I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 39-40 [= LPGP 210]); Nunes (1972 [1932]: 134-135); Littera (2016: I, 188).
II. Outras edicións: Moura (1847: 59-60); Monaci (1875: 51); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 95-96); Júdice (1997: 115); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 40); Nemésio (1961 [1949]: 202-203).
1 quisesse] quyssesse B 4 ouvesse] ouesse B 16 diria] dina V 18 fezesse] feresse B 20 non] Nou B
1 quisesse] quizesse Lang 7 mi-o] m’o Lang 8 que] quem Littera
(I) Aínda que eu quixese expresarme, creo que non sabería dicir, nin tampouco podería por moito poder que tivese, a coita que sofre o coitado que está namorado, nin sei quen mo crese, (II) agás aquel a quen amor sempre dese coita como a que me dá a min noite e día: coido que este coidase que falo eu con moita razón, pois ningún outro naceu que puidese crer isto.
(III) E, por iso, quen ben coñecese esta coita ben diría, e nin sequera tería a mínima dúbida, que Deus nunca fixo unha coita nin outro mal lacerante igual, nin ninguén pode pensar que o puidese facer.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (= RM 161:292)
Encontros vocálicos: 7 mi-‿o
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
Talvez a lección <ouesse> de B deba de ser interpretada como unha variante real de ouvesse. Véxase nota a 10.18.
Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito, aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevestes, crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.