[last revised: 30/01/2024]Print

341 [= Tav 7,11]
Per boa fe, non saben nulha ren

Per boa fe, non saben nulha ren
das mias coitas os que me van poer
culpa de m’eu mui cativo fazer
en meus cantares, tanto sei eu ben,
nen saben qual coita mi faz sofrer
esta senhor que me ten en poder.
 
 
 
 
5
 

Manuscripts


B 379

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 860 [= LPGP 97]); Marcenaro (2013: 80); Littera (2016: I, 57).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 165-166); Rios Milhám (2018b: III, 341).

Manuscript variants


4 en] E en B

Editorial variants


1 boa] bõa Michaëlis   2 poer] põer Michaëlis

Paraphrase


(I) Non saben nada das miñas coitas, abofé, os que me culpan de finxirme moi desventurado nos meus cantares –isto seino ben–, nin saben que coita me fai sufrir esta señora que me ten no seu poder.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10b 10b (= Tav 151:2)

Notes


Text
  • *

    Este texto forma parte do conxunto de composicións fragmentarias ou cantigas monoestróficas de Afonso Meendez de Beesteiros (véxase nota á cantiga 340).

  • 4

    De novo se debe expunxir a copulativa excedente no verso, tal como acontece tamén na cantiga 340. Neste sentido, debe constatarse que existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). 

Search
    No results