1410 [= RM 60,12]
Pero Fernandiz, ome de barnage

Estas cantigas son d’escarnh’e de mal dizer e feze-as Gonçal’Eanes do Vinhal

Pero Fernandiz, ome de barnage,
que non quer de noite guardar o muu,
se aca del travaren por peage,
como non trage dinheiro nen uu,
non lhi vaan [e]na capa travar
nen o assanhen, ca, se s’assanhar,
pagar-lhis-á el peage de cuu.
Des[s]es mi an i d’andar en mia companha,
ca nunca ome tan sanhudo vi:
eu oi ja que un ome d’Espanha
sobre peagen mataron aqui,
e, com’é ome de gran coraçon,
se lhi peagen pedir o Gaston,
peage de cuu pagará i,
ca el ven quebrando con grand’ardura
con este mandado que oiu ja,
e ferve-lh’o sangui e fara loucura,
que nulha ren i non esguardará:
se lhi peagen foren demandar
os porteiros do Gaston de Bear,
bevan peagen que lhis el dara.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


V 1000 (f. 160r, col. b, 160v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 262); Lopes (2002: 171); Víñez Sánchez (2004: 193 [= LPGP 366]); Littera (2016: I, 416); Arias Freixedo (2017: 175).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 343-344); Braga (1878: 188-189); Machado & Machado (1960: VII, 92); Callón (2017: II, 105).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 367); Marcenaro (2006: 176-178).

Variants manuscrites


Rúbrica: Gonçal’Eanes] tonçaleanes V

Texto:
2 non] me non V   8 Des[s]es mi an i] Desas mhami V   11 mataron] macarō V   13 pedir o Gaston] pedu o gaston (con til riscado no <a>) V   21 peagen] a peagē V

Variants editorials


Rúbrica: om. Lapa, Lopes, Littera

Texto:
2 non quer] me non quer Lapa, Víñez Sánchez, Lopes, Littera; muu] mu Lopes, Littera   4 nen uu] neũ Lopes : nẽum Littera   5 [e]na] na Lapa, Lopes, Víñez Sánchez   7 cuu] cu Lopes, Littera   17 sangui e] sangu’e Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   21 peagen] a peagen Lapa, Lopes, Víñez Sánchez, Littera, Arias Freixedo

Paràfrasi


Estas cantigas son de escarnio e de mal dizer e fíxoas Gonçal’Eanes do Vinhal.

(I) Pero Fernandiz, home de nobre estirpe, que non quere gardar o mulo de noite, se acá discutiren con el pola peaxe a pagar, e como non trae diñeiro ningún, non lle vaian agarrar a capa nin o fagan enfadarse, porque, se el se enfurece, halles pagar peaxe de cu.
(II) Deses quería eu na miña compaña, pois nunca vin un home tan sañudo coma el: eu ouvín xa que mataron aquí un home de España por causa dunha peaxe, e como el é home de gran coraxe, se o Gaston lle pedir peaxe, alí mesmo pagará peaxe de cu, (III) porque el vén a piques de rebentar con gran ardor por causa desta orde que ouviu, e férvelle o sangue e fará unha loucura, e non terá piedade con nada: se os porteiros do Gaston de Bearn lle foren demandar peaxe, beban a peaxe que el lles dará.

Mètrica


Esquema métrico: 10’a 10’b 10’a 10’b 10c 10c 10’b (I [= RM 101:32]) + 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10b (II-III [= RM 101:28])

Encontros vocálicos: 8 mian; 17 sanguie

Notes


Rúbrica
  • A rúbrica colocada no inicio desta composición atinxe tamén ás cantigas UC 1411-1417.

Text
  • 1

    Pero Fernandiz é un personaxe descoñecido, por máis que se formulasen hipóteses (véxase no Projeto Littera, s.v. Pero Fernandes); tamén Marcenaro & González (2024, s.v. Pero Fernandiz).
    Un ome de barnage é un ‘home nobre’, coa utilización do galicismo barnage (tamén en 1679.10), que non achamos en ningún outro texto medieval ou moderno. Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. barnage).

  • 2

    A presenza de me provoca hipermetría no verso, circunstancia que obriga á súa expunción, como acontece noutras pasaxes en que o pronome aparece de forma espuria. Neste sentido, véxase, por exemplo, 191.10, onde a lección do manuscrito A mostra como se debe eliminar a forma <mj> presente en B.
    No ámbito das cantigas escarniñas (véxase a rúbrica), a voz muu debe ser considerada co significado de ‘amante homosexual (pasivo)’ (tamén en 427.1 e 8, 1321.9; véxase tamén a mua ~mũa das cantigas 1518 e 1554-1556). O seu uso co significado recto é rexistrado na Idade Media, co hiato procedente da evolución do lat. mulum, sendo frecuente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e en concorrencia coa forma feminina mua (ou xa mula). Así, en contraste coa poesía satírica, na produción prosística medieval o uso destes termos é sempre denotativo, aludindo aos animais: 

    §Bestas. DO cauallo. Roçim. Ou eguoa. E. de muu ou mulla. huum Real e çinquo ceptijs. E do Asno ou Asna huum Real (Santana 1999: 71); 

    item mando a os frades do dito moesteiro tres pytanças de çen morauedis cada huna et mandolle as azemelas que ouuer a aquel tenpo que me fynar; et a Martin Peres, abbade do dito moesteiro mũũa ou mũũ se o ouuer (doc. 1358; CGPA, ed. Lucas Álvarez).

  • 3

    É esta composición de Gonçal’Eanes do Vinhal a única que utiliza o galicismo peage (vv. 3, 7, 14) ~ peagen (vv. 11, 13, 19, 21) ‘imposto de paso’, do fr. peage (do LV pedatĭcum ‘dereito a pór o pé, dereito de paso’). A concorrencia dos dous resultados na mesma cantiga ilustra o proceso de adquisición da nasalidade final de -age (> -agen) que finalmente se consolidou en portugués moderno, en face do galego, que mantén as formas sen consoante final. Este proceso tamén se reflicte na concorrencia das dúas variantes do sufixo en linnagen ~ linhagen (véxase nota a 123.2).
    Por outra banda, peage(n) xa presenta indicios que marcan o seu xénero feminino (véxase nota ao v. 21), aínda que na Idade Media abalaba entre masculino e feminino.

  • 4

    Nótese como a rima con muu (v. 2) neste caso parece impor a presenza da variante desnasalada de nen ũu (nen uu) no verso, sen rastros de nasalidade nos manuscritos.

  • 5

    A minoritaria forma eno/a aparece con certa frecuencia no corpus, a convivir coa forma máis evoluída no/a (para alén da graficamente arcaizante enno/a). Esta concorrencia de forma permite a escolla de [e]na para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 7

    O sintagma peagen de cuu, que nunha primeira lectura podería interpretarse como un pagamento ominoso con excrementos, parece ter unha segunda lectura en clave sexual. Porén, non se acaba de ver claro se por non levar diñeiro (v. 4) pagará a peaxe co seu cu, ou, máis probabelmente, se ameaza con agredir sexualmente aos porteiros que queiran cobrar a nova peaxe.

  • 13

    Gaston de Bear (véxase v. 20) alude a Gaston VII, vizconde de Bearn desde 1229 , un poderoso señor francés que se tornou vasalo de Afonso X en 1252 no marco das reclamacións do monarca castelán sobre a Gascuña, e que despois apoiou o partido dos infantes de La Cerda durante o conflito sucesorio con D. Sancho IV (véxase UC 874). Lémbrese tamén que Gastón de Bearn foi o pai de Guillerma de Moncada, con quen Sancho IV celebrou en 1270 os seus esponsais e cuxo matrimonio foi considerado lexitimo polo Papado, dificultando o contraído con María de Molina. Véxase Hernández (2021: I, 204-205, 382), Marcenaro &  González 2024 (s.v. Gaston, Don).

  • 15

    A voz ardura (derivada de arder), certamente incomún na lingua da Idade Media, presenta nesta pasaxe o valor metafórico de ‘ardor, cólera’, que contrasta co valor recto que achegan as outras dúas atestacións desta voz na produción medieval: 

    Et a bestia quando chega alí con grande ardura, quando vee aquela soonbra, non ha enno mundo morte nen peligro que recee nen verá cousa de que se tema (Historia Troiana; Pichel 2014: 1665); 

    Teu irmão jaz em na pena e na ardura do purgatório, e jará ainda i três anos, ante que cime sua pendença (Demanda do Santo Graal; CGPA, ed. I. Freire Nunes).

  • 17

    O aparecemento de -i final en nomes e adverbios é un fenómeno esporádico, que na lingua trobadoresca só se rexistra con certa frecuencia nos adverbios longi (véxase nota a 33.6) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só aparece sangui, que non ten máis ocorrencias nas cantigas do que esta aparición, aínda que é unha forma frecuente na produción medieval, chegando ao 20% das documentacións de sangue (véxase CGPA, s.v. sangue ~ sãgue, sangui ~ sanguy ~ sanguj).

  • 18

    Esguardar (‘considerar, atender a’ no contexto) é formación lexical tardía derivada de guardar (*ex-guardare ou es- + guardar), moi frecuente na lingua medieval.

  • 21

    A sistemática ausencia do artigo (feminino) con peage ~ peagen (vv. 3, 7, 11, 13, 14, 19) suxire o seu carácter espurio neste verso, xa que a súa presenza provocaría a existencia de hipermetría.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat