos ides de aquí, non vos ides –e estou leda por iso–, por eu non facer canto unha muller fai polo home que ama, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(III) Podédesvos ir, mais ben sei que non diredes con razón que non fago eu de corazón por vós canto teño que facer, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

(IV) E aínda que vos queredes ir, non diredes, abofé, con razón que é por causa miña, porque eu fago canto dicides, pois eu desde aquí o podo resolver, senón por me causar pesar.

Metrica


Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (I, IV [= Tav 160:423]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (II-III [= Tav 160:355]). 

Note


Testo
  • 3

    Repárese en que onde é pronome relativo, non adverbio, como demostra o paralelo v. 8: non vos ides, ond’ei prazer - non vos ides, do que mi praz.

  • 7

    Fronte á posibilidade de atribuír independencia sintáctica a e e pero (tamén no v. 17), optamos por considerar a existencia da locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo do corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

Cerca
    Nessun risultato trovato