668 [= Tav 74,4]
Par Deus, amigo, muit’á gran sazon

Par Deus, amigo, muit’á gran sazon
que vos non vi, e vedes por que non:
porque vos non quis mia madre veer.
Defendeu-mi que per nen ũa ren
nunca vos visse, nen vos vi por én,
porque vos non quis [mia madre veer].
Vira-vos eu, non fezera end’al,
poi-lo roguei, mais estar-m’-ia mal,
porque vos non quis [mia madre veer].
Rog[u]ei-lh’eu que vos viss’, e non quis Deus
que vos vissen aquestes olhos meus,
porque vos non quis [mia madre veer].
Non mi devedes vós culp’a põer,
amigo, ca vos non ousei veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 653, V 254

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 81); Tavani (1988a: 251 [= LPGP 484]); Cohen (2003: 138); Littera (2016: I, 568).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 319).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 85).

Variantes manuscritas


4 nen ũa] nē hua B   7 -vos] uus V   10 Roguei] Rog(u)ey B : Rogey V   11 vos] me BV   13 põer] poner B

Variantes editoriais


4 per] por Nunes; nen ũa] nenhũa Tavani : nẽũa Littera   8 lo] l[h]o Nunes   10 viss’, e] visse Tavani   13 culp’a] culpa Nunes, Tavani, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Por Deus, amigo, hai moito tempo que non vos vin, e vede por que non: porque non vos quixo ver miña nai.

(II) Prohibiume que nunca, por cousa ningunha, vos vise, por iso non vos vin, porque non vos quixo ver miña nai.

(III) Víravos eu, non fixera outra cousa, pois llo roguei (a miña nai), mais sería causa do meu mal, porque non vos quixo ver miña nai.

(IV) Rogueille eu que vos vise, e non quixo Deus que vos visen estes ollos meus, porque non vos quixo ver miña nai.

(1) Non me debedes botar a culpa, amigo, porque non ousei vervos.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 10B + 10b 10b (= Tav 26:66)

Notas


Texto
  • 7

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza tamén ao pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 10

    A segmentación da copulativa en viss’e debe ser realizada para mellor articular sintacticamente a estrofa, en liña coas copulativas das estrofas I (e, v. 2) e II (nen, v. 5) ou da adversativa da estrofa III (mais, v. 8).

  • 11

    Nótese o significativo lapso de interpretación dos copistas, probabelmente xa presente no antígrafo, ao copiaren me en vez de vos.

  • 13

    Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposición de (rara) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. É por isto que na frecuente construción dever culp'a põer se debe segmentar a preposición a, por máis que neste caso ningún dos editores a realizase. Outros contextos semellantes poden verse en 70.23 ou 526.14, onde diversos editores tampouco deglutinaron o enlace preposicional.
    A presenza de -n- na forma manuscrita <poner> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Procurar
    Não foram encontrados resultados